Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.136

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de xuño de 2001 pola que se regulan as medidas extraordinarias para completar, durante o curso 2001-2002, as ensinanzas do curso de orientación universitaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

A disposición adicional cuarta da Lei orgánica 1/1990, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que o título de bacharelato unificado polivalente permitirá acceder ó segundo curso do actual bacharelato.

A Orde ministerial do 4 de xuño de 1991 sobre cualificación dos alumnos e condicións de inscrición no curso de orientación universitaria, determina no seu artigo 2º que os alumnos que, trala convocatoria de setembro, tiveran cualificación negativa en máis de tres materias deberán repeti-lo curso na súa integridade. Se o dito número é de tres ou menos, os alumnos poderanse inscribir de novo no curso de orientación universitaria para cursar esas materias.

O Real decreto 173/1998, do 16 de febreiro, polo que se modifica e completa o Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, que aprobou o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establece no seu artigo 12.2º que no ano académico 2001-2002 se implantará, con carácter xeral, o segundo curso de bacharelato e deixará de impartirse o curso de orientación universitaria.

Non obstante, e co propósito de facilitar que o alumnado poida completa-los seus estudios do curso de orientación universitaria, a presente orde ten por finalidade establecer medidas extraordinarias que así o permitan.

En definitiva, faise necesario regula-las condicións ás que estará sometido o proceso de extinción das ensinanzas do curso de orientación universitaria na nosa Comunidade Autónoma.

En consecuencia, e no uso das competencias que lle están atribuídas a esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Con carácter xeral os alumnos que non teñan superados os estudios do curso de orientación universitaria poderán incorporarse ó segundo curso de bacharelato, tendo que cursar tódalas materias que o conforman.

Artigo 2º

Non obstante o anterior, os alumnos que teñan cualificación negativa en tres ou menos materias do curso de orientación universitaria poderán cursalas durante o ano académico 2001-2002, nas condicións que se establecen na presente orde.

Artigo 3º

Autorízanse, con carácter extraordinario, os centros que se relacionan no anexo I, para impartir, durante o curso 2001-2002, as ensinanzas do curso de orientación universitaria ós alumnos ós que se refire o artigo anterior.

Artigo 4º

Os centros privados que estean a imparti-lo curso de orientación universitaria no presente curso 2000-2001 poderán solicitar á Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, antes do 31 de xullo de 2001, autorización para impartir estas ensinanzas ó alumnado ó que se refire o artigo 2º desta orde.

Artigo 5º

O prazo de matrícula nos centros que se autoricen será o mesmo que o establecido con carácter extraordinario para o segundo curso de bacharelato.

Artigo 6º

Aqueles alumnos que, reunindo as condicións do artigo 2º, non desexen matricularse nalgún centro dos que se autoricen, poderán realizar no instituto de ensino secundario no que estiveron matriculados no curso 2000-2001, probas extraordinarias de avaliación das materias do curso de orientación universitaria que teñan suspensas.

No caso dos alumnos que reunindo as ditas condicións non desexen matricularse nalgún centro dos que se autoricen e que no curso 2000-2001 estiveran matriculados nun centro privado, poderán realizar estas probas no instituto de ensino secundario ó que estiveran adscritos.

Así mesmo, tanto os alumnos anteriormente referidos neste artigo como os que, reunindo as condicións do artigo 2º, non desexen matricularse nalgún centro dos que se autoricen, e que no curso 2000-2001 non estiveran matriculados nun instituto de ensino secundario ou nun centro privado, poderán realiza-las devanditas probas no Ingabad.

A correspondente matrícula deberá formalizarse, segundo o modelo de solicitude recollido no anexo II, no centro onde se realizarán as probas, no mesmo prazo que se establece no artigo 5º.

Artigo 7º

As probas ás que se refire o artigo anterior celebraranse nas datas e condicións que oportunamente se establezan, que estarán en correspondencia co calendario que se determine para as probas de acceso á universidade.

Artigo 8º

Os alumnos matriculados nas probas extraordinarias recollidas no artigo 6º poderán recibir atención educativa no centro no que realizarán as ditas probas. Para tal efecto, deberán explicitalo na solicitude de matrícula.

Artigo 9º

A atención á que se refire o artigo anterior consistirá nun período semanal de titoría presencial para cada unha das materias nas que estea matriculado o alumno e correrá a cargo dun profesor do correspondente departamento didáctico. No suposto de non existir ningún profesor con horario dispoñible, correrá a cargo do xefe do departamento.

Disposicións adicionais

Primeira.-Autorízanse as direccións xerais de Ordenación Educativa e Formación Profesional, de Centros e Inspección Educativa e de Persoal para dictar cantas normas sexan oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

CentroLocalidade

IES Nº 1A Coruña

IES Salvador de MadariagaA Coruña

Centro do INGABADA Coruña

IES Moncho ValcarceAs Pontes

IES Francisco AguiarBetanzos

IES Alfredo BrañasCarballo

IES Agra das RaícesCee

IES Sofía CasanovaFerrol

Extensión do INGABADFerrol

IES de MelideMelide

IES FontexeríaMuros

IES As TelleirasNarón

IES Virxe do MarNoia

IES Nº 1Ordes

IES de OrtigueiraOrtigueira

IES Camilo José CelaPadrón

IES Nº 1Ribeira

IES Terra de XallasSanta Comba

IES Rosalía de CastroSantiago de Compostela

IES Arcebispo Xelmírez IISantiago de Compostela

Centro colaborador do INGABADSantiago de Compostela

IES Terra de SoneiraVimianzo

Centro colaborador do INGABADBurela

IES de FozFoz

IES A Nosa Señora dos Ollos GrandesLugo

Sede Central do INGABADLugo

IES Río CabeMonforte de Lemos

Centro colaborador do INGABADMonforte de Lemos

IES Xograr Afonso GómezSarria

IES Santiago Basanta SilvaVilalba

IES Vilar PonteViveiro

IES MartaguiselaO Barco de Valdeorras

Extensión do INGABADO Barco de Valdeorras

IES Nº 1O Carballiño

IES Blanco AmorOurense

IES Ramón Otero PedrayoOurense

Extensión do INGABADOurense

IES O RibeiroRibadavia

Centro colaborador do INGABADVerín

IES Lagoa de AntelaXinzo de Limia

CentroLocalidade

IES Johan CarballeiraBueu

IES Ramón CabanillasCambados

IES María SoliñoCangas

IES Manuel García BarrosA Estrada

IES Ramón María AllerLalín

IES Almirante Salvador MorenoMarín

IES Val MiñorNigrán

IES Nº 1Ponteareas

IES Sánchez CantónPontevedra

IES Valle-InclánPontevedra

CentroLocalidade

Centro do INGABADPontevedra

IES Pino MansoO Porriño

IES VilalongaSanxenxo

IES San PaioTui

IES Álvaro CunqueiroVigo

IES Daniel CastelaoVigo

IES Manuel AntonioVigo

IES Santo Tomé do FreixeiroVigo

Centro do INGABADVigo

IES Calvo SoteloVilagarcía de Arousa

Centro do INGABADVilagarcía de Arousa