Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Luns, 03 de setembro de 2001 Páx. 11.737

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura, selaxe e acondicionamento do vertedoiro de residuos sólidos urbanos do concello de Vedra (A Coruña).

En cumprimento do disposto no artigo 5, punto 2º, do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro), o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude:

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de impacto ambiental do proxecto de clausura, selaxe e acondicionamento do vertedoiro de residuos sólidos urbanos do concello de Vedra (A Coruña).

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados, exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da provincia de A Coruña.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade

e Avaliación Ambiental