Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 11.988

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2001, do tribunal número 1 (prazas de persoal técnico), designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convocado pola Resolución do 25 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 127, do 2 de xullo) pola que se aproban e fan públicas as relacións definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas (técnicos).

En sesión ordinaria celebrada o día 23 de agosto de 2001, o tribunal nº 1 (prazas de persoal técnico) designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), convocado pola Resolución do 25 de xuño de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 127, do 2 de xullo), resolveu, de conformidade co disposto no punto 6 da convocatoria, o seguinte:

Aproba-las listas definitivas de admitidos e excluídos ás probas selectivas para o ingreso nas categorías de técnicos, prazas tipo A, D e E.

As referidas listas estará expostas no taboleiro de anuncios das oficinas centrais do Igape e nas oficinas territoriais do dito ente.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 en horarios de 9 a 19 horas de luns a venres e de 9 a 14 horas os sábados.

Así mesmo, publícase a lista definitiva de excluídos, que figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicita-la devolución dos dereitos de exame aboados, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, categoría/s ás que se presentou e o número de conta, entidade bancaria e a localidade desta.

Convócanse ós aspirantes, admitidos definitivamente á realización do primeiro exercicio das probas selectivas (cuestionario tipo test), que terá lugar o día 26 de setembro de 2001 no Pazo de Exposicións e Congresos sito en San Lázaro, Santiago de Compostela, segundo a continuación se indica:

Técnicos medios xerais (A): ás 11 horas.

Diplomados en empresariais (D) e enxeñeiros técnicos industriais (E): ás 16 horas.

Tódolos aspirantes convocados deberán asistir á celebración do primeiro exercicio provistos de lapis do número 2, goma de borrar e DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal.

Contra a presente resolución poderán interpoñer recurso de alzada ante a Dirección Xeral do Igape no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2001.

José Álvarez Cobelas

Presidente do tribunal número 1