Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.430

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (191/2001).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 191/2001, por instancia de Manuel Gómez Fiallo e outras contra María del Carmen Pampín Balo sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 25 de xuño de 2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Manuel Gómez Fiallo, Ana María Paz Segade, Lidia Amil Naya, Verónica Matilde Borges Gómez y Concepción González Vidal, contra a empresa Mª del Carmen Pampín Balo, condeno a esta a aboarlles a cantidade de 208.564 pesetas a Manuel Gómez Fiallo, 208.564 pesetas a Anta Mª Paz Segade, 208.564 pesetas a Lidia Amil Naya, 204.873 pesetas a Verónica Matilde Borges Gómez y 208.564 pesetas a Concepción González Vidal, que lles adebeda en concepto de salarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa María del Carmen Pampín Balo, expido e asino a presente cédula na Coruña, 25 de xuño de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado