Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 24 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a iniciación dos expedientes sancionadores en materia de réxime de v.p.o. E.S. OU-08/2001 e cinco máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que con esta data resolvín publica-la iniciación dos expedientes sancionadores por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da sección de inspeccións e sancion da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa dos seus intereses e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 24 de xullo de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo

ANEXO

-Expediente E.S. OU-08/01.

Responsable: Alejandro Calvo Gómez.

Enderezo: Grupo Valdegodos, nº 60, bl B, 2º C, Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 500.000 pesetas.

E.S. OU-09/01.

Responsable: Antonio F. Fernández Muro.

Enderezo: Grupo Valdegodos, nº 66, bl C, 1º A, Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 500.000 pesetas.

E.S. OU-10/01.

Responsable: Lucas Sánchez Ron.

Enderezo: Grupo Valdegodos, nº 66, bl C, 2º B, Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 500.000 pesetas.

E.S. OU-11/01.

Responsable: Lucio González González.

Enderezo: Grupo Valdegodos, nº 70, bl D, baixo, Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 500.000 pesetas.

E.S. OU-13/01.

Responsable: Margarita Santos Macía.

Enderezo: Grupo Valdegodos, nº 70, bl D, 2º A, Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 500.000 pesetas.

E.S. OU-15/01.

Responsable: Antonio Rodríguez Rodríguez.

Enderezo: Grupo Valdegodos, nº 58, bl A, 1º B, Vilamartín de Valdeorras.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (artigo 5.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 500.000 pesetas.