Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 24 de agosto de 2001 Páx. 11.368

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (143/2001).

Eu, Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño de que en autos seguidos perante este Xulgado do Social tramitados baixo o número 143/2001, por instancia de Mª del Carmen Alonso

Vázquez, contra a empresa American Telecom, S.A., sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, o 6 de xullo de 2001.

Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 143/2001, seguidos por instancia de Mª Carmen Alonso Vázquez, maior de idade, asistida polo letrado Santiago Güemez Abad, contra a empresa American Telecom, S.A., que non compareceu, sendo o obxecto da reclamación salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta pola demandante Mª Carmen Alonso Vázquez contra a empresa American Telecom, S.A., condenando a demandada a lle aboar á demandante a cantidade de 538.977 pesetas polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se fará saber que contra a referida só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentencia e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá, ó anuncialo, entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no BBV desta cidade, co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E, así mesmo, deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa American Telecom, S.A. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña o 6 de xullo de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado