Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.428

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (35/2001).

Eu, Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos número 35/2001 seguidos por instancia de José García Otero contra ISM e

outros sobre xubilación, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 3-7-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que estimando a demanda interposta por José García Otero, contra as empresas Pesquerías José Dolores, S.L., José Dolores Fishing Ltd. e Penoural Trawlers Ltd., e a Tesourería Xeral da Seguridade Social, debo declarar e declaro que a base reguladora que lle corresponde á pensión de xubilación da actora se fixará na contía de 156.302 pesetas, condenando ós ditos demandados a estaren e pasaren por tal declaración, e ó ISM a que lle faga o pagamento da correspondente pensión no xeito, maneira e contía regulamentarias, con efectos do 5 de decembro de 1999.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás partes, ás que se lle fará saber que, contra a referida sentencia, cabe o recurso de suplicación, perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que poderá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, cos requisitos esixidos no artigo 191 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ás empresas Pesquerías José Dolores, S.L., José Dolores Fishing Ltd. que tiveron o seu último enderezo coñecido no peirao de Linares Rivas, 115, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 3 de xullo de 2001.

O secretario

Rubricado