Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.957

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de xullo de 2001 pola que se clasifica un posto de traballo reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional do Concello de Santiago de Compostela.

O Concello de Santiago de Compostela (A Coruña), en sesión ordinaria do Pleno do día 5 de febreiro de 2001, adoptou o acordo relativo á creación e clasificación do posto de colaboración de vicetesou

reiro, correspondente á subescala de intervención-tesourería e reservado a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

O artigo 2 g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os postos de colaboración poden ser creados discrecionalmente polas corporacións locais e serán clasificados por proposta daquelas administracións polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2 g) e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Clasifica-lo posto de colaboración de vicetesoureiro/a do Concello de Santiago de Compostela, reservándose a funcionarios de Administración local con habilitación nacional pertencentes ás distintas categorías da subescala de intervención-tesourería.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar, directamente, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública