Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.312

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (282/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 282/2001 por instancia de Diego Varela Gómez contra a empresa Transmisiones Coruña S.L. sobre despedimento nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido, que estimando a demanda promovida por Diego Varela Gómez contra empresa Transmisiones Coruña S.L. debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ó demandante en data 1 de abril de 2001 e así mesmo extinguida a relación laboral ó día de hoxe, condenando a demandada a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou ó aboamento da cantidade de 631.849 pesetas en concepto de indemnización e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notifificación desta resolución a razón de 5.000 pesetas diarias.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente,

se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Transmisiones Coruña S.L., expido e asino a presente cédula na Coruña, vinteún de xuño de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado