Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 2 de agosto de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación do acordo polo que se ordena a incoación do expediente sancionador e de restitución e reposición da legalidade 59.28/00, por presunta infracción da lexislación de costas, se nomean instructor e secretario deste, e se adoptan medidas provisionais; e do prego de cargos formulado polo instructor.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo I, o acordo do delegado desta consellería en Pontevedra, polo que se ordena a incoación do expediente sancionador polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción da Lei 22/1988, de costas (no sucesivo L.C.), e do seu regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989, e modificado polos reais decretos 1112/1992 e 1771/1994 (en adiante R.C.); nomeándose o persoal do servicio de conservación do litoral desta dele

gación provincial, como instructor a Alfonso Fernández Fernández e secretario a Francisco Javier Fernández Rosendo, (Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica de Consellería de Medio Ambiente, modificado polo Decreto 122/1999, do 23 de abril), e se adoptan as medidas provisionais especificadas.

Os nomeamentos do instructor e do secretario poderán ser impugnados polas causas establecidas nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

De conformidade co establecido no artigo 42.4º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, cómpre informalo que o prazo máximo establecido para a tramitación e resolución do presente expediente é de 6 meses. Transcorrido o referido prazo sen recaer resolución no expediente, producirase a caducidade sen que esta implique por si soa a prescrición das accións do particular ou da Administración, pero os procedementos caducados non interromperán o prazo de prescrición (artigos. 44.2º e 92.3º da lei citada anteriormente).

Así mesmo, cómpre indicarlle que este prazo de seis meses quedará suspendido:

-Cando deba requirírselle o interesado emenda de deficencias, achega de documentos e outros elementos de xuizo necesarios, polo tempo que medie entre as notificacións e o seu efectivo cumprimento polo interesado ou, no seu defecto, polo transcurso do prazo concedido.

-Cando deban solicitarse informes, desde a súa petición, que deberá notificárselle ó interesado, ata a súa recepción, non excedendo en ningún caso de tres meses.

-Cando deban realizarse probas técnicas ou análises contradictorias, polo tempo necesario para a incorporación dos resultados ó expediente.

En virtude do anterior acordo, o instructor do expediente formulou prego de cargos, do que se relacionan no anexo II, os preceptos infrinxidos, sancionadores e a posible contía da sanción polos feitos imputados, dispoñendo o expedientado dun prazo de dez (10) días, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para formular alegacións e propoñer, se é o caso, a práctica daquelas probas que considere pertinentes para a determinación dos feitos, tal como dispón o artigo 194.8º do R.C.

Pontevedra, 2 de agosto de 2001.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO I

Expediente número: 59.28/00

Denunciado: Jose Ignacio Menéndez Solla.

Condición: promotor.

último enderezo coñecido: r/ Cerqueiro, nª 7-4ª E-Samil, Vigo.

Data do acordo: 3-5-2001.

Feitos: reconstrucción de vivenda.

Lugar: praia de Vilariño.

Concello: Cangas.

Medidas de carácter provisional: ordena-la inmediata paralización das obras ou actividades obxecto do presente expediente, advirtíndolle que, noutro caso, se procederá ó seu precinto ou á retirada dos materiais preparados para seren utilizados na obra e a maquinaria afecta a esta, de conformidade cos artigos 103 e 104 da L.C. e 194 e 195 do R.C.

Contra esta orde de paralización poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contados a partir da publicación do presente anuncio no DOG.

Circunstancias modificativas: se o presunto infractor corrixe no prazo de quince (15) días a situación creada polos feitos que son obxecto deste expediente, poderá reducirse ata a metade a contía da multa que puidese impoñerse, segundo os artigos 97.3º da L.C. e 187.1º do R.C.

ANEXO II

Preceptos infrinxidos: artigos 25 e 26.1º da L.C. e artigos 46.1º e 48.1º do R.C.

Preceptos sancionadores: artigo 90 c) da L.C. e artigo 174 c) do R.C.

Cualificación e contía da posible sanción: artigos 91.2º e) e 97.1º da L.C. e artigos 175.2º e) e 183 b) en relación co artigo 184 do R.C., podendo recaer unha multa do 25% do valor das obras executadas.