Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 02 de agosto de 2001 Páx. 10.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador P-179/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico

das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ás personas que no anexo se mencionan, as resolución dos ditos expedientes, por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución, e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fora presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 90/3110001181, da Caixa Galicia (2091) oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase o seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no prágrafo anterior.

Pontevedra, 22 de xuño de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-179/2000.

Denunciado: Tirso Martín García Álvarez, domicilio Celso Emilio Ferreiro, 5-3º, Monforte de Lemos (Lugo).

DNI: 34238686.

Feitos denunciados: pescar sen licencia. O denunciado atopábase coa cana na beira do río e o engado dentro da auga. O denunciado alega que ten a licencia pero a esqueceu. Négase a asinar. No río Umia o día 16 de xullo de 2000.

Data do acordo da incoación: 11-10-2000.

Data da proposta de resolución: 27-2-2001.

Proposta: sancionar a Tirso Martín García Álvarez coa multa de 50.001 pesetas (300,51 euros) e inhabilitación para obte-la licencia de pesca e para o exercicio da dita actividade durante o período de 1 ano.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar sen a correspondente licencia de pesca.

Precepto infrinxido: 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 50.001 pesetas (300,51 euros).

Inhabilitación: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante 1 ano.