Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (105/2000).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 105/2000 e o acumulado 106/2000 do Xulgado do Social número catro desta cidade, por instancia de Mª Teresa Millares Montemuíño e outra contra ISM e outros, sobre viudedade e orfandade, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 13 de xullo de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 105/2000 e o acumulado 106/2000 do Xulgado do Social número catro desta cidade, seguidos por instancia de María Teresa Millares Montemuíño

e Virginia García Millares, maiores de idade, asistidas polo letrado José Nogueira Esmorís, contra o ISM, Comercial Marítimo Finisterre, S.L., Cía Marítima Enteli, S.A., INSS e TXSS, sendo o obxecto da reclamación, viudedade e orfandade.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a excepción de cousa xulgada alegada polo ISM, debo desestimar e desestimo as demandas acumuladas interpostas por María Teresa Millares Montemuíño e Virginia García Millares contra o ISM, INSS e TXSS, Comercial Marítimo Finisterre, S.L. e Cía Marítima Enteli, S.A., absolvendo as demandadas dos pedimentos da demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia, do que coñecerá, no caso, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tal como establece o artigo 188 do texto refundido da lei, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Cía Marítima Enteli, S.A. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, 13 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado