Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 27 de xullo de 2001 Páx. 10.313

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2001, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer dun inmoble sito en Ferrol (A Coruña), para dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 312/2000, do 28 de decembro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio e das peculiaridades do inmoble xustifícase, logo de fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Económica e Facenda e por proposta da

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, a utilización do procedemento de contratación directa no aluguer de nove aulas do Colexio Almirante Juan de Lángara y Huarte de Ferrol (A Coruña), para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2001.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio

da Consellería de Economía e Facenda