Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.311

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (810/2000).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, da fe e certifica que neste

xulgado se seguen autos nº 810/2000 seguidos por instancia de Vicente López Leis contra Safenort, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia con data do 20-6-2001 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Que estimando a demanda formulada por Vicente López Leis, contra a empresa Safenort, S.L. condeno a esta a aboarlle a cantidade de 65.399 pesetas, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Safenort, S.L. expido e asino esta cédula na Coruña o 20 de xuño de 2001.

O secretario xudicial

Rubricado