Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 31 de xullo de 2001 Páx. 10.430

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 22 de xuño de 2001, do Servicio de Informes e Recursos da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00230-I-2001).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo, iniciáronse cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste de alegaren por escrito perante este Servicio de Informes e Recursos o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ó da publicación desta cédula.

Para que conste, para que lles sirva de notificación ós citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2001.

Alberto Eiras Martínez

Xefe do Servicio de Informes e Recursos

da Dirección Xeral de Transportes

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00230-I-2001

PO-2920-BG

3325183846L145100492

Adolfo Domínguez Vázquez

Cornazo, 8

360 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Realizar transporte público regular de uso especial (escolar) no colexio de educación especial Vilagarcía de Arousa, co vehículo matrícula PO-2920-BG provisto dunha autorización de transportes da clase VT-nacional, carecendo da preceptiva autorización administrativa especial para realizar transporte escolar.

25-5-2001; 9.05

Art. 89 Lei 16/1987, art.

105 R.D. 1211/1990 e

R.D. 2296/1983

Art. 143 Lei

16/1987, 201 R.D.

1211/1990

100.000 ptas.