Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte denominado As Cavadas, a favor dos veciños de Partovia, no concello do Carballiño.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o 4 de xullo de 2001, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común denominado As Cavadas, por solicitude dos veciños do lugar de Partovia (parroquia de Partovia), do concello do Carballiño (Ourense).

Resultando que con data 21 de xullo de 1997 tivo entrada no rexistro da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, en Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do lugar de Partovia (parroquia de Partovia), concello do Carballiño (Ourense), solicitando se declare o monte As Cavadas como veciñal en man común.

Resultando que o xurado provincial, en sesión celebrada en data 4 de novembro de 1997, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte, designando instructores del a Miguel Ángel González Trigás e José Manuel Baltar Blanco, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade do Carballiño, e remitíndose comunicacións dirixidas ós veciños do lugar de Partovia, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello do Carballiño, á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro, e ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, e á delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria: Servicio de Estructuras Rurais, publicándose edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do Concello do Carballiño, durante o prazo dun mes segundo consta

en dilixencia expedida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade do Carballiño como segue:

Asento número 3471, do Diario 33, Anotación letra A a favor do lugar de Partovia, facendo consta-la existencia do expediente de iniciación de clasificación do predio como monte veciñal en man común, e que o predio pode quedar afectado pola resolución final daquel que con data de 5 de novembro de 1997 se iniciou no folio 62, do libro 137 do tomo 481, predio 19.153.

Resultando que na reunión do xurado do 30 de setembro de 1998, se adoptou o acordo de nomear instructora a Míriam Areal López en substitución de José Manuel Baltar Blanco nos expedientes de clasificación pendentes.

Resultando que na tramitación do expediente se cumpriron tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter segundo o establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1) Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2) Que, polo tanto, o número de titulares é variable e indeterminado;

3) Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4) Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5) Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividumdo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermánica polos veciños do lugar de Partovia (parroquia de Partovia), no concello do Carballiño.

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños do lugar de de Partovia (parroquia de Partovia), están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que, segundo o teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños do lugar de Partovia (parroquia de Partovia), para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 482/1997, do 26 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros:

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica-lo monte denominado As Cavadas de 33.322 m, aproximadamente de superficie a favor dos veciños do lugar de Partovia, parroquia de Partovia, no concello do Carballiño (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, como veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: O Carballiño.

Denominación do monte: As Cavadas.

Comunidade propietaria: veciños do lugar de Partovia (parroquia de Partovia).

Superficie: 33.322,28 m, aproximadamente.

Estremas:

Norte: Arturo Paz Crespo (parcela 1.801), Delfín Tato González parcela Evaristo González Fdez. (parcela 1.803).

Sur: hdos. de José Mª Bernárdez (parcela 85), hdos. de Victoria Pérez González (parcela 81), hdos. de Andrés Pérez González (parcela 80), Antonio Fernández Presas (parcela 79), hdos. de Luis Lage Muñoz (parcela 76), hdos. de Ramón Pérez González (parcela 75), hdos. de Ramón Pérez González (parcela 74), Francisco Nuñez (parcela 71), propietario descoñecido (parcela 70), hdos. de Andrés Pérez Gonzalez (propietario 69), hdos. de Jesús Vázquez (parcela 68), Benito González (parcela 67), hdos. de Jesús Vázquez Pérez (parcela 66), José Gómez (parcela 65), hdos. de Delfina Dorrego Veiga (parcela 64), Francisco Nuñez Soto (parcela 63), Manuel Veiga Galiño (parcela 62), hdos. de Antonio Crespo Piteira (parcela 61), Granitos Carballiño (parcela 54).

Leste: hdos. de Ramón Pérez González (parcela 1.821), José Varela López (parcela 1.822), hdos. de José A. Fdez Núñez (parcela 1823), José Varela López (parcela 1.824).

Oeste: Juan Ramón Crespo (parcela 1.775), hdos. de Ramón Lage (parcela 1.773), hdos. de José Benito Rodríguez (parcela 1.768), Joaquina Fernández Sotelo (parcela 1.770), hdos. de José Benito Rodríguez (parcela 1.771), hdos. de Lucinda Puga González (parcela 1.772), hdos. de Lucinda Puga González (parcela 1.408), hdos. de Celia Vázquez (parcela 1.407), Pedro Rodríguez Pérez (parcela 1.404), hdos. de Andrés Pérez González (parcela 1.403), hdos. de Andrés Pérez González (parcela 1.402), Carmen Vázquez Pérez (parcela 1.401), Agustina Vázquez (parcela 1.400), Eulogio Garabatos Rodríguez (parcela 1.399), Francisco Núñez (parcela 1.398), Francisco Núñez Soto (parcela 1.397).

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíqueselle esta resolución ó alcalde-presidente do Concello do Carballiño, ós representantes da comunidade veciñal, ó xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais, ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo

perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa).

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 4 de xullo de 2001.

Míriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense