Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.313

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (227/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 227/2001, por instancia de Manuel Babío Ríos contra as empresas Cid e Cabo SC e Benito Cid González sobre despedimento, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que estimando a demanda promovida por Manuel Babío Ríos contra a empresa Cid y Cabo SC debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante en data 2-3-2001 condenando a demandada Cid y Cabo SC, a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ó aboamento da cantidade de 104.466 pesetas en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución a razón de 4.134 pesetas diarias, absolvendo a Benedicto Cid González de tódalas peticións contidas na demanda, e absolvendo igualmente ó fondo de garantía salarial, sen prexuízo das responsabilidades que no seu día puideran corresponderlle.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo

de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira

instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lles sirva de notificación en forma á empresa Cid y Cabo SC e Benedicto Cid González, expido e asino a presente cédula na Coruña, o 29 de xuño de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado