Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.740

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de subministracións, polo procedemento aberto, para o equipamento médico para a Unidade de Lesionados Medulares e o Servicio de Pneumoloxía-2ª fase do Plan Necesidades de 2001 (C. 219/2001).

O director-xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das

competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artígo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se citan:

Nº referencia expediente: C.219/01.

Obxecto: equipamento médico para a Unidade de Lesionados Medulares e o Servicio de Pneumoloxía-2ª fase Plan Necesidades de 2001.

Orzamento: 14.700.000 ptas. (88.348,78 euros).

Garantía provisional: o 2% do orzamento de licitación de cada lote.

Lote nº 1: equipamento Unidade de Lesionados Medulares:

-Central de monitorización.

-Monitor de 22 pulgadas con control remoto.

-Monitores compactos.

-Desfibrilador con monitor, rexistro, gráfico e batería.

Lote nº 2: equipamento Servicio de Pneumoloxía.

-Analizador de NO en aire exhalado.

I. Forma de adxudicación: concurso, polo procedemento aberto, de subministracións.

II. Prazo de execución: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

III. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

IV. Solvencia económica, financieira e técnica: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados no Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario (planta terceira do edificio do Hotel de Pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84. 15006 A Coruña, en días laborais desde as 9 as 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do sergas: http://www.sergas.es.

VII. Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste Complexo Hospitalario Juan Canalejo (planta baixa do Hospital Juan Canalejo), antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou mandadas por correo, dentro do prazo sinalado.

VIII. Apertura das proposicións: terá lugar na sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario (planta baixa do Hotel de Pacientes), a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

IX. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

X. Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.

A Coruña, 22 de agosto de 2001.

Teresa Araguas Álvarez

Directora médica en funcións de director-xerente

do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo

Oza da Coruña