Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Martes, 14 de agosto de 2001 Páx. 10.959

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ANUNCIO do 30 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que comunica a apertura dun prazo para solicitar prazas de interinidades e substitucións na especialidade de interpretación e linguaxe de signos.

Comúnicase que está aberto o prazo para posibles interinidades ou substitucións para:

Especialidade: interpretación e linguaxe de signos.

Titulación: ciclo superior de interpretación de linguaxe de signos.

O prazo para presenta-la instancia solicitude, na consellería ou nas delegacións provinciais, será de 20 días naturais contados a partir do día seguinte ó deste anuncio no DOG.

As bases da convocatoria e o modelo de solicitude atópanse na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou nas súas delegacións provinciais.

A asignación da puntuación que lles cordesponde ós concursantes será levada a cabo por unha comisión constituída por funcionarios destinados na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Esta comisión estará cualificada na categoría primeira para efectos do previsto no Decreto 299/1990, do 24 de maio.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2001.

Jaime García García

Director xeral de Persoal