Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.312

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (65/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 65/2001 por instancia de Jesús Porteiro Pérez, José Ramón Pérez Cancela e Gervasio Ferreiro García contra a empresa Tecnología y Tratamientos de Superficies S.A. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido que estimando a demanda promovida por Jesús Porteiro Pérez, José Ramón Pérez Cancela e Gervasio Ferreiro García contra a empresa Tecnología y Tratamientos de Superficies S.A. debo condenar e condeno a demandada a que aboe á demandante a cantidade de 511.677 pesetas a Jesús Porteiro Pérez, 597.882 pesetas a José Ramón Pérez Cancela e 321.441 pesetas a Gervasio Ferreiro García por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de presentalo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que, ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado

no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito este sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia, debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tecnología y Tratamientos de Superficies S.A. expido e asino a presente cédula na Coruña o vinteún de xuño de dous mil un.

O secretario xudicial

Rubricado