Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 03 de agosto de 2001 Páx. 10.614

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, da notificación da proposta de resolución do expediente sancionador PO-I-01/68.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona, a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu Regulamento do 23 de decembro.

O denunciado poderá presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, ás alegacións que considere convenientes, participándolle que ten ó seu dispor o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47-5ª planta, (Pontevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 21 de xuño de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-I-01/68.

Denunciado: José María Rodríguez Salgado.

Último domicilio coñecido: plaza da Constitución, 14-3º, 36202 Vigo.

Feito denunciado: abandono dun vehículo na masa forestal.

Precepto infrinxido: artigo 137 e do Regulamento da Lei de incendios forestais.

Precepto sancionador: artigo 139 do Regulamento da Lei de incendios forestais.

Sanción: 50.000 pesetas.