Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos sinalados no anexo, as propostas de resolución de desafiuzamento acordadas pola instructora dos
expedientes do IGVS da Coruña por non destina-las vivendas a domicilio habitual e permanente dos beneficiarios ou arrendatarios, causa suficiente de desafiuzamento conforme o disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lexislación de VPO, e 138.6º do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo.
Concédese un prazo de 15 días hábiles desde o seguinte ó da publicación desta cédula para a contestación perante este Servicio Provincial do IGVS da Coruña alegando por escrito canto consideren conveniente para a súa defensa. Transcorrido o dito prazo elevaranse as actuacións ó órgano competente para a súa resolución.
Para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 21 de xuño de 2001.
Mª Teresa Morán Calero
Xefa da Área Provincial da Coruña
ANEXO
Nº expediente de desafiuzamento: 1/2001.
Expedientada: Josefa Vázquez Ramos e herdeiros.
Ultimo domicilio coñecido: Fernando VI. bloque 2, P-2, 4º D (Ferrol).
(Expediente C-81/050, conta 92).
Nº expediente de desafiuzamento: 7/2001.
Expedientada: Francisca Trillo Barbeito e herdeiros.
Último domicilio coñecido: Barrio das Flores, r/ Azahar, bloque 48, P-4, baixo D (A Coruña).
(Expediente C-136-CD/63, conta 1566).
Nº expediente de desafiuzamento: 11/2001.
Expedientada: Ramona López Pena e herdeiros.
Ultimo domicilio coñecido: r/ Fernando VI, bloque 2, P-2, 2º D, polígono de Esteiro (Ferrol).
(Expediente C-81/050, conta 84).