Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 30 de xullo de 2001 Páx. 10.360

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 24 de xullo de 2001 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de garantía social, ciclos formativos de grao medio, ciclos formativos de grao superior e formación profesional de segundo grao.

A Orde do 22 de xaneiro de 2001 (DOG do 24 de xaneiro) dictou as normas para a aplicación, a partir do curso académico 2001-2002, do réxime de concertos educativos previstos na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos.

Vistas as solicitudes presentadas polos titulares dos centros privados concertados, cumpridos tódolos trámites previstos na citada orde e tendo en conta a proposta formulada pola dirección xeral de centros e inspección educativa.

Esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Aproba-los concertos educativos cos centros docentes privados que se relacionan nos anexos desta orde.

1. Os concertos educativos correspondentes ás unidades de educación primaria e educación secundaria obrigatoria, anexo I, concertaranse en réxime xeral e terán unha duración de catro (4) anos.

2. Os concertos educativos correspondentes ás unidades de educación especial, anexo II, asinaranse polo réxime de concertación xeral e terán unha duración de catro (4) anos.

3. Os concertos educativos correspondentes ás unidades de ciclos formativos de grao medio asinaranse polo réxime de concertación xeral, segundo se reflicte no anexo III, cunha duración de catro (4) anos; así mesmo, no anexo III-bis, quedan reflectidos os ciclos formativos de grao medio de duración 1.300 ou 1.400 horas nos que a formación en centros de traballo se realizará nos meses de setembro a novembro de 2001. Os módulos económicos ateranse ó establecido no artigo 13 da Lei 13/2000, do 28 de decembro (BOE do 29 de decembro), dos orzamentos xerais do Estado para 2001.

Os concertos dos Programas de Garantía Social, sinalados no anexo IV, efectuaranse con base en 32 horas semanais e os gastos de funcionamento serán da mesma contía cós que lles correspondesen ás unidades de formación profesional de primeiro grao que se transforman.

Os concertos dos ciclos formativos de grao superior, sinalados no anexo V, efectuaranse con base en 35 horas semanais e os gastos de funcionamento serán da mesma contía cós que lles correspondesen ás unidades de formación profesional de segundo grao que se transforman.

4. Os concertos educativos correspondentes ás unidades de formación profesional de segundo grao, que terán unha duración dun (1) ano, subscribiranse con carácter de réxime singular nos térmos que se especifican no anexo VI. Así mesmo, percibirán un financiamento complementario para os gastos de funcionamento, tendo en conta o establecido no artigo 13 da Lei 13/2000, do 28 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para 2001.

5. Ós centros que se reflicten no anexo VII dotaráselles da financiamento, polo número de horas que nel se especifica, dos servicios de orientación educativa a que se refire a disposición adicional terceira.3 da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro.

Segundo.-Mante-lo convenio educativo para o curso 2001-2002, suscrito ó abeiro da disposición adicional sétima do Real decreto 2377/1985, co centro Calvo Sotelo, dependente da Deputación Provincial da Coruña. Así mesmo establécese un convenio educativo co centro Hogar Provincial Príncipe Felipe dependente da Deputación Provincial de Pontevedra, tendo en conta a mencionada disposición adicional sétima.

Terceiro.-No caso de unidades concertadas con carácter singular os centros poderán percibir dos alumnos, en concepto de financiamento complementario, a cantidade de 3.200 pesetas/alumno/mes durante 10 meses.

Cuarto.-O documento administrativo de formalización do concerto educativo, anexo VIII, será asinado polo titular da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e polo titular do centro privado ou persoa con representación debidamente acreditada.

Se o titular do centro privado non subscribise o documento de formalización na data que se lle notifique, entenderase decaído no seu dereito.

Quinto.-Esta orde terá efectos económicos e administrativos do 1 de setembro de 2001.

Sexto.-Contra esta disposición, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO VIII

Modelo de documento de formalización de concerto educativo

Santiago de Compostela o ... de ... de ...

Dunha parte:

D ... conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria.

Doutra parte:

D ... na condición de titular/representante legal do centro do cal se expresan a continuación os datos:

Denominación: ... Código: ...

Enderezo: ... Localidade: ...

Concello: ... Provincia: ...

A teor do disposto nos artigos 3.2º e 25 do Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, aprobado por Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (no sucesivo regulamento), e de acordo coa Orde do ...

ACORDAN:

Renovar/Subscribi-lo concerto educativo, de acordo coas seguintes cláusulas:

Primeira.-Este concerto educativo ten por obxecto o sostemento do centro privado con fondos públicos para a prestación do servicio público da educación nos termos previstos na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, modificada pola Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes. Polo este concerto o centro asume as obrigas establecidas nas devanditas leis orgánicas, no regulamento, na Orde do 22 de xaneiro de 2001, pola que se dictan normas para a aplicación do réxime de concertos educativos a partir do curso académico 2001-2002, así como nas demais normas que lle sexan aplicables.

Segunda.- De acordo co establecido na Orde do ..., pola que se resolve a concesión dos concertos educativos, este concerto terá a seguinte extensión e duración: (*).

*) Indicarase o nivel ou niveis educativos, número de unidades, réxime de concerto e período polo que se concerta. No caso de formación profesional especificarase a rama, especialidade ou ciclo formativo e no de educación especial expresarase a modalidade.

Terceira.-A Administración está obrigada á asignación de fondos públicos para o sostemento do centro concertado nos termos sinalados nos artigos 12, 13 e, se é o caso, na disposición adicional cuarta do regulamento.

A Administración educativa satisfaralle ó persoal docente do centro os salarios correspondentes, como pagamento delegado e en nome da entidade titular do centro, sen que estes signifiquen relación laboral

ningunha entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o mencionado persoal docente.

Cuarta.-O titular do centro está obrigado a imparti-las ensinanzas obxecto deste concerto gratuitamente, sen percibir ningún concepto que, directa ou indirectamente, supoña unha contrapartida económica pola impartición das ditas ensinanzas, de acordo cos correspondentes deseños curriculares base e plans de estudio e con suxeición ás normas de ordenación académica en vigor.

Non obstante, de tratarse de concerto singular, o centro poderá percibir dos alumnos as cantidades que se autoricen en concepto de financiamento complementario.

Quinta.-O titular do centro está obrigado, así mesmo, a que as actividades escolares complementarias, actividades extraescolares e servicios complementarios que, se é o caso, se realicen no centro, se adecuen ó disposto no Decreto 444/1996, do 13 de decembro, polo que se regulan as actividades escolares complementarias, as actividades extraescolares e os servicios complementarios dos centros privados en réxime de concerto.

Sexta.-Polo concerto, o titular esta obrigado ó cumprimento das normas de admisión de alumnos que se establecen no artigo 53 da Lei orgánica reguladora do dereito á educación, no Decreto 87/1995, do 10 de marzo, polo que se regula a admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos de educación infantil, de educación primaria e de educación secundaria, na Orde do 16 de marzo de 2001 (DOG do 11 de abril), pola que se regula o procedemento para admisión de alumnos en educación infantil, primaria e secundaria obrigatoria en centros sostidos con fondos públicos, e demais normativa aplicable ó procedemento de admisión de alumnos nos centros sostidos con fondos públicos.

Sétima.-O titular do centro está obrigado a manter, e se é o caso, a constituí-los órganos de goberno a que se refire o artigo 54 da Lei orgánica reguladora do dereito á educación, modificada pola Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes, o artigo 26 do regulamento e a Orde do 28 de agosto de 1996, pola que se regula o procedemento de elección dos órganos de goberno dos centros privados concertados.

Oitava.-A provisión de vacantes do persoal docente que se produzan no centro concertado realizarase conforme o disposto no artigo 60 da Lei orgánica reguladora do dereito á educación, modificada pola Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro, da participación, a avaliación e o goberno dos centros docentes, e no artigo 26.3º do regulamento.

Novena.-Independentemente do número de unidades autorizadas, o centro unicamente terá en funcionamento, en niveis de ensino obrigatorio, o número de unidades concertadas; non obstante, isto non lle será de aplicación se o centro está a acceder de xeito progresivo ó réxime de concertos.

Décima.-O titular do centro concertado deberá facer constar na súa denominación, na súa documentación e na súa publicidade a condición de centro concertado.

Igualmente o titular deberá poñer en coñecemento dos membros da comunidade escolar e, se é o caso, das autoridades competentes o carácter propio do centro, no suposto de que o tivese.

Undécima.-Para a execución do concerto, o titular do centro adoptará as seguintes medidas:

1. Para efectos do aboamento das cantidades correspondentes a salarios o titular do centro concertado facilitaralle á Administración educativa competente as nóminas do persoal docente, as liquidacións das cotizacións á Seguridade Social mediante a formalización e remisión dos documentos oficiais de cotización correspondentes, así como os partes de alta, baixa ou alteración.

2. As altas e baixas do persoal docente no réxime da Seguridade Social xestionaraas o titular do centro na súa condición de empregador na relación laboral. As devanditas circunstancias deberán ser acreditadas por este ante a Administración educativa competente.

As responsabilidades que puidesen derivar do incumprimento das obrigas de altas, baixas e liquidación de cotizacións, serán por conta do titular do centro.

3. Nas nóminas relacionaranse os profesores correspondentes ás unidades concertadas sen que, en ningún caso, o custo de cada unidade, excluída a antigüidade, poida exceder dos módulos económicos de distribución de fondos públicos para o sostemento de centros concertados.

Así mesmo, o lista das nóminas incluirá as circunstancias que concorren en cada profesor para efectos de determina-lo soldo, a antigüidade, a cotización á Seguridade Social e outras posibles variantes.

4. Tódalas actividades do profesorado do centro concertado, tanto lectivas coma non lectivas, retribuídas pola Administración prestaranse no nivel de ensino obxecto deste concerto.

5. A xustificación das contías percibidas polos centros concertados para gastos de funcionamento por curso serán realizadas de acordo co establecido no artigo 57 da Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación e o artigo 40 do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, e presentaranse nas delegacións provinciais antes do 31 de outubro de cada curso escolar.

Duodécima.-Para a renovación, prórroga e/ou modificación deste concerto observarase o disposto no título V do regulamento e na Orde do 22 de xaneiro de 2001.

Décimo terceira.-Serán causas de extinción deste concerto as sinaladas no título VI do regulamento.

Décimo cuarta.-As incidencias ou cuestións litixiosas que xurdan durante o tempo de aplicación deste concerto serán resoltas polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria ou órgano en que delegue.

E para que así conste, na data e lugar antes indicado, asinan este documento por triplicado,

Polo centro privado,Pola Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria,

O conselleiro,

Asdo.:Asdo.: