Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.367

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2001 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de filosofía do dereito, do departamento de Dereito Privado, a Ana Garriga Domínguez (praza 38/2000).

Consonte a proposta formulada pola comisión constituída para xulga-lo concurso, convocado por resolución da Universidade de Vigo do 11 de outubro de 2000 (BOE do 27 de outubro) para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de filosofía do dereito, do departamento de Dereito Privado, a favor de Ana Garriga Domínguez, con documento nacional de identidade número 34972241, e cumprindo a interesada os requisitos do número 2º do artigo 5 do Real decreto 1888/2984, do 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Ana Garriga Domínguez profesora titular de universidade da área de filosofía do dereito, do departamento de Dereito Privado.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, os interesados poderán optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación perante o mesmo órgano que a dictou. Neste caso non caberá interpo-lo recurso contencioso-administrativo antes citado mentres non se dicte resolución expresa ou presunta do recurso de reposición, de acordo co disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro modificadora da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 11 de xullo de 2001.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo