Finalizado o prazo fixado pola Dirección Xeral da Función Pública do 26 de xaneiro de 2001 (DOG nº 29, do 9 de febreiro), de presentación de solicitudes para a elaboración das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reser
vados a persoal laboral nas relacións de postos de traballo regulados no artigo 12 c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, e á vista das solicitudes presentadas para a categoría 11 (limpador/a e outros) do grupo V, e unha vez elaboradas pola Comisión Permanente de Selección para a cobertura de postos reservados a persoal laboral, na sesión do día 23 de xullo de 2001, a Dirección Xeral da Función Pública
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no artigo 12 c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo, correspondentes á categoría 11 (limpador/a e outros) do grupo V; as ditas listas están expostas da forma que a continuación se indica:
Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista, con indicación da puntuación provisional.
Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos, coa expresión da causa de exclusión.
Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Servicio de Atención e Información ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
Terceiro.-Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para a emenda de erros e, se é o caso, formula-las oportunas alegacións, que serán dirixidas á correspondente Comisión Permanente de Selección do Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública; edificios administrativos de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).
Unha vez transcorrido o prazo citado con anterioridade, se é o caso, levaranse a efecto as emendas procedentes, dándose disto a oportuna publicidade.
Cuarto.-Os solicitantes que figuran admitidos no anexo I (listas A1/ A2/ B) estarán obrigados, no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia das listas provisionais, a remitir á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante de aboamento da taxa que a continuación se expresa:
Grupo V: 3.880 pesetas.
Estarán exentas do pagamento desta taxa as persoas con discapacidade igual o superior ó 33%, con xustificación documental.
Quinto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2001.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública