Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental do 27 de xuño de 2001 do proxecto de depósito de residuos da construcción e demolición en Ribadeo (Lugo), promovido polo Concello de Ribadeo e pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

Antecedentes.

O Real decreto legislativo 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, estipula que os proxectos, públicos ou privados, consistentes na realización de obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II, deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

Á vista das características do proxecto, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cualificou o proxecto como sometido a avaliación de impacto ambiental, segundo o establecido no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, con data 12 de xaneiro de 2001.

O obxecto do proxecto é a creación dun vertedoiro de residuos da construcción e demolición na valgada do rego Ramos e a súa posterior clausura e selaxe despois de 12 anos de explotación. As parcelas sobre as que se actuará sitúanse no núcleo do Valín, na marxe dereita do rego Ramos, a uns 1,25 km aproximadamente do núcleo de Ribadeo e 1 km do lugar de interese comunitario denominado río Eo.

No anexo I resúmese o contido do proxecto, as medidas protectoras e correctoras e o plan de vixilancia ambiental.

O estudio ambiental someteuse a información pública, por un prazo de 30 días, mediante Resolución do 26 de xaneiro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 62, do 28 de marzo. O resultado deste trámite recíbese en data 15 de maio de 2001, sen que se teña constancia da presentación de alegacións.

Con data 26 de xaneiro de 2001 consúltanse as direccións xerais de Saúde Pública, Patrimonio Cultural, e Montes e Medio Ambiente Natural. O informe elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública ten entrada o 25 de maio de 2001, o da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural o 30 de maio de 2001 e o da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural o 18 de xuño de 2001.

No anexo II resúmese o contido dos anteditos informes.

Efectuada a tramitación, conforme se establece no Decreto 442/1990, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula para os únicos efectos ambientais a declaración de impacto ambiental do proxecto de depósito de residuos da construcción e demolición no municipio de Ribadeo (Lugo), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e o concello de Ribadeo.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo, a obriga de asumi-la explotación, mantemento e conservación das obras unha vez recibidas será do Concello de Ribadeo, ou se é o caso, do adxudicatario. Durante a fase de obras, esta obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa o documento titulado «Proxecto constructivo. Depósito de residuos da construcción e demolición no municipio de Ribadeo (Lugo). Setembro de 2000» a Dirección Xeral de

Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer por esta declaración de impacto ambiental as seguintes condicións, ademais das incluídas na documentación avaliada, de xeito que se asegure a minorización dos posibles impactos ambientais negativos, co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o indicado na documentación presentada polo promotor e o establecido nesta declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

1. Ámbito da declaración.

Esta declaración de impacto ambiental (DIA) refírese en exclusiva ó proxecto definido no documento titulado «Proxecto constructivo. Depósito de residuos da construcción e demolición no municipio de Ribadeo (Lugo). Setembro de 2000».

A superficie do predio no que se sitúa o vertedoiro é de 20.469 m, sendo o volume do vaso de 16.213 m.

Os residuos obxecto de depósito no vertedoiro serán procedentes da construcción e demolición.

2. Sobre a xestión dos residuos.

2.1. No vertedoiro só poderán admitirse residuos da construcción e de demolición, entendendo como tales os así definidos no Catálogo de Residuos de Galicia, estando algún destes catalogado como perigoso.

2.2. A xestión de residuos rexerase polo principio de prevención da súa xeración, debendo limitarse a eliminación segura dos residuos a aqueles residuos ou fraccións non susceptibles de valorización, dado o estado da técnica. Co fin de cumprir estes principios é obrigatorio realizar unha clasificación previa dos residuos xestionados, separando e xestionando os residuos valorizables, debendo discriminarse nas tarifas e prezos este feito.

2.3. Aplicarase o procedemento de control de entrada e identificación de carga previsto no proxecto, garantindo que os residuos perigosos se entregan a xestor autorizado e que os materiais susceptibles de valoración se reciclarán.

2.4. Non estando previsto no proxecto destinar unha zona para as tarefas de mantemento de equipos e maquinaria, estas realizaranse en talleres autorizados.

2.5. Os lodos obtidos na balsa de decantación xestionaranse de acordo coa lexislación vixente, baleirándoa polo menos cando o seu volume quede reducido á cuarta parte.

3. Sobre o ruído.

3.1. Non se superarán os límites establecidos na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto), e, se é o caso, o establecido polo Concello de Ribadeo.

4. Sobre a atmosfera.

4.1. Os motores de combustión da maquinaria de obras deberán cumpri-los niveis de emisión de gases estipulados polo Decreto 3025/1974, do 9 de agosto, sobre limitación da contaminación atmosférica pro

ducida polos vehículos automóbiles, debendo dispor de documentación que o acredite.

5. Sobre as augas.

5.1. A calidade das augas procedentes da balsa de decantación, previamente á súa incorporación ó medio, deberá cumprir como mínimo coas condicións recollidas na seguinte táboa:

ParámetroValor límiteUnidades

pH5,5-9,5

Sólidos en suspensión 80mg/l

Materiais sedimentables 0,5ml/l

Sólidos grososAusentes

5.2. Para a vertedura, incluso indirecta, ó dominio público hidráulico das augas potencialmente contaminadas deberá obterse autorización de Augas de Galicia.

5.3. No que respecta á canalización do rego de Ramos, esta non poderá impedi-lo movemento da fauna piscícola. No caso de que o calado non sexa o suficiente para permiti-lo paso destas especies, levaranse a cabo solucións alternativas. Estas alternativas primarán o mantemento do leito natural mediante seccións abertas ou, como mínimo, a creación dun novo leito con características similares ó natural.

5.4. Deberase contar coas preceptivas autorizacións e permisos para a afección á zona de dominio público hidráulico previo ó inicio das obras.

6. Sobre o solo.

6.1. Queda expresamente prohibido depositar calquera residuo fóra da superficie de vertedura prevista inicialmente, aínda que sexa con carácter temporal.

7. Sobre o patrimonio cultural.

Tendo en conta que na zona non se teñen localizados depósitos arqueolóxicos e que as obras proxectadas non afectan a ningún ben do patrimonio cultural, non se considera preciso impoñer ningunha condición sobre este aspecto.

8. Sobre a restauración.

8.1. A totalidade da superficie do vertedoiro deberá ser revexetada.

8.2. Para a revexetación das marxes do rego de Ramos na zona que non se canaliza, deberanse empregar especies de ribeira de distintos extractos (Alnus glutinosa, Salix atrocinerea) co fin de favorece-lo medio acuático en xeral.

8.3. As achegas externas de solo deberán contar coa súa procedencia e aptitude debidamente xustificadas, comprobándose o nivel de fertilidade e corrixindo as súas características.

8.4. Procederase á rega regular, fertilización mineral de reforzo anual e resementeira das superficies revexetadas, ata que se asegure a viabilidade da revexetación.

8.5. O desmantelamento proxectado incluirá a restauración da balsa de infiltración e das canles perimetrais.

9. Programa de vixilancia e seguimento ambiental (PVSA).

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Asemade, este programa permitirá detectar e cuantificar diferentes alteracións que non se puidesen prever na avaliación do proxecto, e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

Este programa ten como obxectivo incorporar procedementos de autocontrol por parte do promotor. Tódolos controis realizados no seguimento, así como tódolas incidencias que se produzan, rexistraranse no momento da súa avaliación no libro-rexistro, tal e como se recolle no proxecto.

As analíticas a realizar serán efectuadas por laboratorio homologado segundo métodos oficiais de análise. Este laboratorio deberá realizar tamén a toma de mostras.

A documentación indicada a continuación deberá presentarse por duplicado perante esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

9.1. Informe final de obras:

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos, comprendendo, como mínimo os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta a escala 1:1000 ou maior detalle, en coordenadas UTM onde aparezan os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras.

c) Reportaxe fotográfica da zona, que reflicta o estado final do lugar, prestando especial atención ó estado final da canalización do rego de Ramos e ás medidas correctoras aplicadas. Nestas fotografías deberá indicarse a localización, data e hora da toma.

d) Xustificación da viabilidade da solución adoptada na canalización do rego de Ramos, que deberá cumpri-lo indicado no punto 0.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura e o resultado dos controis. Así mesmo, definirase o responsable do control ambiental requirido no punto 0 desta declaración.

9.2. Informe previo ó inicio da explotación:

Neste informe presentarase documentación acreditativa do inicio do trámite de autorización de vertedura do correspondente organismo de conca, así como da autorización para a canalización do rego.

O Concello de Ribadeo non poderá iniciar a explotación do vertedoiro ata contar co informe favorable desta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre esta documentación.

9.3. Informe de seguimento ambiental durante a fase de explotación:

Presentarase con periodicidade semestral, contado desde a data de inicio da explotación. Conterá unha memoria descritiva dos resultados obtidos nos controis previstos (documento nº 5, estudio de efectos ambientais), acompañada de reportaxe fotográfica (sinalando lugar, data e hora de toma das fotografías) na que se reflicta o estado do vertedoiro e os seus arredores. Hai que sinalar que, no que respecta ás analíticas previstas, incluirase o contido en DQO, e osíxeno disolto.

9.4. Informe de seguimento ambiental para a fase posclausura:

Presentarase con periodicidade semestral, a contar desde a finalización dos traballos. Conterá, como mínimo, a seguinte documentación:

a) Resultados das analíticas de augas propostas no punto 10.2 do documento nº 5, que se realizarán con periodicidade trimestral, e non semestral tal e como se indica no proxecto.

b) Memoria descritiva dos resultados obtidos nos controis previstos (apartado 10.3 do documento nº 5).

c) Reportaxe fotográfica (sinalando lugar, data e hora de toma das fotografías) na que se reflicta o estado do vertedoiro e os seus arredores.

d) Plano en planta a escala 1:1000 ou maior detalle, en coordenadas UTM onde aparezan os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras e revexetación.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, por proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control posclausura, ou á vista dos resultados obtidos, poderá modifica-la frecuencia dos controis que hai que realizar.

10. Condicións adicionais.

10.1. O Concello de Ribadeo poderá solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas permitan acada-los obxectivos e fins que se indican nesta declaración.

Nesta circunstancia, efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, presentando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Esta solicitude remitirase nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada esta declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó promotor o acordo adoptado.

10.2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento desta declaración, o antedito concello deberá designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

10.3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada, deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

10.4. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental, poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

10.5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia poderá dictar en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais a esta declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

10.6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial, das condicións impostas nesta DIA poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

10.7. Esta resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala.

10.8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

O obxecto do proxecto é a apertura dun novo vertedoiro de residuos da construcción e de demolición no concello de Ribadeo, cunha capacidade estimada en 16.213 m e 12 anos de vida útil.

As parcelas sobre as que se actuará sitúanse no núcleo do Valín, na marxe dereita do rego Ramos, a uns 1,25 km aproximadamente do núcleo de Ribadeo. O vertedoiro aproveita o oco xerado pola valgada que forma o curso do rego.

As obras para a apertura do depósito, de acordo co proxectado son:

-Adecuación: desbrozarase a zona e realizaranse movementos de terras para acondiciona-lo fondo do vaso e crea-la explanada de entrada e a balsa de decantación.

-Impermeabilización do substrato: procederase á estensión e compactación dunha capa de arxila no fondo do vaso de 50 cm de espesor e cun coeficiente de permeabilidade de k'10 m/s.

-Sistema de evacuación de pluviais: para evita-la penetración das augas de escorrega externa construiranse dúas cunetas perimetrais. Proxéctase asemade un drenaxe de fondo no vertedoiro, consistente nunha capa de grava de 50 cm entre dous xeotéxtiles cun dren central de PVC, que conducirá as augas a unha balsa de decantación.

-Canalización do rego Ramos: proxéctase a canalización deste rego mediante un marco de 2 m de ancho por 2,5 m de alto.

-Instalacións auxiliares.

-Instalacións de medida e control: instalarase unha báscula que sirva para coñece-lo peso dos entullos e controla-lo ritmo de operación e vertedura.

-Instalacións auxiliares e servicios: o depósito contará cunha oficina con agua e subministración eléctrica.

-Instalacións complementarias: construiranse os accesos e aparcamentos na zona da entrada ó vertedoiro.

Medidas protectoras e correctoras.

Ademais das medidas de corrección de proxecto, prevese a aplicación das seguintes medidas:

-Os motores da maquinaria estarán en perfecta posta a punto.

-Limitarase a velocidade dos camións para reduci-los niveis sonoros. Así mismo, toda a maquinaria estará homologada e cumprirá a normativa sobre ruídos.

-Rega suficiente nas zonas de movemento de terras.

-Limpeza periódica da maquinaria móbil que evite a diseminación de partículas polas vías próximas.

-Os traballos de descarga realizaranse entre as 10 e as 18 horas.

-As reparacións e cambios de aceites realizaranse en talleres autorizados.

-Os aceites procedentes da maquinaria e equipos recolleranse en contedores e entregaranse a xestor autorizado.

-As augas de percolación recolleranse e conduciranse ata unha balsa de decantación.

-Controlaranse as verteduras desta balsa segundo a lexislación vixente.

-Unha vez rematada a explotación, revexetarase toda a zona afectada polo vertedoiro.

-Non se poderán empregar incendios controlados para a eliminación de vexetación.

-Evitaranse os ruídos intensos na época de cria e reproducción das especies anidantes.

Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

Contémplase realizar un programa de vixilancia e seguimento ambiental para a fase de obras, explotación e posclausura, consistente en:

-Fase de obra: control do replanteo, balizamento e sinalización, da xestión de residuos, das augas superficiais, da calidade do aire e procesos erosivos.

-Fase de explotación: control de restricción de accesos e control de entrada, de identificación da carga, da estabilidade, sistema de drenaxe, do sistema de evacuación das augas de percolación e as superficiais, e do estado da vexetación e solo.

-Fase de posclausura: control do sistema de recollida de augas de explotación, asentamento do terreo e da capa de selaxe, e da rexeneración ambiental.

ANEXO II

RESUMO DOS INFORMES

-A Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural emite informe no que conclúe:

-Deberíanse propoñer alternativas de localización do vertedoiro con menores incidencias ecolóxicas, ou unha xustificación da solución adoptada.

-Non se presenta ningún plano que represente a delimitación detallada das parcelas 139 e 140 segundo o catastro.

-As especies piscícolas terían problemas para a estancia e movemento no tramo canalizado do rego de Ramos na época de estiaxe debido á escasa lámina de auga. Por esto deberíase salvagardar o leito existente para evitar estes efectos e minimiza-lo impacto provocado pola realización das obras. Esta solución basearíase en estructuras en forma de U que non afecten ó leito do rego e que se asentarían en zapatas colocadas no borde deste.

-Hai unha indeterminación entre os planos 1, 2 e 3 sobre selaxe e revexetación e os demais planos con relación á lonxitude da canalización do rego de Ramos. Entendendo que a distancia de canalización é de 110 m segundo as medicións, poderíase analiza-la revexetación das marxes restantes do rego con especies de ribeira de distintos extractos (Alnus glutinosa, Salix atrocinera).

-No caso do dimensionamento da balsa de decantación, consideramos máis oportuno aplica-lo método racional modificado.

-Deberíase realizar unha revisión completa do proxecto, prestando especial atención ós nomes científicos.

-A Dirección Xeral de Saúde Público informa favorablemente o proxecto.

-A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural emite informe no que informa favorablemente a Memoria Técnica da Avaliación do Impacto Histórico e Etnográfico do Proxecto de Depósito de residuos da construcción e demolición no Concello de Ribadeo

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental