Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Xoves, 30 de agosto de 2001 Páx. 11.597

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo provincial da hostalería.

Visto o texto do convenio colectivo provincial da hostalería (código de convenio nº 3200215), con entrada nesta delegación provincial o día 29 de maio de 2001, subscrito con data do 4 de maio de 2001, dunha parte pola Federación Provincial de Empresarios da Hostalería de Ourense, en representación da parte empresarial, e doutra polas centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras, en representación dos traballadores do sector. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 22 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 12 de xuño de 2001.

José Lage lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo provincial de hostalería

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio colectivo regula as relacións laborais de tódolos traballadores que desenvolven as súas funcións dentro de Ourense e a súa provincia, estean ou poidan estar incursos no acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostalería asinado o 12 de xuño de 1996, código de convenio nº 9910365.

Artigo 2º.-Vixencia e duración.

A duración deste convenio será de 2 anos, con efectos de vixencia desde o día 1 de xaneiro de 2001 ó 31 de decembro de 2002. Os efectos económicos serán a partir do día 1 de xaneiro de 2001. Todo isto con independencia do seu rexistro pola autoridade laboral e publicación no BOP, salvo as excepcións indicadas no propio texto.

O convenio prorrogarase por períodos anuais ó non se denunciar por calquera das partes con antelación mínima de tres meses respecto á data da súa terminación, entendéndose pola denuncia válida a efectuada por escrito certificado dirixido á outra parte, conforme o previsto no Estatuto dos traballadores. A súa negociación efectuarase ó mes seguinte do seu vencemento.

Artigo 3º.-Garantía ad personam.

Por seren condicións mínimas as establecidas neste convenio, haberan de respectarse as que veñan gozando os traballadores ou as que puidesen ser incrementadas por disposición legal, regulamentaria ou costume. Cando resulten máis beneficiosas para o traballador, respectaranse as condicións persoais que con carácter global excedan deste convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Capítulo II

Xornadas, horarios, horas extras, descansos diarios, semanais e vacacións

Artigo 4º.-Xornada.

A xornada máxima de traballo para o persoal para este convenio para 2001 será de 40 horas semanais. Na xornada continuada computarase a media hora de comida como xornada efectivamente traballada.

Artigo 5º.-Horarios.

A elaboración e fixación de horarios de traballo será de común acordo entre a empresa e os traballadores, a través dos seus delegados de persoal ou comités de empresa, os cales gozarán os 15 días laborais antes da súa aceptación para consultas de traballadores e demais organismos que consideren oportunos:

a) Os devanditos cadros horarios deberán estar expostos en lugar visible, debendo estes sinala-la hora de entrada e saída, descanso diario e semanal e horarios das quendas.

b) Os cadros horarios deberán estar permanentemente expostos en sitios visibles nos centros de traballo.

c) Tales cadros horarios teñen que estar de conformidade co establecido no artigo 4º deste convenio, en canto á xornada máxima.

d) Os empresarios virán obrigados a fixarlles un horario especial ós traballadores que realicen cursos de formación profesional de hostalería, para os efectos de que sexa posible asistir ós citados cursos.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da xornada ordinaria de traballo aboarase cun incremento do 100% sobre o salario que corresponda a cada hora de traballo individual, de acordo coa táboa de salarios anexa a este convenio.

O número de horas extraordinarias non poderá ser superior a 2 ó día, 15 ó mes e 80 ó ano, así como as limitacións impostas para o efecto pola lexislación en cada momento.

Artigo 7º.-Descanso diario.

Entre a terminación dunha xornada e o comezo doutra deberá existir un intervalo, como mínimo, de 12 horas.

Artigo 8º.-Descanso semanal.

Os traballadores terán dereito a un descanso semanal mínimo de día e medio ininterrompido, atendéndose para o seu desfrute ó establecido na lexislación vixente.

Artigo 9º.-Festas aboables e non recuperables.

Se por necesidades do servicio e logo de acordo entre o traballador e a empresa se traballase en día festivo, aboarase da seguinte forma:

a) Se o traballador opta por que se lle compense economicamente o día traballado, deberá percibi-lo 150% do salario correspondente ó devandito día.

b) Se opta polo descanso compensatorio, terá dereito a día e medio ininterrompido, dentro da mesma semana na que coincida o devandito día.

c) O traballador ó que o descanso semanal lle coincida festivo terá dereito a outro día de descanso na mesma semana.

Para tódolos efectos o día 23 de xullo, día de Santa Marta, patroa da hostalería, 24 de decembro día de Noiteboa, e 19 de novembro consideraranse festivos.

Artigo 10º.-Vacacións.

O período de vacacións para o persoal afectado por este convenio será de 30 días naturais ininterrompidos.

Durante as vacacións o traballador percibirá con cargo á empresa o salario real correspondente á súa categoría profesional.

Ós traballadores que na data determinada para o seu desfrute non completasen o ano de servicio na empresa, ratearanse polo tempo traballado.

Durante as vacacións anuais, o traballador percibirá con cargo á empresa o salario correspondente á súa categoría profesional, sendo estas retribuídas a salario real.

En cada empresa elaborarase un cadro de vacacións conforme establece a lexislación vixente, é dicir, nos tres primeiros meses do ano, no que se exporá o período de vacacións que vaia gozar cada traballador, ou grupo de traballadores, intentando que sexan rotativas.

Capítulo III

Enfermidade, licencias, excedencias e servicio militar

Artigo 11º.-Enfermidade.

No caso de enfermidade do traballador, a empresa está obrigada a satisface-lo complemento necesario para que, computando o que perciba con cargo á Seguridade Social, por prestación económica de IT, alcance o 100% do salario establecido neste convenio.

A empresa reserva para si o dereito a recorrer ante a inspección médica para verifica-la autencidade de calquera baixa por IT.

Artigo 12º.-Licencias.

As empresas afectadas por este convenio concederán as licencias retributivas que soliciten os traballadores, logo de aviso e xustificación e polas causas e prazos que a continuación se consignan:

a) Por matrimonio: 15 días naturais.

b) Por falecemento de fillos: 5 días naturais.

c) Por enfermidade grave, accidente, hospitalización ou falecemento de parentes ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade: 3 días naturais. Cando por tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 4 días naturais.

d) Por asistencia a exames, o tempo necesario requirido por eles, quedando o traballador obrigado a xustificar tal circunstancia e a duración daqueles.

e) Por traslado de domicilio habitual: 2 días naturais.

f) Vodas de fillos, irmáns, bautizos e primeiras comuñóns de fillos: 1 día se é dentro da provincia, e dous se é fora dela.

g) Para realización de funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente

Artigo 13º.-Excedencia.

Establécese a situación de excedencia voluntaria para o persoal afectado por este convenio, sendo preciso que para gozar tal beneficio se leve ó servicio da empresa máis de 2 anos. A permanencia na situación de excedencia á que se refire o parágrafo anterior non poderá ser inferior a tres meses, nin superior a 5 anos, concedéndose esta por unha soa vez.

Causarase baixa na empresa, definitivamente no caso de que finalizada a excedencia non solicite o traballador o reingreso por escrito cun mes de antelación ó vencemento dela.

No caso de solicita-lo reingreso das excedencias de igual categoría profesional, terá preferencia o que teña maior antigüidade na empresa. O traballador en excedencia non se poderá ocupar en ningún centro de traballo que desenvolva a súa actividade en iguais ou similares características á da súa profesión.

Durante o período de excedencia non percibirá soldo ningún.

Artigo 14º.-Servicio militar.

Os traballadores durante o servicio militar terán reservado o seu posto de traballo, entendéndose esta reserva ata os dous meses do seu licenciamento. Os traballadores que no momento da súa incorporación a filas leven dous anos de servicios na empresa percibirán a primeira gratificación extraordinaria que corresponda aboar despois da súa incorporación, xa sexa o mes de xullo ou decembro.

Artigo 15º.-Premio de permanencia na empresa.

Todo traballador que cese na empresa, tanto por xubilación como por pasar á situación de invalidez permanente, con máis de 5 anos de servicio, percibirá desta o equivalente:

-Ós 5 anos de servicio na empresa: 2 meses de vacacións.

-Ós 10 anos de servicio na empresa: 6 meses de vacacións.

Estas gratificacións traduciranse en diñeiro no caso de que o traballador falecese antes de se xubilar e xa cumpridos os 55 anos, ou levase dez anos de servicio ininterrompidos na empresa no momento da súa morte. Percibiranas tanto o home como a muller, e no seu lugar os orfos de menos de 18 anos, ou de máis se están incapacitados para o traballo.

Artigo 16º.-Código de conductas.

As relacións laborais na empresa discorrerán en todo momento polo camiño da igualdade, mutuo respecto e diálogo. O traballador obedecerá as ordes que lle correspondan á súa específica categoría profesional dentro do seu horario de traballo, salvo aqueles casos que fosen de excepción.

Artigo 17º.-Ascensos.

Os ascensos de categoría profesional produciranse tendo en conta a formación e a antigüidade do traballador na empresa.

Artigo 18º.-Cesamentos, prazos e aviso previo.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente os seus servicios na empresa veranse obrigados a poñelo en coñecemento desta por escrito ou a través

dos delegados sindicais ou comités de empresa, cumprindo os seguintes prazos de aviso previo:

a) Xefes de grupos profesionais: 30 días naturais.

b) Resto de traballadores: 15 días naturais.

O incumprimento do traballador da obriga de avisar coa mencionada antelación, daralle dereito á empresa a descontar da súa liquidación o salario dun día por cada día de atraso.

Capítulo IV

Aprendizaxe

Artigo 19º.-Concepto.

Os traballadores en calidade de aprendizaxe ligados á empresa en virtude de contrato especial, polo cal esta ó tempo que utiliza o traballo do que aprende, está obrigada a ensinarlle o oficio correspondente.

A aprendizaxe, que será sempre retribuída, dará lugar a un contrato especial que se rexerá, tanto no seu contido como na súa forma, e nas obrigas respectivas de cada unha das partes, respectivamente, ademais de polo regulado nas disposicións legais, polas seguintes condicións:

a) O número de horas de traballo á semana non poderá ser superior a 35 horas repartidas en 7 diarias durante 5 días.

b) Non poderán realizar horas extraordinarias.

c) A xornada de traballo non poderá comezar antes das nove da mañá, nin terminar despois das 22 horas, polo que non poderán realizar traballo nocturno.

d) A xornada de traballo será continuada, con interrupción de 30 minutos para a comida.

e) As tarefas encargadas a estes traballadores serán exclusivamente as pertinentes á categoría profesional para a que se están preparando.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 20º.-Retribucións.

As retribucións de persoal afecto por este convenio serán as da táboa de salarios anexos a el.

Que serán de obrigado cumprimento para tódolos traballadores que presten os seus servicios no sector de hostalería con independencia da súa modalidade de contratación, incluídas aquelas contratacións que expresamente sexan contratadas a través das empresas de traballo temporal, as cales e para este sector deberán fixar estes salarios no documento contractual que formalicen coas empresas.

Artigo 21º.-Forma de pagamento.

O pagamento do salario efectuarase dentro da xornada laboral.

Artigo 22º.-Anticipos.

O traballador terá dereito a percibir anticipos a conta do seu salario sen que poidan exceder do 80% do salario ó que ten dereito a percibir.

Artigo 23º.-Recibos de salarios.

Tódalas empresas afectadas por este convenio quedarán obrigadas a entregarlles ós seus traballadores, no momento de aboarlle-los seus salarios, un recibo (do modelo oficial) no que consten con toda claridade os seguintes datos:

a) Os datos da empresa e os profesionais do traballador.

b) O período de tempo que se paga, a cantidade total e real en pesetas gañadas polo traballador, con especificación de todos e cada un dos conceptos polos que se cobra.

Os recibos de salarios téñense que referir a meses naturais concretos. Se a empresa pagase por semanas, quincenas ou calquera outro período inferior ó mes, estas cantidades consignaranse como anticipos.

Artigo 24º.-Salario base.

O salario bruto base anual para os traballadores afectados por este convenio desde a súa vixencia a partir do día 1 do mes seguinte á sinatura deste texto e a súa publicación no BOP ata o 31 de decembro de 2001, serán os da táboa de salarios anexo a el (anexo II), que representa unha suba do salario base dun 3,35%, e para o ano 2002 a suba salarial será do IPC previsto polo Goberno máis o 0,35%, para tódolos conceptos económicos.

Artigo 25º.-Antigüidade.

Todo traballador que con data do 31-12-1994 teña recoñecida antigüidade manteráselle esa contía, figurando na súa nómina o concepto complemento de antigüidade por dereitos adquiridos.

A partir do día 1-1-1995 devengarase o concepto de antigüidade en quinquenios e na contía de 2.000 pesetas. Tomarase como inicio para o dito cómputo de tempo o citado día 1-1-1995.

Artigo 26º.-Complementos de posto de traballo.

O traballador que desempeñe unha praza de categoría superior percibirá o salario correspondente á mencionada categoría. Se o desempeño de tal actividade fose continuado durante tres meses ou alternos durante seis, o traballador consolidará o salario correspondente á citada categoría, logo de reclamación ante a empresa. Se por esixencia no traballo, sempre con carácter transitorio urxente e non reiterativo, se destinase a un traballador a tarefas pertencentes a categorías profesionais ás que non estea adscrito, conservará a retribución correspondente á súa categoría. En todo caso respectarase a orde xerárquica profesional para adscribi-lo traballador de categoría inferior, sempre e cando non constitúa represalias, discriminacións, tratos vexatorios ou ofensivos.

Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias que as empresas lles veñen aboando ós seus traballadores serán aboadas en xullo e decembro respectivamente, e con

sistirán nunha mensualidade do salario real cada unha.

Artigo 28º.-Complementos en especie.

Todo persoal que ata a data teña recoñecido o dito complemento o seguirá percibindo sempre e cando non se faga uso do dereito de mantenza, a empresa aboaralle 3.353 pesetas e 1.340 pesetas respectivamente por cada unha das 12 mensualidades.

Ós traballadores que fagan uso do dereito de mantenza e aloxamento a empresa aboaralles 1.140 pesetas durante o período de vacacións, independentemente dos complementos salariais previstos para estes conceptos.

Artigo 29º.-Gratificación de nocturnidade.

As horas traballadas durante o período comprendido entre as 10 horas da noite e as 6 da mañá, salvo que o salario se establecese atendendo a que o traballo sexa nocturno, en todo ou en parte, pola súa propia natureza, terán unha retribución específica incrementada, como mínimo, nun 25% sobre o salario base.

Artigo 30º.-Roupa de traballo.

Anualmente as empresas subministraranlles, como mínimo, a tódolos seus traballadores, sempre que se lles esixa a súa utilización, dous uniformes completos, un no verán e outro no inverno, que constará de pantalón e camisa, ou saia e blusa.

Artigo 31º.-Contratación.

Para contribuír e darlle estabilidade ó emprego, as partes asinantes deste convenio comprométense a fomenta-la contratación indefinida, como norma xeral de acordo coas novas modalidades de contratación.

Sen embargo, ó ser este un sector cunha problemática específica, propoñémo-los seguintes modelos de contratación.

a) Contratos de formación.-O contrato de formación terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o desempeño adecuado dun oficio ou dun posto de traballo que requira un determinado nivel de cualificación.

Poderanse celebrar con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21 anos, cunha duración mínima de 6 meses, e prorrogable ata un máximo de 3 anos.

O período de formación será do 15% da xornada máxima prevista no convenio, que poderá ser impartida dunha soa vez ó inicio do contrato.

O salario de contratación destes traballadores será igual ó 75%, 85% e 95% do salario base da categoría de axudante de camareiro ou similar, durante o primeiro, segundo e terceiro ano, respectivamente, da vixencia do contrato. A aplicación deste salario será para os contratos formalizados a partir da entrada en vigor deste convenio ou da súa publicación no BOP.

b) Cando as circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixiran, aínda tratándose da actividade normal da empresa, os contratos de traballo concertados de acordo co establecido no artigo 15.1º b) do Estatuto dos traballadores e os artígos 1 B e 3 do Real decreto 2546/1994, terán unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 18 meses.

Poderán acollerse ó disposto nesta disposición tanto os contratos pactados desde a publicación deste convenio como aqueles que estean xa en vigor na data de xubilación deste convenio e aínda non esgotasen a súa duración.

De formalizarse por tempo inferior ó citado de 12 meses, poderán facerse prórrogas ata completa-la totalidade do tempo de 12 meses.

Artigo 32º.-Recoñecementos médicos.

Realizarase unha revisión médica anual o máis completa posible, que incluirá análise, exploración radiolóxica e auditiva a tódolos traballadores; o resultado da dita revisión médica será confidencial e o traballador recibirá copia dela.

Artigo 33º.-Réxime disciplinario polo acoso sexual.

Todo comportamento ou situación que atente contra o respecto ou a intimidade ou contra a liberdade dos traballadores, conductas de acoso sexual verbais ou físicas serán conceptuados como faltas graves ou moi graves no suposto de que se leven a cabo servíndose da súa relación xerárquica con persoas con contrato laboral non indefinido; a sanción é aplicable no seu máximo grao.

O comité de empresa ou delegados de persoal e a dirección da empresa velarán polo dereito á intimidade do traballador afectado.

Artigo 34º.-Cláusula de revisión salarial.

Para o ano 2001, se o IPC real o 31 de decembro de 2001 fose superior ó 3%, a diferencia terá efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2001, pagándose os correspondentes atrasos, e modificaranse á alza os valores dos conceptos obxecto do incremento salarial, que servirán de base para os incrementos do exercicio seguinte. A revisión será realizada como máis tarde na mensualidade seguinte á de facerse oficial o IPC real do exercicio.

Para o ano 2002, se o IPC real o 31 de decembro do 2002 é superior á previsión oficial, a diferencia terá efectos retroactivos a 1 de xaneiro de 2002, pagándose os correspondentes atrasos, e modificaranse á alza os valores dos conceptos obxecto do incremento salarial que servirán de base para os incrementos do exercicio seguinte. A revisión será realizada como máis tarde na mensualidade seguinte á de facerse oficial o IPC real do exercicio.

O dereito á dita revisión salarial alcanzará a tódolos traballadores afectados por este convenio durante todo ou parte de 2001 ou 2002, pertenzan ou non á empresa na data en que se produza a dita revisión.

A cantidade resultante, correspondente ó ano completo ou, se é o caso, a parte rateada aboarase (nunha soa paga) durante o primeiro trimestre do ano.

Capítulo VI

Disposicións adicionais

Primeira.-Comisión mixta.

Constitúese unha comisión mixta paritaria formada por cinco representantes da parte social, dos cales catro corresponderalle á Unión Xeral de Traballadores (UGT), e un a Comisións Obreiras (CC.OO.); e cinco da parte económica, compoñentes da comisión negociadora, así como polos asesores que as partes xulguen oportunos, que terán voz pero non voto. Serán funcións desta comisión:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Arbitraxe das cuestións de problemas derivados deste convenio e sometidas á súa consideración por calquera das partes.

c) Intervención dos conflictos colectivos.

d) Vixilancia e cumprimento do pactado.

Todo isto sen prexuízo da competencia que a este respecto veña atribuída ós organismos ou autoridades competentes.

Segunda.-Servicios extraordinarios.

Consideraránse servicios extraordinarios aqueles que realicen traballadores alleos á empresa. Estes servicios serán retribuídos como mínimo con 5.691 pesetas por servicio.

As empresas que necesiten traballadores alleos a ela para este servicio ofreceranlles estes obrigatoriamente ós profesionais do sector, a través do Instituto Nacional de Emprego, sempre que reúnan as condicións esixidas polo servicio para o que son requiridos; no caso de non existiren estes na oficina de emprego, a empresa quedará en liberdade de contratar ó igual que no caso de urxencia, no que por ser festivo a devandita oficina estea pechada.

Terceira.

En todo o non especificado neste convenio haberase que ater ó disposto no acordo laboral de ámbito estatal para o sector de hostalería, asinado o 12 de xuño de 1996, código de convenio 9910365.

Cuarta.

Na táboa salarial anexa a este convenio especifícanse os salarios correspondentes ás distintas categorías profesionais de establecementos nas súas distintas modalidades, incrementados nun 3,35 % para 2001.

Quinta.

As empresas están en boa disposición para estimula-los seus traballadores na realización de estudios ou asistencia a cursos de formación cultural

ou profesional, en horas distintas á xornada laboral, correndo por conta dela o custo dos devanditos estudios, así como a concesión de premios en metálico, que serven de estímulo para os traballadores que acrediten a regular asistencia e o bo aproveitamento. As partes asinantes acordan que no mes seguinte ó da sinatura do convenio se constitúa unha comisión paritaria que permita o desenvolvemento dos distintos programas formativos.

Sexta.-Operador de son.

Todo traballador que realice as funcións de operador de son, en calquera establecemento de hostalería, terá o grupo 4 da táboa de asimilación das categorías profesionais.

Sétima.-Xubilación anticipada.

As empresas poderán establecer cos seus traballadores pactos previstos no artigo 2.b do R.D. do 19 de outubro de 1981, nº 2705/1981, que desenvolve o R.D. lei do 20 de agosto, sobre xubilación especial ós 64 anos.

Oitava.-Xubilación obrigatoria.

A partir do 1 de xaneiro de 1992 establécese a xubilación obrigatoria para todo traballador que cumpra ou cumprise a idade de 65 anos e que completase os períodos de carencia necesarios para percibi-la correspondente pensión de xubilación.

Novena.

As partes asinantes deste convenio, en cumprimento do establecido no artigo 26.5º da Lei 1/1995, do 24 de marzo, fan constar que o salario en cómputo anual e en función de xornada establecida neste convenio, para o grupo 4, categoría 1ª, sen antigüidade, e sen conta-las gratificacións nin complementos persoais, é de 1.399.344 pesetas.

Décima.-Formación profesional.

As partes asinantes coinciden en que unha das causas da deficiente situación do mercado de traballo deriva do afastamento da formación profesional respecto ás necesidades auténticas da man de obra, e da carencia dunha formación ocupacional continua para a actualización e adaptación dos traballadores activos ás novas características das tarefas na empresa.

A formación profesional, tanto inicial como continua, cuns fins primordiais que son mante-la competividade da empresa e mellora-la calidade dos servicios que se prestan, ó tempo que facilita-lo perfeccionamento e a promoción profesional dos traballadores do sector comprendidos no ámbito deste convenio, debe sustentarse sobre a base dun plan de formación profesional inicial e permanente que afecte os traballadores. O devandito plan terá como criterios prioritarios na súa actuación:

1. Traballadores menos cualificados, co fin de facilitarlles unha formación de base.

2. Preparación para a introducción de novas tecnoloxías e modalidades de servicio.

3. Cualificación daqueles traballadores que, como consecuencia dos cambios na organización do traballo ou creación de emprego, o precisen.

4. Plans de actuación coordinados para atende-las necesidades de formación dos traballadores das pequenas e medianas empresas.

5. Acceso de mozos parados mediante accións formativas, no marco do plan FIP, en colaboración coas institucións que se crea conveniente.

Co fin de facer efectivas as accións formativas as partes asinantes, acordan realizar por si, ou por medio de entidades especializadas, estudios de carácter prospectivo respecto das cualificacións futuras e necesidades de man de obra no sector.

Constituirase, á sinatura deste convenio, unha comisión paritaria de formación profesional, que estará composta por tres membros designados polos sindicatos e tres membros designados pola patronal, podendo acudir á mesa cantos técnicos ou asesores consideren oportunos as partes. Reunirase, a lo menos, unha vez por trimestre.

As competencias da comisión de formación profesional serán:

a) Concreta-lo plan de formación e aprobalo, marcando prioridades, xunto coas actuacións necesarias para a súa elaboración e seguimento.

b) Proproñer accións formativas.

c) Coordina-las accións de formación e o seu financiamento.

d) Levar á práctica cantas accións en materia de formación profesional acorden as partes.

Disposición transitoria

Primeira.-Este convenio é asinado pola Federación Provincial de Empresarios da Hostalería da Provincia de Ourense, dunha parte, e doutra, as centrais sindicais Unión Xeral de Traballadores e Comisións Obreiras, segundo o establecido na Lei 1/1995, do 24 de marzo, pola que se aproba o Estatuto dos traballadores.

ANEXO I

Clasificación de establecementos e seccións

SecciónClasificación de establecementos

1ª categoría2ª categoría3ª categoría4ª categoría

Sección 1ª
Hoteis, hostais, hoteis-residencia, albergues, paradores, hoteis-apartamento, moteis, hostais en estacións termais. cidades de vacacións e cámping

5 estrelas

4 estrelas

3 estrelas

2 estrelas

1 estrela

Sección 2ª
Pensións, fondas, casas de hóspedes e pousadas3 estrelas

2 estrelas

1 estrela

Fondas

SecciónClasificación de establecementos

1ª categoría2ª categoría3ª categoría4ª categoría

Sección 3ª
Restaurantes, casas de comidas e tabernas que non serven comidasLuxo

Primeira

SegundaTerceiraCuarta

Sección 4ª
CafeteríasEspecialPrimeiraSegunda

Sección 5ª
Cafés, cafés-bares, bares americanos, whiskerías, cervexerías, chocolaterías, xeladeríasEspecial

Luxo

Primeira

Segunda

Terceira

Cuarta

Sección 6ª
Salas de festas, salas de té, discotecas, tablaos flamencos, salóns de baile, casinos, sociedades recreativas

Luxo

Primeira

Segunda

Terceira

ANEXO II

Área funcional primeira (recepción, conserxería, relacións públicas, administración e xestión)

Grupo profesionalTarefasGrupo

I. Xefe de recepciónXefe de recepción1
2º xefe de recepción2º xefe de recepción3
Xefe de admón.Contable xeral1
Xefe 1º1
Primeiro conserxePrimeiro conserxe de día3
Segundo conserxe de día5

II. RecepcionistaRecepcionista4
Caixeiro4
ConserxeConserxe de noite5
AdministrativoInterventor3
Contable3
Oficial 1ª3

III. Axudante recepción e conserxeríaAxudante recepción6
Axudante conserxería6
Axudante de conserxería6
Axudante administrativoOficial contabilidade3
Aux. oficina e contabilidade4
Aux. de caixa5
Telefonista5

IV. Auxiliar de recepción e conserxeríaPorteiro7
Porteiro de coches7
Porteiro recibidor7
Porteiro de accesos7
Porteiro de servicios7
Vixilante de noite7
Ordenanza de salón7
Ascensorista7
Mozo dos recados7
Taquilleiro5
Mozo equipaxes7

Área funcional segunda (cociña e economato)

Grupo profesionalTarefasGrupo

I. Xefe de cociñaXefe de cociña1
2º xefe de cociña2º xefe de cociña2

II. Xefe de partidaXefe de partida3
CociñeiroCociñeiro4
ReposteiroReposteiro4
Encargado de economatoEncargado de economato4
Encargado de almacén4

III. Axudante de economatoAxudante de economato7
Mozo almacén7
Axudante cociñaAxudante cociñeiro5
Axudante reposteiro6

IV. Auxiliar de cociñaFregador7

Área funcional terceira (restaurantes, bar e similares)

Grupo profesionalTarefasGrupo

I. Xefe de restaurante-salaXefe de comedor1
1º xefe de sala2
2º xefe de restaurante ou sala2º xefe de sala3

II. CamareiroCamareiro4
Dependente 1º4
Dependente 2º6
Cafeteiro5
Caixeiro comedor5
Pranchista4
BarmanBarman3
2º barman4
SumillerSumiller4
Operador sonOperador son4

III. Axudante camareiroAxudante camareiro6
Axudante6
Axudante pranchista6
Axudante de barman6
Axudante de dependente6
Axudante de cafeteiro6
Axudante de piso6

Área funcional cuarta (pisos e limpeza)

Grupo profesionalTarefasGrupo

I. Encargado xeralGobernanta2
Encargado de lencería5
Encargado de lavandería5

II. Camareiro de pisosLencería6
Camareira de pisos6
Pranchadora-costureira6
Lavandeira-zurcidora6

III. Auxiliar de pisos e limpezaPersoal limpeza7
Limpadora7
Mozo habitación6
Mozos de lavandería6

Área funcional quinta (servicios de mantemento e servicios auxiliares)

Grupo profesionalTarefasGrupo

I. Xefe de servicio de cáteringXefe de servicio de cátering1

II. Encargado de mantemento e serviciosEncargado de traballos3

III. Especialista de mantemento e serviciosMecánico-calefactor4
Ebanista, carpinteiro4
Electricista4
Albanel, pintor, conductor4
Fontaneiro, xardineiro4

IV. Auxiliar de mantemento e serviciosAxudante mantemento5
Garda exterior5

ANEXO III

Táboas salariais por grupos profesionais

Grupos profesionais1ª categoría2ª categoría3ª categoría4ª categoría

Grupo 1148.666145.170141.688138.222

Grupo 2138.222134.707131.219127.887

Grupo 3130.561127.075123.587120.095

Grupo 4116.612113.123113.123109.806

Grupo 5104.943101.45597.96897.968

Grupo 699.71599.71597.96897.968

Grupo 799.71599.71597.96897.968