Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.738

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica o requirimento de pagamento ó debedor que se relaciona, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), e de conformidade co establecido nos artigos 1124, 1501 e 1091 do Código Civil, notifícaselle ó interesado cos datos e domicilio que a continuación se relacionan, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes e que ascenden á cantidade que se sinala. Fáiselle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados, e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Tendo en conta as obrigas derivadas do contrato subscrito por vostede coa Xunta de Galicia e de acordo co establecido no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e no artigo 142 do regulamento de VPO, aprobado por Decreto 2114/1968, do 24 de xullo (BOE do 7 de setembro), concédeselle un prazo de dez días hábiles para que se poña ó día das súas obrigas, ou compareza na delegación provincial en trámite de audiencia, para os efectos de presenta-los documentos e xustificacións que estime convenientes ó seu dereito.

Advírteselle que en caso contrario se procederá a insta-la resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento co conseguinte lanzamento da vivenda, co obxecto de adxudicarlla posteriormente a un novo beneficiario.

Ourense, 24 de xullo de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Francisco Javier Márquez Cortizo.

Expediente: OR-93/501.

Conta nº 59.

Enderezo: avda. de Vigo, 1B, bl. II, 8º C, Ourense.

Importe da débeda: 265.639 pesetas.