Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.429

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (956/2000).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 956/2000, seguidos pola instancia de Ana

V. Rodríguez González contra Isabel Rico, S.L. y otros, sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 19-4-2001, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Ana Vanesa Rodríguez González, contra as empresas Isabel Rico, S.L., División Estética Pool, S.L. e María Isabel Rico Rodríguez, debo condenar e condeno as ditas demandadas a que conxunta e solidariamente fagan o pagamento á demandante da suma de 127.500 pesetas.

Así, por esta miña sentencia, contra a que non cabe recurso, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a María Isabel Rico Rodríguez e División Estética Pool, S.L. que tiveron o seu último enderezo coñecido en xuño, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña, 21 de xuño de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado