Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.958

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2001 do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para cubrir mediante o nomeamento de persoal interino de 13 postos de traballo do corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, vacantes nos servicios dependentes das consellerías de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Educación e Ordenación Universitaria, Medio Ambiente, Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, Sanidade e Servicios Sociais, Xustiza, Interior e Relacións Laborais, convocadas pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro) pola que se acorda eleva-la proposta dos aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 31 de xullo de 2001 polo tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para a cobertura de 13 postos de traballo do grupo C, escala técnica auxiliar de informática, convocado pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 12 de setembro de 2000 (DOG nº 190, do 29 de setembro) acordouse, de conformidade coa base sétima da dita convocatoria eleva-la proposta dos aspirantes que superaron o proceso ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

A orde de puntuación dos aspirantes estableceuse coa suma das puntuacións obtidas nos distintos exercicios nos que consistían as probas selectivas, que é o que figura como anexo a esta resolución.

A partir da dita publicación no Diario Oficial de Galicia, os aspirantes seleccionados disporán do prazo de 10 días naturais para presentar na Dirección Xeral da Función Pública os documentos sinalados na base sétima da orde da convocatoria do 12 de setembro de 2000.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante a Consellería da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes segundo se establece no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novem

bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2001.

Álvaro Manuel Rodríguez Carballo

Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica auxiliar de informática

Relación de aspirantes que superaron as probas selectivas.

Acceso libreTribunal C

DNIAPELIDOS E NOMEPRIMEIRO

EXERCICIO

SEGUNDO

EXERCICIO

TERCEIRO

EXERCICIO

PUNTUACIÓN

TOTAL

33292074CALVIÑO LOPEZ, JAVIER19,1624,31APTO43,47

33311180FERNANEZ LOPEZ, ANTONIO MANUEL12,9127,00APTO39,91

33290682RIAL QUINTELA, RAMON11,6628,13APTO39,79

32771193ALVAREZ VILARIÑO, JOSE JORGE11,2525,31APTO36,56

33335817BARGUEIRAS VAZQUEZ, MANUEL JESUS10,8323,44APTO34,27

33295063LENCE NIETO, SANTIAGO10,0024,06APTO34,06

33239630CORBAL MOSTEIRO, ROGELIO11,6621,38APTO33,04

33992070INSUA SIEIRA, FRANCISCO JOSE15,4117,38APTO32,79

76862249ROMERO ROZADOS, JUAN CARLOS10,8321,13APTO31,96

79315628BENITEZ BALEATO, JESUS MANUEL10,4120,31APTO30,72

76863461RODRIGUEZ GARRIDO, MARCELINO10,8317,44APTO28,27

32768297SERRA NAYA, JOSE MANUEL11,6616,44APTO28,10