Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a notificación da resolución dictada o 18 de maio de 2001 no procedemento de acreditación de entidades especializadas como servicios de prevención alleos ás empresas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ó abeiro do disposto no artigo 26 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se regulan os servicios de prevencion, noti

fícaselle á entidade que a continuación se menciona, a resolución dictada pola Dirección Xeral de Relacións Laborais en data do 18 de maio de 2001, que na súa parte dispositiva se dispón o seguinte:

«1. Declara-la caducidade da resolución dictada por esta Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en data 7 de marzo de 2001, quedando sen efecto a acreditación provisional concedida á entidade Prevegal, S.L. para actuar como servicio de prevención alleo ás empresas nas especialidades de seguridade no traballo, hixiene industrial e ergonomía e psicosocioloxía aplicada para o ámbito territorial correspondente á Comunidade Autónoma de Galicia, para a súa actuación nun total de 30 empresas e 300 traballadores pertencentes ó sector da actividade mineira e afíns.

2. Declara-lo arquivo do expediente administrativo nº XI84OA 1999/20-0 iniciado por instancia da referida entidade dentro do procedemento de acreditación de entidades especializadas como servicios de prevención alleos ás empresas».

En virtude do disposto no artigo 114 e concordantes da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Expediente número: XI840A 1999/20-0.

Entidade: Prevegal, S.L.

CIF: B-36339752.

Último enderezo coñecido: r/ Cordón nº 1-5º B 36005 Pontevedra.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais