Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.367

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (3/2001).

Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número dez da Coruña, certifico que nos autos seguidos neste xulgado co nº 3/2001, por instancia de Susana Leis Molino, representada polo procurador Sr. Cernadas Vázquez e defendida polo letrado Sr. Fernández Veiga, contra José Javier González Casal, declarado en rebeldía, sobre separación contenciosa, no día de hoxe dictouse sentencia na dita separación, que, copiada literalmente, di:

«Decido que, estimando a demanda interposta polo procurador José Cernadas Vázquez, debo acordar e acordo a separación do matrimonio constituído por José Javier González Casal e Susana Leis Molino, contraído en Zurich (Suíza) no 7 de novembro de 1992, cos efectos legais que leva consigo.

Sen imposición de custas. Notifíqueselle a presente resolución ó demandado rebelde José Javier González Casal, na forma legalmente prevista.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación que se interporá por escrito ante este mesmo xulgado no termo de cinco días desde a súa notificación».

E para que sirva de notificación en forma a José Javier González Casal e para a súa inserción no Dia

rio Oficial de Galicia, expido este edicto, que asino na Coruña o dez de xullo de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado