Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 27 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da proposta de resolución de expediente de restitución e reposición da legalidade formulada polo instructor do expediente 5.8/91, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de interesado, a proposta de resolución que formula o instructor, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de

xullo, de costas, (no sucesivo L.C.) e do seu regulamento (en adiante R.C.);

O que se lle comunica ó interesado de conformidade cos artigos 19.1º do Real decreto 1398/1993 e 194.10 do Regulamento de costas, para que no prazo de quince (15) días, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poida obte-las copias dos documentos que constan no expediente que estime oportunos e formula-las alegacións e presenta-los documentos que crea pertinentes, perante o instructor do procedemento.

Pontevedra, 27 de xullo de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 5.8/91.

Denunciada: M. Cruz Nogueira Soto.

Condición: promotora.

Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, Edif. Playamar, nº 28-5ª F, Vilagarcía de Arousa.

Data da proposta: 9-7-2001.

Feitos: construcción dun galpón de bloques e dunha plataforma de formigón.

Lugar: Punta Arruda.

Concello: A Illa de Arousa.

Proposta: ordear a M. Cruz Nogueira Soto, volve-los terreos nos que se executaron as obras obxecto deste expediente ó seu primitivo estado, debendo realizalo no prazo dun mes, dende que sexa definitiva en vía administrativa a resolución que sobre do particular recaia. Transcorrido o prazo sen que se cumprise o ordeado, procederase á execución subsidiaria pola Administración a costa da obrigada.