Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se publica a declaración de impacto ambiental do 18 de maio de 2001 do Proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU da Curota, nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal, promovido polos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal e a Subdirección Xeral de Calidade Ambiental.

Antecedentes.

O Real decreto lexislativo 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, estipula que os proxectos públicos ou privados, consistentes na realización de obras, instalacións ou de calquera outra actividade comprendida no anexo II, deberán someterse a unha avaliación de impacto ambiental cando así o decida o órgano ambiental en cada caso.

O proxecto ten como obxecto a adecuación, clausura e selaxe do vertedeiro da Curota, localizado nunha valgada natural do mesmo nome, distante uns 7 km do núcleo de Ribeira e uns 4,5 km da Pobra do Caramiñal. A zona circundante atópase cuberta principalmente por matogueiras de xestas, toxeiras e uceiras, acompañadas nalgunhas zonas por piñeiros e eucaliptos.

Para iso proxéctase o movemento de residuos -co obxecto de diminuí-la acusada pendente do noiro actual e garanti-la súa estabilidade-a recollida de voantes, o peche perimetral e a selaxe superficial cun sistema multicapa formado por (de abaixo a arriba):

-Capa de 20 cm de xabre compactado,

-Xeotéxtil de 300 g/m, para protexe-la capa de impermeabilización.

-Capa de impermeabilización de lámina PEAD texturizada, de 1,5 mm de espesor.

-Xeocomposto drenante,

-Capa de cobertura, formada por 70 cm de solo seleccionado e 30 cm de terra vexetal.

Así mesmo, prevese instalar un sistema de captación de gases -formado por 15 pozos- conectados cunha unidade de aspiración e combustión; un sistema para a captación e control de lixiviados e realiza-las obras de drenaxe necesarias para recoller e evacua-la auga de chuvia.

No anexo I resúmese a situación actual e a prevista trala execución do proxecto, ademais das medidas correctoras previstas no estudio ambiental presentado.

En virtude do establecido no artigo 5 punto 2º do mencionado Decreto 442/1990, someteuse ó trámite de información pública, polo prazo de 30 días, o estudio ambiental do proxecto de adecuación,

selaxe e clausura do vertedoiro de RSU da Curota, mediante Resolución do 24 de xaneiro de 2001, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 62, do 28 de marzo. O resultado deste trámite recíbese o 16 de maio de 2001, tendo constancia da presentación dunha alegación nesta dirección xeral, recollida no anexo II desta declaración.

A antedita alegación foi tida en conta, no que procede, nos puntos 4 e 7 da presente declaración.

O 26 de xaneiro de 2001 consúltase ás direccións xerais de Saúde Pública e de Montes e Medio Ambiente Natural.

Realizada a tramitación, conforme se establece no Decreto 442/1990, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no exercicio das súas competencias, formula para os únicos efectos ambientais a declaración de impacto ambiental do proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro da Curota, nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal (A Coruña), promovido pola Subdirección Xeral de Calidade Ambiental e os concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal.

O órgano substantivo e ambiental para este proxecto é a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

No cumprimento das condicións desta DIA terase en conta que, segundo o convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e os concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal a adecuación, a obriga de asumi-lo mantemento e conservación das obras unha vez recibidas será dos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Durante a fase de obras, esa obriga recaerá na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Declaración de impacto ambiental.

Examinada a documentación que constitúe o expediente, entre a que se atopa o documento titulado Proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro de RSU da Curota, Ribeira e A Pobra do Caramiñal (A Coruña). Maio, 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolve establecer pola presente declaración de impacto ambiental as condicións indicadas a continuación, de xeito que xunto coas incluídas no estudio ambiental asegure a minorización dos posibles impactos ambientais negativos, e co fin de que a realización do proxecto poida considerarse ambientalmente viable.

No caso de que exista contradicción entre o establecido no estudio ambiental presentado e a presente declaración, prevalecerá o disposto nesta última.

Condicionado.

1. Ámbito da declaración.

A presente declaración de impacto ambiental refírese en exclusiva ó proxecto de adecuación, selaxe e clausura do vertedoiro da Curota, nos concellos de Ribeira e A Pobra do Caramiñal (A Coruña).

2. Sobre o nivel sonoro ambiental.

Na fase de realización das obras de selaxe, haberá que aterse ó disposto na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica (DOG do 20 de agosto), así como o disposto, se é o caso, nas ordenanzas municipais ó respecto.

3. Sobre a calidade do aire.

Nos procesos de escavación de residuos procederase á súa aireación, co obxecto de evitar explosións.

4. Sobre as augas.

Solicitarase autorización de Augas de Galicia para realiza-las actuacións previstas no regato existente ó pé do noiro.

As regas previstas para evita-la emisión de po efectuaranse de xeito que se humecte o solo, pero non se formen encharcamentos nin regatos. Este aspecto tamén deberá ser tido en consideración durante os movementos de terras e residuos.

As augas residuais xeradas nos servicios hixiénicos destinados ós operarios de obra conduciranse a un sistema de depuración de augas fecais que garanta o seu axeitado tratamento.

Na incorporación das augas de escorrega interceptadas polo sistema de drenaxe adoptaranse as medidas que resulten necesarias para impedir que se produzan fenómenos erosivos.

Durante a etapa de postclausura do vertedeiro controlarase o volume acadado na balsa de lixiviados, incrementando de se-lo caso a periodicidade do traslado á EDAR.

5. Sobre o solo.

Queda expresamente prohibido depositar calquera residuo fóra dos terreos do vertedoiro.

Os materiais sobrantes de escavacións, os residuos da obra e calquera outro elemento contaminante, xestionaranse de acordo coa súa natureza e coa lexislación vixente. No caso de pertencer ós clasificados como non perigosos, e non poder eliminarse no propio vertedeiro, dispoñeranse os medios necesarios para a súa recollida en contedores axeitados que se entregarán a un xestor autorizado, que se fará cargo deles. Mentres non se produza a entrega ó xestor, estes contedores almacenaranse nun lugar debidamente sinalizado.

6. Sobre a restauración.

As achegas de terra vexetal deberán contar coa súa procedencia e aptitude debidamente xustificadas.

7. Sobre a protección e control de accesos.

O acceso de persoas deberá estar controlado, tanto na fase de realización das obras de adecuación e

selaxe, como na fase posclausura. Así mesmo, aplicaranse as medidas precisas para detectar e disuadi-la vertedura ilegal no encalve.

8. Programa de Vixilancia e Seguimento Ambiental (PVSA)

O obxecto deste programa é o de garantir ó longo do tempo o cumprimento das medidas protectoras e correctoras previstas na documentación avaliada e no condicionado desta declaración. Este programa debe permitir detectar e corrixir diferentes alteracións que non se puidesen prever no estudio ou no condicionado da declaración, permitindo determinar ou cuantificar impactos e levar a cabo novas medidas correctoras acordes coas novas problemáticas xurdidas.

8.1. Informe final de obras.

Presentarase antes dun (1) mes desde o remate dos traballos, comprendendo, como mínimo os seguintes elementos:

a) Data de finalización das obras.

b) Plano en planta a escala 1:200 ou maior detalle, en coordenadas U.T.M. onde aparezan os elementos construídos e as zonas onde se realizaron medidas protectoras ou correctoras, así como a localización exacta dos dispositivos de control.

c) Reportaxe fotográfica da zona, que reflicta o estado final do lugar.

d) Documentación acreditativa da entrega a xestor autorizado dos residuos producidos durante a obra, e que non puideron ser obxecto de depósito no vertedoiro.

e) Definición de imprevistos e continxencias acontecidas durante a realización das obras, así como memoria das medidas adoptadas para o control de acceso e vertedura.

8.2. Informe de seguimento ambiental.

Presentarase con periodicidade semestral, contado desde o final das obras e ata que esta dirección xeral informe da súa finalización. O seu contido será o indicado no programa de vixilancia ambiental proposto no punto 10 do estudio ambiental, realizando as analíticas dos lixiviados previamente ó seu tratamento e presentando documentación que acredite a entrega dos lixiviados á EDAR.

Se durante o período de control posclausura se producise unha variación significativa na calidade das augas superficiais ou nos lixiviados, ou un incremento importante na producción destes últimos, deberá notificarse inmediatamente a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, a proposta motivada da entidade encargada do mantemento e control posclausura, ou á vista

dos resultados obtidos, poderá modifica-la lista dos parámetros a controlar, así como a frecuencia dos controis a realizar.

9. Condicións adicionais.

1. Os concellos de Ribeira e/ou A Pobra do Caramiñal poderán solicitar ó órgano ambiental a revisión das medidas sinaladas co obxecto de modificalas ou cambialas por outras, naqueles supostos que tecnoloxicamente presentasen graves dificultades para a súa implantación ou implicasen modificacións importantes no desenvolvemento da actividade, e sempre e cando as novas medidas propostas, permitan acada-los obxectivos e fins que se indican na presente declaración.

Nesta circunstancia, efectuarase a solicitude á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, achegando a documentación técnica que xustifique as novas medidas propostas. Estas solicitudes remitiranse nun prazo máximo dun (1) mes despois de ser notificada a presente declaración. Unha vez recibida a solicitude e documentación mencionadas, o órgano ambiental avaliaraas e comunicaralle ó promotor o acordo adoptado.

2. Co obxecto de acada-la máxima coordinación e eficacia no cumprimento da presente declaración, os anteditos concellos deberán designar un responsable deste, notificando o seu nomeamento a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

3. Calquera cambio que se pretenda introducir respecto da documentación avaliada deberá ser notificado previamente a esta Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, quen o avaliará e informará se procede ou non a modificación da declaración ou a iniciación dun novo trámite de avaliación ambiental.

4. Se unha vez emitida esta declaración, se manifestase algún outro tipo de impacto, severo ou crítico sobre o medio ambiente, a Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental poderá suspender cautelarmente a actividade ata determina-las causas que xeran os mencionados impactos, e ata que sexan corrixidas.

5. Esta dirección xeral, por iniciativa propia poderá dictar, en calquera momento e para os únicos efectos ambientais, condicionados adicionais á presente declaración en función dos resultados que se obteñan tanto no desenvolvemento das obras como da fase posterior, ou ante a manifestación de calquera tipo de impacto non previsto actualmente.

6. Así mesmo, o incumprimento total ou parcial, das condicións impostas nesta DIA, poderá ser causa suficiente para proceder á solicitude de peche cautelar e adopta-las medidas oportunas en cumprimento da legalidade vixente.

7. A presente resolución, adoptada por esta dirección xeral, non exime de solicitar tódolos permisos necesarios ós organismos competentes, para levar a cabo a actividade ou modificala.

8. Cumpriranse tódalas disposicións que se dicten con posterioridade, en relación con este tipo de actividades.

ANEXO I

RESUMO DO PROXECTO

Localización e descrición do vertedoiro

LocalizaciónLugar da Curora, distante 7 km do núcleo de Ribeira e 4,5 km da Pobra do Caramiñal

Superficie a selar30.806 m de noiros e 15.100 m de zonas planas

Volume de residuos actual287.978 m

Volume de residuos a selar305.478 m

Tipos de residuosRSU asimilables e industriais

(principalmente industria conserveira)

Tipo de vertedoiroTerraplén

Uso de vertedoiro20 anos

Situación actual e situación prevista

coa realización do proxecto

Situación actualProxecto

LixiviadosFondo impermeabilizadoNonNon
Drens lixiviadosNonSi
Captación de lixiviadosNonSi
TratamentoNonEdar da Pobra do Caramiñal
GasesDrensNonSi
CaptaciónNon15 pozos con extracción activa
TratamentoNonCombustión
PluviaisFoxos de recollida perimetralNonSi
Punto de vertidoNonCuneta da estrada de acceso e valgada, ó pe do noiro de vertido
CubertaLámina/capa impermeableNonSi
Terra vexetalNonSi
VexetaciónNonSi
EstabilidadeEstabilidadeNonNoiros 3H:1V e bermas de 6 m de largura
AccesosPosibilidade de accesoSiAcceso controlado
Vixilancia

ambiental

Plan de vixilancia ambientalNonSi

Resumo de medidas preventivas, protectoras e conrrectoras.

Na fase de execución das obras:

-Sobre a atmosfera.

Mantemento dos motores da maquinaria.

Limitación da velocidade dos camións.

Utilización de maquinaria homologada e que cumpra coa normativa existente sobre emisión de ruídos.

Rega das distintas zonas, especialmente nos períodos máis secos.

Establecemento dun procedemento de limpeza periódica de camións e maquinaria móbil que evite o arrastre de partículas e a diseminación de sedimentos polas vías de comunicación próximas.

-Sobre o solo.

Retirada e amoreamento da terra vexetal existente nas áreas do vertedoiro, dispoñendo das medidas necesarias para evitar afeccións, e protexendo estes amoreamentos fronte a deslizamentos e perda por escorrega.

Realización das reparacións e cambios de aceite de vehículos en talleres autorizados.

Recollida en contedores e entrega a xestor autorizado dos aceites provenientes dos equipos e maquinaria.

Modificación da morfoloxía do vertedoiro, co obxecto de acada-la súa estabilidade.

-Sobre as augas.

Recollida dos lixiviados e conducción á EDAR da Pobra do Caramiñal.

Instalación dun sistema de seguridade na balsa de lixiviados, para impedir rebordamentos.

Manterase limpa a cuneta de drenaxe deseñada para permitir que desaugue a totalidade da auga de escorrega e non se produzan retencións nin desbordamentos.

-Sobre a vexetación.

Afectarase á mínima vexetación necesaria para a execución do proxecto, coidando a súa selección. En todo caso, nunca se afectará vexetación fóra da zona abranguida polo proxecto.

Revexetarase a zona con especies arbustivas e herbáceas presentes na zona, e instalarase unha pantalla de piñeiros na fronte e pé do noiro inferior.

-Sobre a fauna.

Evitarase, na medida do posible, os ruídos intensos e vibracións na época de cría e reproducción das especies aniñantes, elixindo, para efectua-las obras que entrañen estas afeccións, as épocas estivais como máis axeitadas ou propicias para iso.

-Sobre a paisaxe.

Plantarase unha pantalla arbórea de piñeiros na fronte e no pé do noiro, co obxecto de que actúe como barreira visual.

Medidas de proxecto:

-Sobre a atmosfera.

Coa clausura do vertedoiro eliminaranse os procesos de combustión continua á que se ven sometidos os residuos, o que redundará nunha mellora da calidade do aire na zona.

O biogás extraerase a través de pozos verticais, mediante un sistema activo, para posteriormente pasar a fachos.

A recollida e tratamento de lixiviados eliminará os cheiros actuais debidos á súa incorporación ás augas de escorrega e ó manancial.

-Sobre o solo e as augas.

Reducirase a taxa de producción de lixiviados mediante o corte da entrada vertical de augas de infiltración á masa de residuos, e mediante a estimulación dos procesos de desgasificación do vertedoiro.

Recollida dos lixiviados, mediante a construcción de gabias de drenaxe ata unha balsa.

-Sobre a fauna.

Coa creación de novos hábitats, que facilita a restauración e revexetación do vertedoiro, producirase unha progresiva utilización destes espacios por especies máis esixentes e en condicións de maior naturalidade, ó tempo que se evita en gran medida o risco da presencia de vectores e pragas.

-Sobre a paisaxe.

O conxunto das medidas comentadas permitirá a integración paisaxística da zona recuperada.

-Sobre a socioeconomía.

Coa execución do proxecto elimínanse os riscos para a saúde das persoas motivada pola presencia do vertedoiro, ó tempo que se produce un aumento no valor económico de terreos próximos e a súa recuperación para outros usos.

Trala execución do proxecto:

Formúlase a realización dun programa de vixilancia ambiental que comprenda actuacións de control durante a fase de obras (control do replanteo, balizamento e sinalización de obras, permeabilidade territorial, ocupación do terreo, xestión de residuos, calidade do aire, procesos erosivos e revexetación) e postclausura (control de augas, lixiviados e gases).

ANEXO II

Severino Romero Davila, concelleiro e responsable local do BNG da Pobra do Caramiñal, presenta escrito no que recolle as seguintes alegacións:

Realiza-lo peche perimetral completo de todo o recinto cos elementos precisos, garantindo a seguridade das persoas e das instalacións. Presta-la máxima atención á seguridade daqueles elementos perigosos que poden comportar riscos (caídas, intoxicacións, incendios e explosións), como son as gabias

e o depósito de lixiviados, os conductos de gas e a torre de combustión.

Incrementa-la frecuencia de recollida de lixiviados a dúas veces por semana durante o primeiro ano ou durante o tempo que sexa preciso para evitar rebordamentos. Illa-las gabias de captación e canalización dos lixiviados das augas pluviais e a interacción coa fauna entubándoas e apantallándoas, garantindo a estanqueidade do depósito que debe ser pechado.

Garanti-la co-responsabilidade dos dous concellos de xeito que o transporte e tratamento dos lixiviados se leve a cabo nas instalacións depuradoras de Ribeira e A Pobra do Caramiñal alternativa e proporcionalmente (en frecuencia e volume), en función da cantidade total de refugallos achegados por cada un dos concellos durante a vida útil do vertedoiro.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental