Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.395

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 27 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, sobre notificación da incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei de pesca fluvial OU-053/01P e dous máis.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás personas que nos anexos se mencionan a incoacción de expediente sancionador por presuntas infraccións á Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151 do 5 de agosto) e do seu regulamento aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

Noméase instructora do expediente a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo, 18-5º, e achega-las alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes na súa defensa, e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenden valerse.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.

Ourense, 27 de xuño de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente/ano: OU-065/01P.

Denunciado, DNI: Julián Fuertes Rancaño, 52590585.

Último enderezo coñecido: pza. Daniel González, 6-2º C, Ourense (Ourense).

Feito denunciado: pescar en luns, día inhábil. Pescar sen porta-la documentación preceptiva aínda sendo titular dela.

Precepto infrinxido e sancionador: Lei pesca fluvial Galicia 7/1992 art. 33.1º e 33.9º.

Sanción pesetas: 15.000.

Expediente/ano: OU-053/01P.

Denunciado, DNI: Raúl Mejuto Guntín, 34224208.

Último enderezo coñecido: Ramón Puga, 16-2º, Ourense (Ourense).

Feito denunciado: pescar en luns, día inhábil para a pesca.

Precepto infrinxido e sancionador: Lei pesca fluvial Galicia 7/1992 art. 33.9º.

Sanción pesetas: 10.000.

Expediente/ano: OU-056/01P.

Denunciado, DNI: Sergio Méndez Gándara, 34951755-N.

Último enderezo coñecido: r/ Escultor Faílde, nº 12-5º A, Ourense (Ourense).

Feito denunciado: pescar a mais distancia da permitida regulamentariamente (uns 10 metros).

Precepto infrinxido e sancionador: Lei pesca fluvial Galicia 7/1992 art. 33.3º.

Sanción pesetas: 10.000.