Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 07 de setembro de 2001 Páx. 11.976

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 27 de agosto de 2001 pola que se prorrogan e se modifica a contía das bolsas para realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña convocadas por Orde do 7 de agosto de 1998 (Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto).

A orde da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura do 7 de agosto de 1998 aprobaba as bases

que rexerán a convocatoria de bolsas para a realización de teses de doutoramento en temas de investigación mariña.

Nas bases primeira e novena do anexo desta orde establecíase que as bolsas poderían ser prorrogadas por períodos dun ano ata un máximo de catro.

En base a iso,

DISPONSE:

Artigo 1º

Prorróganse por un novo período dun ano as bolsas concedidas por orde da Consellería de Pesca, Maris

queo e Acuicultura do 17 de novembro de 1998 (DOG do 30 de novembro), sendo o inicio do período da prórroga no mes de decembro de 2001.

Artigo 2º

A contía das bolsas será de 1.680.000 pesetas, aboables en doce mensualidades de 140.000 pesetas cada unha, nas que se aplicará a correspondente retención fiscal.

Artigo 3º

Para estas bolsas destinarase ata un máximo de seis millóns setecentas vinte mil pesetas (6.720.000 pesetas) con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.432.A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma dos anos 2001 e 2002 (490.000 pesetas no ano 2001 e 6.230.000 pesetas no ano 2002).

Disposicións derradeiras

Primeira.-A estas bolsas seranlle de aplicación as restantes normas relacionadas na Orde do 7 de agosto de 1998.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2001.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246

do 22 de decembro)

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura