Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.392

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 12 de xuño de 2001, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se resolve a clasificación dos montes pertencentes ás parroquias de San Pedro de Cesantes e do Viso, ámbalas dúas do concello de Redondela.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co diposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que:

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra dictou a seguinte resolución:

Asistentes.

Presidente: José Luis Díez Yáñez (delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente).

Vocais:

Luis Mª Muíños Vidueira (letrado da Asesoría Xurídica da Xunta).

Isabel Catoira Lamela (avogada polo colexio da provincia).

Teodoro Arribas Serrano (xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais).

Vocais representantes da parroquia de San Pedro de Cesantes do concello de Redondela.

Abdón Escariz Vázquez.

Fermín Míguez Cabaleiro.

Vocais representantes da parroquia do Viso do concello de Redondela.

José García Cabaleiro.

Claudino Cabaleiro Vidal.

Secretaria: Mª José León Gómez (xefa do Servicio Técnico-Xurídico da Delegación de Medio Ambiente).

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día trinta de maio do 2001, coa asistencia das persoas á marxe indicadas, reúnese na 3ª planta do edificio sito no nº 47 da rúa Benito Corbal o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común co obxecto de decidir sobre a clasificación dos montes das parroquias de San Pedro de Cesantes e do Viso, ámbalas dúas do concello de Redondela.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O presidente da xunta provisional de montes veciñais en man común da parriquia de San Pedro de Cesantes do concello de Redondela, instou en data 5 de maio de 1993 a clasificación dos montes Cabaleiro ou Cova da Serpe, Da Mina, Da Rega, Carballiño e Baldío das Laxes, acordando o xurado en reunión de data 12 de xullo de 1993 a incoación de expediente de clasificación co número 4/1993.

Segundo.-O presidente da comunidade de montes veciñais en man común da parroquia do Viso do concello de Redondela, instou en data 2 de novembro de 1993 a clasificación dos montes Puntal, Cabaleiro, Dabaixo e Da Gándara, acordando o xurado en reunión de data 7 de xuño de 1994 a incoación de expediente de clasificación co número 7/1993.

Terceiro.-O xurado provincial, en reunión do 18 de novembro de 1996, acordou a acumulación de ámbolos dous expedientes de clasificación.

Cuarto.-Cumprida e observada a tramitación legal e regulamentariamente esixida, procedeuse á apertura do trámite de audiencia, formulándose oposición á clasificación solicitada por parte de ámbalas dúas comunidades.

Quinto.-Polo que afecta ás parcelas das que se propón a súa clasificación, obedecen á seguinte descrición:

-Na parroquia de San Pedro de Cesantes:

Nome do monte: monte Cabaleiro.

Cabida: 7,55 ha aproximadamente.

Lindes:

Norte: monte Cabaleiro da parroquia do Viso.

Sur: propiedades particulares de Fermín Míguez Cabaleiro, Juan Pérez Míguez, Flor Pérez Míguez e herdeiros de José Vidal Lorente e outros.

Leste: propiedades particulares de Domingo Pérez Míguez, José Cabaleiro Amoedo, Manuel Fernández Lago e outros.

Oeste: herdeiros de Herminia Rei, Domingo Cabaleiro e outros.

Nome do monte: monte da Mina.

Parcela norte.

Cabida: 1,62 ha aproximadamente.

Lindes:

Norte: propiedade particular de Crisanto Bouzán Martínez.

Sur: monte da Mina.

Leste: herdeiros de Lucinda Míguez López, Manuel Estévez Rodríguez, Joaquín Martínez Bouzán e monte da Mina.

Oeste: Camiño de Santiago Portugués.

Parcela sur.

Cabida: 0,45 ha aproximadamente.

Lindes:

Norte: camiño e monte da Mina.

Sur: propiedade particular de Elisa Vidal Rincón e herdeiros de Soteliño e outros.

Leste: camiño e monte da Mina.

Oeste: Camiño Portugués de Santiago.

Nome do monte: monte Boa Vista.

Parcela norte.

Cabida: 1,86 ha aproximadamente.

Lindes:

Norte: parroquia de Ventosela (San Martiño).

Sur: propiedade particular de Honorato Couñago Rivas e camiño.

Leste: parroquia de Ventosela e propiedades particulares de Honorato Couñago Rivas e Manuel Soto, camiño e outros.

Oeste: propiedades particulares de Porfiria Collazo Castelán, Manuel Pérez, Manuel Soto Soto e outros.

Parcela sur.

Cabida: 3,48 ha aproximadamente.

Lindes:

Norte: propiedade particular de Honorato Couñago Rivas e outros.

Sur: propiedades particulares de Carlos Crespo Fontán, Raúl Rivas Cabaleiro e outros.

Leste: propiedades particulares de Antonia Vidal Míguez, José Amoedo Táboas e outros.

Oeste: propiedades particulares de Claudio Míguez Barreiro, Francisco Montes Barbeito e outros.

-Na parroquia do Viso:

Nome do monte: monte Puntal.

Cabida: 0,61 ha aproximadamente.

Lindes:

Norte: Concello de Soutomaior.

Sur: propiedades particulares de M. Pérez, Josefa Martínez, FF.CC. e outros.

Leste: camiño.

Oeste: propiedade particular de Juan Sobral.

Nome do monte: monte Cabaleiro.

Cabida: 4,75 ha aproximadamente.

Lindes:

Norte: propiedades particulares de Emilia Taboada Lac., Manuel Fernández Pouzón e outros.

Sur: monte Cabaleiro da parroquia de San Pedro de Cesantes.

Leste: propiedades particulares de Domingo Pérez Míguez, José Cabaleiro Amoedo, Manuel Fernández Lagoa e outros.

Oeste: alargamento estrada Pontevedra-Vigo, estrada local a Souto Susto.

Nome do monte: monte Gándara.

Cabida: 1,79 ha aproximadamente.

Lindes:

Norte: camiño e propiedade particular de Manuel Vidal Soto.

Sur: camiño e propiedade particular de Celso López Guillán.

Leste: propiedades particulares de Domingo López Martínez, Lucía Vidal Cabaleiro e outros.

Oeste: propiedades particulares de Emilio Martínez Vidal, Armando Lago Martínez e outros.

Sexto.-A tarefa que compete ó xurado é, conforme reiterada xurisprudencia en interpretación da normativa sobre montes veciñais en man común, analizar como cuestión de feito, a pertenza dos montes dos cales se propón a clasificación ós vecinos agrupados en parroquias, aldeas, lugares, e, doutra parte, o aproveitamento consuetudinario e exclusivo deles polos integrantes das ditas agrupacións, en réxime de comunidade xermánica, coa correspondente valoración para iso da proba.

Sétimo.-No presente expediente de clasificación, a dificultade está tanto nos títulos e documentación achegada, como na identificación dos montes Cabaleiro e Da Mina, por canto os lindeiros da documentación do expediente non só son de difícil interpretación senón que ademais algúns non concordan cos da petición. Para intentar clarificar a situación, elaboraronse informes polo Servicio de Montes e Industrias Forestais, sendo o último de data 19-7-1999, un estudio intenso con reformulación das áreas de monte a clasificar dada a súa dificultade. É clarificadora a descrición dos montes en relación á planimetría do século pasado do enxeñeiro Genaro de Mira. En relación co monte Da Mina, xa no informe de data 2-1-1999 este é coincidente co Monte de Abaixo, incluíndose na dita planimetría do século pasado a súa pertenza á parroquia de San Pedro de Cesantes.

Fundamentos de dereito.

1. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten a competencia para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

2. A teor do recollido no citado artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, o feito que exclúe ou xustifica a clasificación como veciñal dun determinado monte, en vía administrativa, é a circunstancia de terse demostrado efectivamente o aproveitamento veciñal do dito monte, reservándose á xurisdicción civil ordinaria os temas de dominio e demais dereitos reais sobre o monte.

3. De conformidade co establecido no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, así como no artigo 1 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, cómpre entender por montes veciñais en man común «... os terreos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades productivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa cualidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e os veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade, sen asignación de cotas, os membros daquelas na súa condición de veciños».

En consecuencia, vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o seu Regulamento aprobado por Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e demais preceptos legais e regulamentarios de xenérica e específica aplicación ó caso examinado, proponse pola instructora e de maneira unánime o xurado

ACORDA:

1. Clasifica-los montes Cabaleiro (parte sur), Da Mina e Boa Vista a favor dos veciños da parroquia de San Pedro de Cesantes do concello de Redondela, correspondéndose coa planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable da presente resolución, e de acordo coa descrición, cabida e lindes sinalados no antecedente de feito quinto, así como clasifica-los montes Cabaleiro (parte norte), Gándara e Puntal a favor dos veciños da parroquia do Viso do concello de Redondela, correspondéndose coa planimetría elaborada para o efecto polo Servicio de Montes e Industrias Forestais que forma parte inseparable da presente resolución, e de acordo coa cabida, descrición e lindes sinalados no antecedente de feito quinto.

2. Non clasifica-los montes Da Rega, Carballiño e Baldío das Laxes solicitados a favor da parroquia de San Pedro de Cesantes por non reuniren os requisitos esixidos polo artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e no artigo 2 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro,

polo que se aproba o regulamento para a execución da citada lei; e non clasifica-lo monte Dabaixo solicitado a favor da parroquia do Viso por coincidir co monte da Mina clasificado como veciñal en man común a favor dos veciños da parroquia de San Pedro de Cesantes.

Contra a presente resolución que poñen fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso de reposición con carácter potestativo ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra no prazo dun mes, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da presente notificación, de acordo co disposto nos artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Pontevedra, 12 de xuño de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra