Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.368

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (141/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño:

En autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 141/2001, por instancia de Rafael Enjamio Blanco, contra a empresa Urproman, S.L. y Fogasa sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, o 6 de xullo de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 141/2001, seguidos por instancia de Rafael Enjamio Blanco, maior de idade, asistido polo letrado Miguel Nouche Ferreira, contra empresa Urproman, S.L., que non comparece; e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Rafael Enjamio Blanco contra a empresa Urproman, S.L., condenando a demandada a lle aboar ó demandante a cantidade de 57.274 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás aprtes, ás que se fará saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a empresa Urproman, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e selo esta cédula na Coruña, o 6 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado