Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (741/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 741/2000 por instancia de José Manuel López Bermúdez contra Conberga, S.L. e outra sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data 25 de xuño de 2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por José Manuel López Bermúdez condeno á empresa Conberga, S.L. e Corsan-Corviam Constructora, S.A. a que de forma solidaria lle aboen a cantidade de 105.479 pesetas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe recurso ningún.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Conberga, S.L.,

expido e asino a presente cédula na Coruña, 25 de xuño de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado