Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 29 de agosto de 2001 Páx. 11.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Médicos Empresarios de la Provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Médicos Empresarios de la Provincia de Pontevedra, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: provincial.

Profesional: médicos, en cualquera das especialidades médicas, que estean facultados legalmente para o exercicio da medicina e actúen como empresarios individuais, desenvolvendo o exercicio libre da profesión en consultas privadas.

Asinan a acta de constitución Gerardo Miniño Couto e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 10 de xullo de 2001.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Ponteveddra