Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.739

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2001, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se fai pública a adxudicación definitiva do expediente SR-UR-PA-CP 2/2001.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atri

bucións que lle foron delegadas de acordo ó establecido no artigo 7 da Orde do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de atribucións ós directores de Centros de Gasto, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e en cumprimento do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, acordou darlle publicidade á adxudicación do seguinte concurso público:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde. Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), praza de España 19-20, 5ª planta, 15403 Ferrol.

2. Obxecto da contratación.

a) Tipo de contrato: servicios.

b) Descrición do obxecto: servicio de vixilancia nos centros de saúde e puntos de atención continuada Fontenla Maristany, Caranza, Cedeira, Narón, Pontedeume e San Sadurniño.

c) Lotes: único.

d) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 83, do 30 de abril de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 49.890.000 pesetas.

5. Adxudicación.

a) Data: 28 de xuño de 2001.

b) Contratista: Gesegur General de Seguridad, S.A.

Total adxudicado: 46.992.267 pesetas (282.429,21 euros).

Ferrol, 5 de xullo de 2001.

Luis Verde Remeseiro

Director xerente de Atención Primaria

da Coruña-Ferrol