Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 27 de agosto de 2001 Páx. 11.429

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2001, da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro, pola que se publica o outorgamento da cualificación de xubilación mutual protexida ó Regulamento de prestación de xubilación da entidade Mutualidad Caixa Galicia de Previsión Social a Prima Fija.

Con rexistro de entrada do día 29 de maio de 2001, a entidade Mutualidad Caixa Galicia de Previsión Social a Prima Fija solicita autorización para o exercicio da actividade de previsión social voluntaria e a posterior inscrición no Rexistro Autonómico de Mutualidades de Previsión Social Non Integradas

na Seguridade Social así como a cualificación de xubilación mutual protexida ó seu regulamento da prestación de xubilación.

Unha vez autorizada a Mutualidad Caixa Galicia de Previsión Social a Prima Fija para o exercicio da actividade de previsión social voluntaria por Orde do 18 de xullo de 2001, do conselleiro de Economía e Facenda e inscrita no Rexistro Autonómico de Mutualidades de Previsión Social Non Integradas na Seguridade Social co nº 6, recomezouse o procedemento administrativo de outorgamento da cualificación de xubilación mutual protexida ó regulamento de prestación de xubilación da citada mutualidade.

A competencia na materia vén determinada na Lei orgánica 16/1995, do 27 de decembro, de transferencia de competencias á Comunidade Autónoma galega, o Real decreto 1642/1996, do 5 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social, o Decreto 340/1996, do 13 de setembro, polo que se asumen as funcións e servicios transferidos á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de mutualidades de previsión social non integradas na Seguridade Social, o Decreto 312/2000, do 8 de decembro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda e o Decreto 277/1999, do 14 de outubro, polo que se regula a cualificación de xubilación mutual protexida.

A documentación achegada na tramitación do procedemento administrativo acredita o cumprimento dos requisitos establecidos no Decreto 277/1999, do 14 de outubro.

Vista a proposta da Subdirección Xeral de Operacións Financeiras e Seguros, é en virtude das competencias atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro.-Outorgar ó regulamento de prestación de xubilación da entidade Mutualidad Caixa Galicia de Previsión Social a Prima Fija a cualificación de xubilación mutual protexida. Esta cualificación terá unha duración dun ano prorrogable segundo o procedemento establecido no artigo 12 do Decreto 277/1999.

Segundo.-Ordena-la inscrición desta cualificación no Rexistro Autonómico de Mutualidades de Previsión Social Non Integradas na Seguridade Social.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2001.

José Álvarez Cobelas

Director xeral de Política Financeira e Tesouro