Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Martes, 24 de xullo de 2001 Páx. 10.136

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 174/2001, do 29 de xuño, polo que se acepta a cesión a título gratuíto á Comunidade Autónoma de Galicia dunha parcela, no termo municipal de Vigo (Pontevedra), para a construcción dun conservatorio de música.

O Pleno da Corporación municipal do Concello de Vigo, reunido en sesións celebradas os días 10 de setembro de 1993 e 30 de decembro de 2000, acordou ceder á Comunidade Autónoma de Galicia, unha parcela situada na parroquia da Florida, no termo municipal de Vigo (Pontevedra), para a construcción dun conservatorio de música.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 34 do seu regulamento aprobado polo Decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles exceda o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Vigo acordou a cesión logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de xuño de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acéptase a cesión gratuíta dunha parcela que se describe como segue:

Urbana.-Solo destinado a equipamento escolar, situado na parroquia da Florida, no termo municipal de Vigo, situado ó sudoeste do polígono III do PERI II-12 A Florida B. Ten a superficie de cinco mil cincocentos metros cadrados (5.500 m). Lindeiros: noroeste, en liña de 134 m, beirarrúa da rúa I-I'; sureste, en liña de 134 m, rúa H-H'; nordeste, en liña de 41 m, beirarrúa na superficie de cesión das parcelas núms. 23 e 35, e en liña de 5 m, beirarrúa da rúa H'-I'; surdoeste, en liña de 41 m, área de uso público de 5 metros de largo que separa o equipamento escolar que se describe da parcela número 20-b) destinada a templo da parroquia de Santo Antonio da Florida.

A dita parcela está inscrita no Rexistro da Propiedade nº 3 de Vigo, no libro 649, folio 176, predio

nº 50.641, inscrición 1ª, a favor do Concello de Vigo (Pontevedra).

Artigo 2º

A parcela cedida destinarase á construcción dun conservatorio de música.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e a inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, vintenove de xuño de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda