Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.139

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 175/2001, do 5 de xullo, polo que se aceptan as doazóns a título gratuíto de 31 ordenadores Adi Denphis, 36 impresoras Lex Mark, 7 impresoras Hewlett Packard, 1 equipo de ecografía dixital, 1 arco intensificador de quirófano, 17 ordenadores Mr. Micro, 25 ordenadores Xen, 1 scanner Hewlett Packard, 1 proxector de transparencias Elmo, 1 proxector de transparencias Médium, 60 cadeiras Tagar, 2 ordenadores IBM, 2 ordenadores portátiles IBM, 1 scanner H.P., 1 impresora H.P., 1 cámara Logitech e 3 fax Canon, con destino ó Complexo Hospitalario de Ourense.

As empresas que se detallan a continuación ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia dos activos correspondentes, con destino a diversas unidades do Complexo Hospitalario de Ourense:

-Caixanova: 31 ordenadores ADI, 36 impresoras Lex Mark, 7 impresoras Hewlett Packard, 1 equipo de ecografía dixital General Electric, 1 arco intensificador de quirófano General Electric, 17 ordenadores Mr. Micro, 25 ordenadores Xen, 1 scanner Hewlett Packard, 1 proxector de transparencias Elmo, 1 proxector de transparencias Médium e 60 cadeiras Tagar.

-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e a Fundación La Caixa de Barcelona: 2 ordenadores IBM, 2 ordenadores portátiles IBM, 1 scanner HP Scan Jet, 1 impresora HP Deskjet 840C, e 1 cámara Logitech.

-Laboratorios Pen, S.A.: 3 fax Canon.

Conforme ó artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e presidente do Servicio Galego de Saúde e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de xullo de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Acéptase a doazón dos activos das citadas empresas, xunto cos dereitos derivados da propiedade.

Artigo segundo.-Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse a diversos servicios do Complexo Hospitalario de Ourense, de acordo coa vontade dos doadores.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, cinco de xullo de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais