Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.957

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo adoptado pola comisión paritaria do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de xuño de 2001 sobre a inclusión da categoría profesional no anexo do convenio.

En cumprimento do disposto na normativa legal sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, Real decreto 1040/1981, artigo 2.e), para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral presentouse, o día 18 de xullo de 2001, certificación do secretario da comisión paritaria do III convenio colectivo único da Xunta de Galicia, na que se fai consta-lo acordo acadado na reunión do 12 de xullo de 2001, sobre a inclusión de categoría profesional no anexo II do convenio.

Esta dirección xeral de relacións laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro correspondente a esta dirección xeral.

Segundo.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

A comisión paritaria do III convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de xullo de 2001, acordou incorporar ó anexo II do convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia a categoría seguinte:

Grupo III.

Categoría-número: 104.

Categoría-denominación: intérprete da lingua de signos.