Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.050

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2001 pola que se fai público o contido das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o programa Emprendedores.

O Consello de Dirección do Igape na súa reunión do 13 de xullo de 2001 aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape para o programa Emprendedores, segundo o texto que se xunta á presente resolución, facultando a directora xeral para súa publicación.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer público o texto das bases reguladoras das axudas do Igape para o programa Emprendedores, que se xunta á presente resolución.

O crédito reservado para o financiamento das axudas que se concederán no exercicio 2001 con cargo a estas bases ascende a 11.419.229,98 euros, equivalentes a 1.900.000.000 de pesetas.

Este crédito financiarase con cargo ós orzamentos do Igape para 2001, e poderanse establecer compromisos plurianuais dentro dos límites autorizados e coas contías e contra as partidas orzamentarias seguintes:

01.02.12.04.01.656; 2.584.352,05 euros, equivalentes a 430.000.000 de pesetas.

01.02.12.03.01.651; 60.101,21 euros, equivalentes a 10.000.000 de pesetas.

02.01.12.01.01.656; 2.884.858,10 euros, equivalentes a 480.000.000 de pesetas.

02.01.12.01.03.25; 601.012,10 euros, equivalentes a 100.000.000 de pesetas.

02.01.12.02.01.656; 4.387.388,36 euros, equivalentes a 730.000.000 de pesetas.

02.01.12.02.03.25; 901.518,16 euros, equivalentes a 150.000.000 de pesetas.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Igape para o programa Emprendedores

A mellora da competitividade da Comunidade Autónoma de Galicia depende en gran medida do grao de desenvolvemento económico que esta poida acadar polos seus propios medios. Neste sentido, as políticas de promoción económica deben incidir no apoio á creación de empresas como un dos piares básicos do desenvolvemento endóxeno que Galicia necesita.

Para iso, o Igape pretende:

-Estimula-las vocacións empresariais da nosa rexión, especialmente as dos mozos.

-Apoia-los potenciais emprendedores para que desenvolvan as súas iniciativas empresariais de forma rigorosa.

-Animar a todo o potencial humano que poida contribuír á creación de empresas e, polo tanto, ó desenvolvemento da nosa rexión.

-Impulsa-la posta en marcha de proxectos empresariais innovadores.

-En definitiva, consolidar un maior número de iniciativas empresariais en Galicia.

Este enfoque é corroborado pola Comisión Europea que, a través do esforzo realizado polo grupo de traballo BEST (Simplificación do contorno das empresas), auspiciado pola propia comisión, conclúe como mensaxe principal que, «A política de promoción do espírito empresarial é un instrumento fundamental para mellora-la competitividade, xerar crecemento e crear emprego nun territorio». Neste sentido, a Unión Europea anima as administracións e institucións dos estados membros a que adopten medidas belixerantes que melloren substancialmente as condicións para a creación de empresas no seu ámbito de actuación.

As recomendacións concretas do informe BEST céntranse en:

-A adopción de medidas para fomenta-lo espírito empresarial.

-A posta en marcha de accións que melloren o contorno normativo e financeiro para a creación de empresas.

Estes son, polo tanto, as frontes nos que o Igape vai facer especial énfase co seu programa Emprendedores. Por un lado, difundi-la cultura emprendedora con tres obxectivos concretos:

-Incrementa-la taxa de persoas dispostas a crear empresas en Galicia.

-Dar valor social á figura do empresario, mostrándoo como unha persoa que, a partir do seu esforzo, achega riqueza e emprego á sociedade.

-Anima-los empresarios a acometer proxectos innovadores en novos segmentos de actividade.

Por outro lado, dentro das posibilidades de actuación do Igape, limitadas para intervir na modificación do contorno normativo, pero importantes para incidir decididamente no fomento das vocacións empresariais e na mellora substancial do contorno financeiro, a través de medidas creativas que ofrezan solucións reais e concretas ós creadores de empresas, constitúen dous obxectivos claros:

-Encamiña-la tendencia de creación de empresas en Galicia por un camiño ascendente e

-Mellora-la calidade e as taxas de éxito das empresas de nova creación.

A partires da experiencia adquirida desenvólvese un programa de Emprendedores caracterizado como un programa integral de apoio a novos emprendedores e iniciativas innovadoras, conformado por un

conxunto coherente de accións que cobren as necesidades dos proxectos empresariais nas súas diferentes fases de desenvolvemento, desde a idea de negocio ata a implantación e consolidación das empresas resultantes. En consonancia co antedito, a concesión das subvencións a fondo perdido e os apoios financeiros para a accesibilidade ó crédito, descritos na base 6ª, supedítanse á aprobación polo Igape do plan de empresa presentado polo emprendedor describindo a súa idea e os medios cos que conta para levala a cabo, tal e como se regulamenta no proceso de cualificación dun proxecto como emprendedor na base 5ª.

O Igape, dentro das súas posibilidades orzamentarias, tamén oferta a posibilidade de elabora-los ditos plans de empresa ou ben contempla-los seus custos como subvencionables, segundo o disposto na base 7ª.

Por outra banda, estas bases tamén tentan contribuír na difusión da cultura emprendedora, a través das accións directas do Igape descritas na base 8ª.1., organizando servicios de sensibilización, información e formación co propósito de animar e orienta-los promotores na xeración de ideas empresariais e a realización dunha primeira análise da viabilidade do seu proxecto, así como a través das subvencións a organismos intermedios que acometan estas accións regulamentadas na base 8ª.2. O esquema complétase coa estratexia de creación das infraestructuras de apoio a emprendedores denominadas centros de iniciativas empresariais descritas na base 8ª.3.

Base 1ª.-Obxectivos.

Son obxectivos prioritarios das axudas establecidas nestas bases, favorece-la aparición de novos emprendedores e a xeración de novas iniciativas empresariais que, polas características innovadoras do proxecto, a novidade da actividade acometida, ou por outros aspectos do proxecto, aínda presentando riscos de implantación superiores ós habituais, teñan interese estratéxico polo seu impacto na actividade económica da Comunidade Autónoma de Galicia.

Base 2ª.-Tipos de apoio.

2.1. Apoios previos á cualificación do proxecto como emprendedor. Sendo á cualificación como emprendedor requisito imprescindible para o acceso ós apoios regulados nestas bases, establécense actuacións para axuda-los potenciais emprendedores a acada-la dita condición:

a) Apoios na difusión da cultura emprendedora, a través da prestación do dito servicio directamente polo Igape ou mediante a subvención dos custos dos ditos servicios de difusión, cando estes servicios fosen acometidos por organismos intermedios colaboradores.

b) Apoio á formación e á elaboración do plan de empresa, a través de servicios de consultoría e asesoramento prestados polo Igape.

2.2. Apoios posteriores á cualificación do proxecto como emprendedor e dirixidos á implantación do plan de empresa a través da prestación de servicios de titoría, concesión de subvencións ós investimentos e gastos de posta en marcha, préstamos e intermediación na obtención de recursos financeiros.

2.3. A promoción da creación de centros de iniciativas empresariais (CIES) co fin de fomenta-las infraestructuras necesarias para a situa-los novos emprendedores.

Base 3ª.-Requisitos dos beneficiarios.

3.1. Servicios de difusión da cultura emprendedora.

3.1.1. Poderán ser obxecto dos apoios regulados na base 8ª, os organismos intermedios que obtivesen do Igape a súa condición de entidade colaboradora, logo da súa solicitude segundo modelo do anexo II e coa documentación establecida no anexo III. Esta cualificación obterase de acordo coa súa actividade de prestación de servicios de apoio a emprendedores, a súa capacidade de repercusión no seu ámbito de actuación e o seu grao de implicación na colaboración co Igape neste programa. O estudio e tramitación das solicitudes será realizado polos servicios técnicos da Subdirección de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais, correspondéndolle a súa resolución á Dirección Xeral do Igape. O prazo máximo para resolver será de dous meses desde a súa solicitude, descontando os posibles períodos de suspensión na tramitación do procedemento.

3.1.2. Para os efectos do previsto no punto anterior, terán a consideración de organismos intermedios aquelas entidades de carácter público, semipúblico ou privado, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro no desenvolvemento das súas actividades e que presten servicios directamente ás Pemes.

3.1.3. Non obstante o anterior, quedarán excluídos da consideración de beneficiarios para os efectos previstos nestas bases, as institucións públicas ou privadas nas que no conxunto das súas actividades non teña unha relevancia significativa a divulgación da cultura emprendedora, sen prexuízo de que, naquelas iniciativas que se propoñan acometer, dada a amplitude do seu ambito de actuación, resulte aconsellable a coordinación destas co Igape a través dos correspondentes convenios de colaboración.

3.2. Apoios á formación e á elaboración do plan de empresa. Poderán presenta-la súa solicitude as persoas físicas que pretendan iniciar, por primeira vez, unha actividade empresarial e cumpran os seguintes requisitos:

a) Que a actividade prevista se atope nas enumeradas na base 4ª.

b) Que a empresa que se cree teña o seu domicilio social e fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que a actividade que vai desenvolve-la empresa que se pretende crear cumpra algunha das seguintes características:

I) Ter carácter innovador.

II) Estar relacionada cos novos viveiros de emprego.

III) Estar vinculada a actividades non suficientemente desenvolvidas en Galicia.

IV) Presentar un efecto dinamizador ou demostrativo no territorio no que se pretenda implantar.

d) Que o promotor ou promotores do proxecto dispoñan da capacidade necesaria para acada-lo autofinanciamento do proxecto descrito no punto 3.3.c) II) desta base e os coñecementos ou experiencia profesional necesarios para que, xunto coa formación ofertada polo Igape, poidan implanta-lo seu proxecto.

3.3. Apoios na implantación do plan de empresa. Poderán presenta-la súa solicitude:

a) As persoas físicas que teñan intención de se converter en novos empresarios e establezan o seu domicilio social e fiscal e o centro principal da súa actividade en Galicia, e que presenten un plan de empresa cualificado previamente como Emprendedor polo Igape e que independentemente da forma xurídica que vai adopta-la pola empresa, consten como promotores dela, acrediten unha formación ou experiencia empresarial axeitadas que avalen o bo fin do proxecto, e que a actividade que vai desenvolver cumpra os requisitos enumerados no punto 3.2.c) desta base. Poderán presenta-la solicitude no seu propio nome ou, nos casos en que asi o prevexa o plan de empresa aprobado, por conta da sociedade en constitución que teñan previsto crear.

b) As persoas físicas ou xurídicas que teñan a consideración de pequena e mediana empresa, segundo a definición do anexo IV e pretendan desenvolver unha nova actividade empresarial claramente diferenciada da actual. A nova actividade deberá estar domiciliada social e fiscalmente e te-lo seu centro principal na Comunidade Autónoma de Galicia, ser innovadora ou de escasa implantación en Galicia ou que, por outros aspectos do proxecto, aínda que presentando riscos de implantación superiores ós habituais, teña interese estratéxico polo seu impacto na actividade económica da Comunidade Autónoma.

c) En ámbolos dous casos, serán requisitos imprescindibles:

I) Que o proxecto para o que se solicita o apoio, acreditando a súa viabilidade técnica e económica, obtivese a cualificación de Emprendedor, segundo se establece na base 5ª.

II) O compromiso de achega de fondos propios de alomenos o 30% do proxecto, que non poderán ser obxecto de ningunha axuda.

III) Que a actividade a implantar esté comprendida nas enumeradas na base 4ª.

IV) Os beneficiarios de axudas para a implantación dun proxecto ó abeiro destas bases, deberán com

prometerse a manter unha determinada composición do accionariado nos supostos en que esta represente un elemento substancial para garanti-la viabilidade técnica, económica, e financeira do proxecto e así se establecese na resolución de concesión da axuda.

d) Tamén poderán ser beneficiarios os socios actuais ou futuros, persoas físicas ou xurídicas, da sociedade titular do proxecto emprendedor que pretendan participar no capital social destinado a financia-lo proxecto emprendedor, nos casos en que así fose previsto no plan de empresa aprobado.

Base 4ª.-Actividades subvencionables.

4.1. Serán subvencionables ó abeiro das presentes bases as actividades económicas seguintes:

a) A extracción, procesamento, transformación ou comercialización das produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.

b) A extracción, procesamento, transformación, producción ou comercialización de minerais, productos enerxéticos e os seus derivados.

c) A industria manufactureira, o comercio, o turismo, a construcción, a artesanía ou os servicios.

d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.

e) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación, e calquera outra de avanzada tecnoloxía, así como os procesos de creación intelectual propios das ditas actividades.

f) A fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades productivas relacionadas con calquera das actividades sinaladas anteriormente.

4.2. O Igape poderá establecer convenios individual ou conxuntamente cos distintos departamentos da Xunta de Galicia e outras institucións públicas, co fin de implementar liñas de apoio sectoriais ou de proxectos que se consideren estratéxicos. O réxime e condicións destas adecuarase ó que se estableza nos citados convenios, que serán obxecto de publicación no DOG.

4.3. Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados polas normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nestas bases axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

4.4. Periodicamente, e de acordo coas estratexias da política económica que resulten aplicables, o Consello de Dirección do Igape determinará as actividades subvencionables e as preferentes.

Base 5ª.-Cualificación do proxecto como Emprendedor.

5.1. Os interesados en solicita-la cualificación do seu proxecto empresarial como emprendedor, que reúnan os requisitos da base 3.3., deberán presenta-la a súa instancia de solicitude, segundo o modelo do anexo II a estas bases, nas oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ou en calquera das formas previstas pola Lei 30/1992, do

26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A solicitude acompañarase da documentación descrita no anexo III, que deberá presentarse en orixinal ou copia cotexada.

5.2. Poderase excluír aquela documentación que figure xa actualizada no Igape, debendo o solicitante especifica-lo número de expediente no que anteriormente foi achegada.

5.3. Presentada a solicitude, se ela non reunise os requisitos esixidos nestas bases, requirirase o interesado para que nun prazo de 10 días hábiles desde o seguinte á recepción do requirimento emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa indicación de que, en caso contrario, teráselle por desistido da súa petición e dictarase a correspondente resolución de arquivo, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da dita lei. Este prazo, cando existan causas xustificadas, poderá ser prorrogado de oficio ou por instancia de parte por un período que non exceda a metade do inicial. O requirimento da documentación suspenderá o prazo para resolver.

5.4. Unha vez completas, as solicitudes serán estudiadas polos servicios técnicos da Subdirección de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais e elevadas á Comisión Técnica de Análise e Avaliación de Proxectos, para a emisión do seu informe, que incluirá a valoración técnica do proxecto respecto da súa viabilidade e outros aspectos de interese que poidan incidir nel, en especial os apoios que puidera obter dos regulados nestas bases ou dos postos á disposición dos emprendedores por outras regulamentacións.

5.5. Os criterios para cualificar un proxecto como emprendedor serán os seguintes:

a) Para novos emprendedores (segundo requisitos da base 3ª, punto 3.3. a):

I) Viabilidade técnica, económico-financeira e comercial.

II) Aptitude técnica e xerencial dos promotores do proxecto e o seu grao de involucración nel.

III) Potencialidade de xeración de novos empregos en relación cos recursos requiridos para a súa implantación.

b) Para as novas iniciativas innovadoras (segundo requisitos da base 3ª, punto 3.3.b).

I) Viabilidade técnica, económico-financeira e comercial.

II) A innovación en si mesma, segundo a súa orixe, obxecto e grao de cambio.

III) O impacto potencial do novo proxecto na actividade económica de Galicia.

IV) Potencialidade de xeración de novos empregos.

5.6. Poderase denega-la cualificación do proxecto como emprendedor cando non se cumpran os requisitos establecidos na base 3ª ou non se acade unha avaliación suficiente, segundo os criterios descritos no punto 5.5 desta base.

5.7. Unha vez avaliadas as solicitudes, a Dirección Xeral do Igape elevará a proposta de resolución do director da Área de Promoción, Innovación e Información Especializada ó presidente do Igape, quen resolverá sobre a cualificación no prazo máximo de dous meses desde a solicitude, descontados os períodos de suspensión.

5.8. A resolución de cualificación incluirá o seu prazo de vixencia e irá acompañada do dictame da comisión técnica descrito no parágrafo 5.4 desta mesma base. As alteracións no plan de empresa non aceptadas polo Igape poderán supo-la revogación da cualificación como emprendedor do proxecto e consecuentemente o incumprimento dos requisitos esixidos na concesión dos apoios descritos nas bases 6ª e 7ª.

5.9. A cualificación dun proxecto como Emprendedor non prexuzgará nin outorgará dereitos subxectivos ó beneficiario para a concesión dos apoios regulados nestas bases, os que se rexerán, tramitarán e resolverán segundo o indicado na súa regulación e deberán ser obxecto de solicitude expresa polo interesado.

5.10. A resolución esgotará a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto na Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, poderase interpor contra ela recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xusticia de Galicia no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa notificación. Potestativamente, e con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo, poderase interpoñer no prazo dun mes desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución, recurso de reposición que resolverá o Consello de Dirección do Igape.

Base 6ª.-Apoios financeiros sobre o investimento e gastos de implantación do proxecto Emprendedor.

6.1. As solicitudes presentadas ó abeiro desta base, deberán fundamentarse nun plan de empresa previamente cualificado como emprendedor polo Igape, segundo o disposto na base 5ª.

6.2. Axudas a fondo perdido sobre investimentos.

Poderán concederse subvencións a fondo perdido sobre os seguintes conceptos, sempre que sexan directamente imputables ó proxecto emprendedor en calquera das súas etapas:

6.2.1. Ata o límite máximo establecido na base 17ª serán subvencionables os gastos de investimento en activos fixos que se consideren imprescindibles e específicos para a iniciativa concreta á que se destinen, e realizados en:

a) Activos fixos materiais: terreos, urbanizacións e acometidas de servicios, obra civil, maquinaria,

bens de equipo e traballos técnicos necesarios para a implantación productiva. No sector do transporte quedan excluídos os gastos destinados á adquisición de elementos de transporte (activos móbiles).

b) Activos de carácter intanxible: adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licencias de fabricación, patentes e o canon fixo de franquicias no seu primeiro ano.

c) Así mesmo, dentro do límite máximo de subvención neta equivalente aplicable ó conxunto de gastos de investimento do proxecto e calculada esta sobre a base uniforme composta polos conceptos de investimento subvencionables, poderán acollerse os seguintes:

I) Gastos financeiros vinculados ás operacións de préstamo, crédito ou arrendamento financeiro, ata un máximo do 75% do investimento subvencionable, destinadas a financia-lo proxecto investidor, á cancelación de pasivos a curto prazo que se formalizasen para o financiamento destes investimentos, ou ás achegas de capital que o financien, e que se devenguen durante os 5 primeiros anos da dita operación. Para ó cálculo dos ditos gastos financeiros aplicaranse ás condicións que se establezan na póliza ou no contrato, e para o cálculo do tipo de xuro, o que sexa aplicable no momento da disposición da operación financeira correspondente, sempre que este se entenda axustado a condicións de mercado. O importe da subvención destinarase á amortización do préstamo subvencionado. As axudas relativas a achegas de capital non poderán excede-los límites cuantitativos establecidos no Regulamento (CE) nº 69/2001 da Comisión da Unión Europea do 12 de xaneiro de 2001 relativo ás axudas de mínimis.

II) Os aprovisionamentos necesarios para o inicio da actividade.

6.2.2. Os investimentos deberán realizarse en bens de primeiro uso, salvo no caso de que o proxecto consista no traspaso dun establecemento que pechase ou que pechará de non procederse á súa readquisición. Neste caso, computarase como importe subvencionable máximo o valor de taxación recollido en informe elaborado por sociedade de taxación homologada.

6.2.3. Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos ditos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes da finalización do prazo concedido para a execución do proxecto.

6.2.4. O importe do investimento subvencionable determinarase excluíndo os impostos que gravan a adquisición dos bens.

6.3. Axudas a fondo perdido sobre outros gastos asociados ó proxecto emprendedor.

Ademais do investimento, e ata un límite máximo de axuda con carácter xeral do 50%, podendo acadar

ata o 75% con suxeción ó Regulamento (Ce) nº 69/2001 da Comisión da Unión Europea do 12 de xaneiro de 2001 relativo ás axudas de mínimis, poderán ser subvencionados os seguintes tipos de gasto:

a) Os gastos de consultoría e asistencia técnica, honorarios ou aranceis de fedatarios públicos, formación específica dos traballadores e custos externos de desenvolvemento realizados por centros tecnolóxicos ou universidades, sempre e cando estean vinculados á fase inicial de implantación do proxecto.

b) Os gastos de consultoría incorridos na elaboración do plan de empresa, sempre que, previamente á súa realización, o beneficiario lle presentase ó Igape unha declaración do seu interese, segundo modelo do anexo I.

c) Os gastos de aluguer e outros gastos de circulante cando polas características do proxecto supoñan unha dificultade inicial para a súa maduración, quedando limitado en todo caso pola súa necesidade e ata un prazo máximo de dous anos. Esta axuda dentro do límite xeral do 50%, non poderá excede-los límites cuantitativos establecidos polo réxime de mínimis da Unión Europea.

6.4. Quedan expresamente excluídos os seguintes gastos:

a) Habituais de funcionamento.

b) Custos de persoal.

c) Impostos, taxas e demais arbitrios.

6.5. Sen prexuízo do establecido na base 6ª.3.b), serán subvencionables os investimentos e gastos realizados e pagados con posterioridade á presentación da solicitude de axuda e anteriores á data límite de vixencia fixada na resolución individual.

6.6. Criterios preferentes. Serán criterios preferentes para a concesión e na determinación da contía da subvención:

6.6.1. Para os proxectos presentados por novos emprendedores:

a) A creación de emprego con contrato indefinido en relación ó investimento subvencionable.

b) O valor engadido xerado polo proxecto.

c) O carácter dinamizador do proxecto para a economía da zona na que se implante.

d) A tecnoloxía.

e) A necesidade da axuda.

6.6.2. Para os proxectos presentados por Pemes con novas iniciativas innovadoras:

a) O sector de actividade. Serán complexos de actividade preferentes:

I) Mar-industria.

II) Rochas ornamentais.

III) Agro-industria.

IV) Téxtil/confección.

V) Automóbil.

VI) Telecomunicacións-audiovisual.

VII) Turismo.

VIII) Silvícola-forestal e cadea da madeira.

IX) Ambiente.

b) O grao de innovación do proxecto.

c) O valor engadido xerado polo proxecto.

d) O carácter dinamizador do proxecto para a economía da zona na que se implante.

e) A utilización dos recursos naturais da zona de implantación.

f) A orientación da producción cara á exportación.

g) A previsión de medidas minimizadoras de impacto ambiental.

h) A necesidade da axuda.

i) A creación de emprego con contrato indefinido, en relación ó investimento subvencionable.

6.7. Préstamos.

O Igape poderá crear individual ou en colaboración con outras entidades, un fondo para facilitar préstamos a emprendedores. A contía e condicións xerais destes, que se formalizarán en condicións de mercado e se rexerán polo dereito privado, serán aprobadas polo Consello de Dirección do Instituto.

Requirirase, para poder acudir a esta fórmula de financiamento, que as dificultades de accesibilidade ós recursos financeiros necesarios para a implantación do proxecto emprendedor así o aconsellen, a súa necesidade quede claramente xustificada no plan de empresa e adecuadamente ponderado e minimizado o risco que asumirá o Igape e vinculado en todo caso ó interese do proxecto para a Comunidade Autónoma.

O destino dos fondos será atende-los gastos e investimentos de posta en marcha e maduración do proxecto emprendedor e os prazos de disposición, amortización e carencia adaptaranse ás características e a necesidade de cada proxecto. O tipo de xuro que aplicará o Igape será o do euribor mais un diferencial que aprobará o Consello de Dirección do Igape e que será obxecto de publicación no DOG.

6.8. Outros recursos financeiros.

O Igape poderá promover actuacións encamiñadas a facilitarlles ós emprendedores o acceso a outros mecanismos financeiros a través de convenios de colaboración que poida subscribir con institucións, entes de calquera natureza ou organismos intermedios de afianzamento.

Base 7ª.-Prestación de servicios á elaboración e implantación do plan de empresa.

7.1. Servicios para a elaboración do plan de empresa.

7.1.1. O Igape, ata o límite de crédito dispoñible, poderá prestar, directamente ou a través dos seus colaboradores, servicios de formación, titoría e asesoramento para a elaboración do plan de empresa ós emprendedores que cumpran os requisitos da base 3ª punto 2 que así o soliciten. Estes servicios

terán por obxecto axuda-los emprendedores a elabora-lo plan de empresa que se esixe como requisito para a cualificación do proxecto como emprendedor na base 5ª e descrito no modelo I do anexo III.

7.1.2. As solicitudes deberán presentarse segundo formato do anexo II, no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (complexo administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela) ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común. A instancia deberá ir acompañada da documentación descrita no anexo III.

7.1.3. Poderase excluír aquela documentación que figure xa actualizada no Igape, debendo o solicitante especifica-lo número de expediente no que anteriormente foi achegado.

7.1.4. Cando nalgunha solicitude figuren varios interesados, as actuacións a que dean lugar efectuaranse co representante que expresamente designen e no seu defecto co que figure no primeiro termo da solicitude.

7.1.5. Presentada a solicitude, se esta non reunise os requisitos esixidos nestas bases, requirirase o interesado para que nun prazo de 10 días hábiles desde o seguinte á recepción do requirimento emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa indicación de que en caso contrario teráselle por desistido da súa petición e dictarase a correspondente resolución de arquivo, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da dita lei. Este prazo, cando existan causas xustificadas, poderá ser prorrogado de oficio ou por instancia de parte por un período que non exceda a metade do inicial. O requirimento de documentación suspenderá o prazo para resolver.

7.1.6. Unha vez completas as solicitudes, os proxectos serán estudiados polos servicios técnicos da Subdirección de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais. Para estes efectos, o Igape poderá solicitar do interesado calquera aclaración ou documentación complementaria que considere necesaria para unha adecuada avaliación do proxecto.

7.1.7. Finalizado o estudio de cada solicitude o subdirector de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais e o director da Área de Promoción, Innovación e Información Especializada elevarán proposta de resolución á Dirección Xeral do Igape.

7.1.8. O Igape resolverá no prazo máximo de dous meses. A resolución de concesión determinará o alcance dos servicios enumerados neste punto.

7.1.9. As resolucións dos expedientes instruídos ó abeiro do disposto nesta base esgotarán a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto na Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, poderase interpor contra elas recurso contencio

so-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo, poderase interpor no prazo dun mes desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución, recurso potestativo de reposición, que resolverá o Consello de Dirección do Igape.

7.2. Servicios de apoio á implantación do plan de empresa.

7.2.1. Segundo as dispoñibilidades orzamentarias, os beneficiarios dos servicios descritos no punto 7.1 anterior poderán, unha vez obtida a cualificación do seu proxecto como emprendedor, obter do Igape os servicios de titoría para a implantación de proxectos empresariais, consistentes en:

a) Apoia-los emprendedores nos primeiros pasos na posta en marcha da empresa, especialmente os orientados á xestión e organización dos recursos necesarios para o inicio da actividade.

b) Orienta-la actividade e as decisións empresariais durante as primeiras etapas do funcionamento da empresa.

7.2.2. A duración máxima destes servicios será a establecida como período de vixencia da cualificación como proxecto emprendedor.

Base 8ª.-Apoios e servicios á difusión da cultura emprendedora e á dotación de infraestructuras de soporte a Emprendedores.

8.1. Servicios de difusión da cultura emprendedora prestados polo Igape.

8.1.1. Para todos aqueles promotores de proxectos que poidan te-la consideración de novos emprendedores, segundo a base 3ª, o Igape poderá prestar de oficio e gratuitamente, servicios de sensibilización, información e formación co propósito de animar e orienta-los promotores na xeración de ideas empresariais e para a realización dunha primeira análise da viabilidade do seu proxecto.

8.1.2. Estas accións, complementarias ó resto de incentivos e apoios obxecto das presentes bases, serán de acceso libre, estando unicamente limitadas pola dispoñibilidade de prazas que metodoloxicamente recomende a execución de cada unha delas. En calquera caso, co obxecto de garanti-lo seu coñecemento por parte de todos aqueles promotores interesados, estas actividades será difundidas a través da Internet, medios de comunicación e entidades locais de promoción económica, que poderán ser invitadas a colaborar na súa organización.

8.1.3. A título enunciativo podemos enumera-las seguintes:

a) Seminarios de difusión da cultura emprendedora.

b) Charlas de motivación á creación de empresas.

c) Talleres de xeración de ideas empresariais.

d) Seminarios de planificación empresarial.

e) Talleres de emprendedores.

f) Guías para a creación de empresas.

g) Banco de ideas e proxectos.

8.2. Subvencións a fondo perdido sobre os gastos externos incorridos en accións de difusión da cultura emprendedora.

8.2.1. Os organismos intermedios regulados na base 3ª.1 poderán solicitar ó Igape subvencións a fondo perdido para financiar actividades de difusión da cultura emprendedora, complementarias ás descritas no punto 1 da presente base.

8.2.2. As actividades financiables ó abeiro da presente base deben cumpri-los seguintes requisitos:

a) Ser realizadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Ter carácter gratuíto.

c) Xustifica-lo interese e a novidade da proposta de difusión, e a relevancia da iniciativa en termos da súa repercusión.

d) Estar orientadas á poboación en xeral, a colectivos específicos de potenciais emprendedores ou a axentes dinamizadores da cultura emprendedora.

e) Complementar claramente as accións de difusión da cultura emprendedora desenvolvidas polo Igape ou por outros axentes de promoción e non interferir con ningunha outra actividade prevista.

8.2.3. A contía da achega do Igape poderá chegar ata o 80% dos gastos de publicidade e difusión e impresión e distribución dos realtorios ou publicacións vinculadas á iniciativa aprobada, sen que en ningún caso supere as seguintes cantidades:

-Iniciativas de ámbito local ou comarcal: 3.000 euros, equivalentes a 499.158 pesetas.

-Iniciativas de ámbito provincial: 6.000 euros, equivalentes a 998.316 pesetas.

-Iniciativas de ámbito autonómico: 15.000 euros, equivalentes a 2.495.790 pesetas.

-Iniciativas de ámbito nacional: 30.000 euros, equivalentes a 4.991.580 pesetas.

-Iniciativas de ámbito internacional: 60.000 euros, equivalentes a 9.983.160 pesetas.

8.2.4. Os requisitos das solicitudes e a tramitación serán as establecidas na base 9ª.

8.3. Centros de iniciativas empresariais.

8.3.1. Con carácter xeral, o Igape promoverá a habilitación de centros de iniciativas empresariais (en diante, CIES) para favorece-la implantación e maduración dos proxectos emprendedores que o requiran, mediante a formalización de convenios de colaboración con institucións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan iniciativas viables neste sentido, puidendo contribuír con subvencións de capital ós gastos de investimento e con actuacións de divulgación, asesoramento e tutela.

8.3.2. Non obstante o anterior, o Igape poderá afrontar directamente a súa construcción unicamente nos casos en que, resultando necesario e contrastada a existencia de demanda que avale a súa viabilidade,

non existiran iniciativas coas que colaborar neste sentido, todo iso supeditado ás dispoñibilidades orzamentarias correspondentes.

8.3.3. En todo caso, a intervención do Igape nesta materia quedará condicionada pola viabilidade técnica e económica das iniciativas dos CIES nos que interveña, e enmarcado nunha estratexia de promoción que favoreza as axeitadas especializacións deste tipo de centros.

8.3.4. As entidades públicas e privadas interesadas na promoción de CIES deberán manifesta-lo seu interese diante do Igape, quen iniciará, con recursos propios ou en colaboración coa entidade promotora, os estudios necesarios que permitan, se é o caso, a aprobación polo seu Consello de Dirección do correspondente convenio de colaboración.

Base 9ª.-Tramitación das solicitudes de subvención.

9.1. Solicitude de subvención.

As solicitudes de subvención presentaranse segundo os modelos que figuran no anexo II. Os interesados deberán presenta-la súa instancia, nas oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ou en calquera das formas previstas pola Lei

30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das

administracións públicas e do procedemento admi-

nistrativo común.

9.2. A solicitude acompañarase de:

a) A documentación, en orixinal ou en copia cotexada, enumerada no anexo III.

b) Calquera outra documentación ou información adicional que considere conveniente para unha correcta análise da solicitude.

9.3. Poderase excluír aquela documentación que figure xa actualizada no Igape, debendo o solicitante especifica-lo número de expediente no que anteriormente foi achegada.

9.4. Nos casos en que o solicitante xustifique que a execución do proxecto non admite demora e nembergantes non poida achegar algunha documentación por non tela expedida o órgano competente, poderase substituír esta pola presentación dun escrito razoado e a acreditación de ter solicitada esta documentación ante o órgano ou persoa competente para expedila, existindo a obriga de achegala con carácter previo á proposta de resolución.

9.5. Emenda de defectos.

Sen prexuízo do establecido no punto 9.4 anterior, se coa solicitude non se presentase a documentación esixida nestas bases, requirirase ó interesado para que nun prazo de 10 días hábiles desde o seguinte á recepción do requirimento emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, en caso contrario, será considerado desistido da súa petición, dictándose a correspondente resolución de arquivo, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do proce-

demento administrativo común, e cos efectos previstos no artigo 42.1º d dita lei. Este prazo, cando existan causas xustificadas, poderá ser prorrogado de oficio ou por instancia de parte por un período que non exceda a metade do inicial. O requirimento de documentación suspenderá o prazo para resolver.

9.6. Acta de presencia.

Para proxectos que superen os 600.000 euros (99.831.600 pesetas) de investimento, en data posterior á presentación da solicitude de subvención, o interesado deberá levantar acta notarial que reflicta fidedignamente a non iniciación dos investimentos para os que se solicita a axuda ou o seu estado de execución. Para os efectos de acreditar estes extremos, deberá presentarse no Igape, dentro do prazo de 15 días seguintes á presentación da solicitude, a correspondente acta notarial de presencia. Non obstante o anterior, o interesado poderá solicitar un prazo excepcional cando así o xustifique.

9.7. Estudio e avaliación da solicitude. As subvencións previstas na base 6ª serán xestionadas polos servicios da Subdirección de Xestión de Axudas á Innovación, Mellora da Competitividade e Cooperación Empresarial, e as previstas na base 8ª.2 polos servicios da Subdirección de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais.

O Igape poderá solicitar en calquera momento durante a tramitación do expediente, calquera outra documentación que considere relevante para os efectos de analiza-la solicitude.

9.8. Instruído o procedemento polo órgano xestor competente e, inmediatamente antes de dictar proposta de resolución, poñerase de manifesto ós interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presenta-los documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figure no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados

9.9. Concesión.

a) Unha vez avaliadas as solicitudes, a dirección xeral elevará a proposta de resolución das direccións das Área de Financiamento ou Promoción, segundo o caso e a súa competencia, ó presidente do Igape.

b) O presidente do Igape resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas no prazo máximo de seis meses, descontados os períodos de suspensión.

c) A concesión de subvencións por importe superior a 3.000.000 de euros (499.158.000 pesetas), requirirá a autorización do Consello da Xunta de Galicia.

d) Na resolución de concesión farase consta-lo importe do gasto subvencionable que hai que xustificar, a contía e porcentaxe da subvención concedida, as condicións e prazos previstos no proxecto subvencionado, o prazo de vixencia para o cumprimento de tódalas condicións da subvención, así como a obriga por parte do perceptor da subvención de

indicar en toda labor de difusión, publicidade ou análoga da actividade subvencionada, a mención expresa de que dita actuación foi financiada polo Igape e, se é o caso, pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Base 10ª.-Notificación e aceptación.

10.1. As resolucións de concesión deberán ser aceptadas por escrito polo beneficiario no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa notificación. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia a ela, dictándose resolución neste sentido. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumpri-las condicións establecidas na resolución, nestas bases e demais disposicións que sexan de aplicación.

10.2. Persoas xurídicas en constitución. Cando a concesión recaia sobre unha persoa xurídica en constitución, na resolución individual outorgarase un prazo máximo de 3 meses para que o beneficiario presente a documentación acreditativa da súa constitución e as circunstancias rexistrais, no caso de que non fose presentada anteriormente. Este prazo poderá ser prorrogado de oficio ou por instancia do beneficiario por un período que non superará a metade do inicialmente acordado, sempre que existan causas xustificadas. Transcorrido o prazo sinalado ou, se é o caso, as prórrogas concedidas a este, sen ter presentado a documentación, terase ó interesado por decaído nos seus dereitos, dictándose resolución de arquivo.

Base 11ª.-Recursos.

11.1. As resolucións dos expedientes instruídos ó abeiro do disposto nestas bases esgotarán a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, poderase interpoñer contra elas recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa notificación.

11.2. Con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo, poderase interpoñer no prazo dun mes desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución, recurso potestativo de reposición, que resolverá ó Consello de Dirección do Igape.

Base 12ª.-Obrigas dos beneficiarios.

12.1. Os proxectos subvencionados deberán executarse dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución individual de concesión con cumprimento das condicións e prescricións establecidas na dita resolución, nestas bases ou demais normativa de aplicación. Excepcionalmente, en casos xustificados, os prazos poderán ser prorrogados de oficio ou por instancia do interesado, por un período que non exceda a metade do inicialmente concedido.

12.2. Son obrigas dos beneficiarios, as establecidas no artigo 78.4º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, as establecidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e en particular:

a) Achegar toda a documentación xustificativa da realización do proxecto nos termos da resolución de concesión.

b) Se é o caso, mante-lo investimento subvencionado durante un período mínimo de cinco anos.

c) Cumpri-las demais condicións establecidas na resolución de concesión.

d) Facilita-las actividades de comprobación que o Igape considere oportuno realizar ó longo do desenvolvemento do proxecto ou en calquera fase do procedemento, que poderán ser exercidas directamente polo Igape ou polas empresas, persoas ou entidades que este designe e presentar nos prazos concedidos para o efecto tódala documentación ou información que lle sexa solicitada en calquera momento polo Igape. Estas actividades de comprobación poderán ser entre outras:

-Visitas ás instalacións nas que se realizou o proxecto.

-Acceso a toda a documentación relacionada co proxecto.

-Acceso ós rexistros internos da empresa, nos que se baseen as xustificacións técnicas e administrativas.

e) Notificarlle ó Igape calquera acto administrativo (solicitude, resolución, pagamento, entre outros) recaído en calquera outro expediente de axudas destinado ó financiamento do mesmo proxecto.

12.3. O incumprimento das citadas obrigas poderá dar lugar á revogación da concesión e, se é o caso ó reintegro do indebidamente percibido e os seus xuros de demora.

Base 13ª.-Incidencias e modificacións do proxecto.

13.1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda, e en tódolos casos, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, ou a súa revogación, no caso de considerarse que a modificación afecta a un aspecto substancial da concesión.

13.2. Os beneficiarios quedan obrigados a comunicar ó Igape calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente á execución dos fins para os que estas foron concedidas. En particular, deberá remitir unha declaración complementaria das axudas recibidas para o mesmo proxecto.

13.3. O presidente do Igape poderá acorda-la modificación da resolución a instancia do beneficiario, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conducta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación de ter concorrido na concesión inicial, non supuxeran a denegación da subvención.

13.4. O acto polo que se acorde a modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, a súa denegación, será dictado polo órgano concedente unha vez instruído o correspondente expediente no que se dará audiencia ós interesados. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figure no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

13.5. Sen necesidade de instar procedemento de modificación, o Igape poderá aceptar variacións nos diversos capítulos aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou en menos, non exceda o 20% de cada capítulo e que, no seu conxunto, non varíe o total aprobado nin desvirtúe as características do proxecto e as condicións que fosen tidas en conta para resolve-la concesión.

13.6. Cando o Consello da Xunta de Galicia autorizase a concesión inicial deberá autorizar igualmente a súa modificación.

Base 14ª.-Xustificación.

14.1. A xustificación ante o Igape da execución do proxecto e do cumprimento de tódalas condicións será realizada polo beneficiario como máximo dentro dos catro meses seguintes ó vencemento do prazo de vixencia establecido na resolución de concesión para a execución do mesmo, mediante a presentación da documentación citada no anexo V.

14.2. Cando na resolución individual de concesión se fixasen prazos parciais para que o beneficiario acredite a execución, como mínimo, dunha determinada porcentaxe de gastos subvencionados ou o cumprimento doutras condicións, o seu incumprimento significará o inicio dun expediente que poderá finalizar coa revogación da axuda.

14.3. No caso de que existan razóns xustificadas para o atraso no cumprimento de condicións, os prazos de execución que se establecesen na resolución de concesión, poderán ser prorrogados de oficio ou por instancia do beneficiario mediante resolución expresa e motivada.

14.4. Para os efectos de que o órgano xestor competente expida informe positivo do cumprimento das condicións, será necesario obte-las autorizacións administrativas que, para a instalación e ampliación das industrias esixan as ordenanzas municipais e demais disposicións legais vixentes. Este informe

entenderase emitido con carácter provisional ata transcorrido o prazo de 5 anos a partir da finalización do prazo de vixencia, prazo durante que o Igape poderá realiza-las actuacións de comprobación que considere oportunas para verifica-la correcta aplicación das subvencións.

14.5. Excepcionalmente, cando a xustificación documental resulte insuficiente para acredita-lo importe e a realización de determinados gastos, o Igape poderá solicitar, ademais, que se achegue informe de auditoría independente.

Base 15ª.-Aboamento das subvencións.

15.1. O aboamento das subvencións realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización total ou parcial do proxecto e o cumprimento das condicións, de acordo coa seguinte regulación:

15.2. Para o cobro da subvención o beneficiario deberá presentarlle ó Igape unha solicitude de cobro axustada ó modelo e coa documentación que se xunta como anexo V, acompañada, se é o caso, do xustificante de constitución da garantía correspondente antes do pagamento efectivo desta.

15.3. Poderase solicita-lo cobro:

a) Como liquidación única da subvención. Unha vez finalizado o prazo de vixencia e dentro do prazo máximo de catro meses, deberá acreditarse a execución da totalidade do proxecto e o cumprimento total das condicións establecidas na resolución individual.

Así mesmo, poderase efectuar un pagamento único da subvención, dentro do prazo de vixencia, aínda cando quede pendente de acreditar algunha condición, unha vez xustificada a execución da totalidade do proxecto subvencionado e o cumprimento daquelas condicións que o seu prazo vencese con anterioridade á presentación da solicitude de cobro. Neste caso, o cobro da subvención estará condicionado á previa presentación das oportunas garantías esixidas polo Igape nos termos indicados na base 15.3.b) e) . Cando o beneficiario acredite que foron cumpridas tódalas condicións da resolución individual, autorizarase o levantamento do aval.

b) Mediante liquidacións parciais. Dentro do prazo de vixencia e a medida que se vaia xustificando a realización do gasto subvencionado e o cumprimento de condicións, poderán efectuarse pagamentos parciais a conta da liquidación, sempre que concorran os requisitos e circunstancias seguintes:

A) Que o interesado o solicite.

B) Que se xustifiquen non só o gasto incorrido senón os pagamentos efectuados na mesma proporción que represente o pagamento parcial respecto á subvención concedida ata ese momento con cargo ó proxecto de investimento aprobado.

C) O importe que se pode satisfacer por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso a anualidade prevista para cada exercicio orzamentario, de acordo co calendario anexo á resolución de concesión, nin excede-lo 80% do total da sub

vención concedida, nin solicitarse por un importe inferior a 30.050,61 euros (5.000.000 de pesetas).

D) Os pagamentos parciais quedarán condicionados ó resultado da liquidación definitiva da subvención.

E) Deberase presentar garantía constituída mediante aval solidario de entidade financeira ou outra garantía suficiente, depositada na Caixa Xeral de Depósitos que cubra o importe do pagamento parcial e dos seus xuros calculados ó tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento da súa concesión e polo prazo que medie entre a data de solicitude e como mínimo aquela en que se cumpran seis meses do fin do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión.

Base 16ª.-Incumprimento.

16.1. Non se poderá esixi-lo pagamento da subvención concedida e procederá a revogación da axuda e, se é o caso, o reintegro total ou parcial da contía percibida e os xuros de demora devengados desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda.

d) Incumprimento das condicións impostas ós beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

16.2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos nos que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia coas subvencións ou axudas doutras administracions ou doutras entidades públicas, supere as porcentaxes máximas de axuda establecido na base 17ª.

16.3. O procedemento de incumprimento iniciarase de oficio, polo órgano do Igape que dictou a resolución de concesión, ben a iniciativa propia, como consecuencia das actuacións de control da Intervención Xeral, por petición razoada doutros órganos que teñan atribuídas facultades de comprobación na materia, ou por denuncia.

16.4. O procedemento iniciarase mediante a comunicación ó beneficiario das presuntas causas determinantes do incumprimento e as súas posibles consecuencias. Os interesados poderán, en calquera momento do procedemento anterior ó trámite de audiencia, aducir alegacións ou achegar documentos e outros elementos de xuízo.

16.5. Incumprimento parcial. Sempre que se cumpran os requisitos ou condicións mínimas esixidas na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance e a obriga, se é o caso, de reintegro do indebidamente percibido e os seus xuros de demora, de acordo cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos de gasto subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ó gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables, deben

do reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 50% do gasto subvencionable ó que se obrigase o beneficiario, entenderase que o dito incumprimento é total, debendo reintegrarse tódalas cantidades percibidas e os xuros de demora. Excepcionalmente o Consello de Dirección do Igape poderá autorizar un incumprimento parcial cando as súas causas quedasen suficientemente xustificadas e non se desvirtuase a finalidade da subvención.

b) En caso de que o incumprimento se refira á obtención da subvención por unha contía que o seu importe, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas excedese os topes máximos legalmente permitidos, procederá o reintegro do exceso obtido sobre os ditos topes máximos.

c) Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos previstos nas alíneas anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

d) A concorrencia de distintas causas de incumprimento ou incidencias dará lugar á aplicación de cada unha delas das reglas previstas neste punto.

e) Procederá declara-la revogación total da axuda cando o incumprimento se refira ós requisitos da base 3ª.

16.6. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redacta-la proposta de resolución, poñerase de manifesto ós interesados, que disporán dun prazo de quince días para alegar e presenta-los documentos e xustificacións que coiden pertinentes. Poderase prescindir deste trámite cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

16.7. Presentadas as alegacións ou transcorrido o prazo de quince días sen contestación por parte do beneficiario, o Igape dictará a resolución que proceda, pronunciándose sobre o alcance do incumprimento e, se é o caso, a obriga de reintegro das cantidades percibidas.

16.8. Cando se acredite que o incumprimento non resulte de gran entidade, non desvirtúe a finalidade da axuda, non sexa imputable á empresa beneficiaria ou, quedando suficientemente xustificadas as causas, non se ocasionasen prexuízos a terceiros, o Igape poderá optar por incoar procedemento de modificación do proxecto inicial.

16.9. O prazo máximo para resolve-los procedementos sobre incumprimento será de seis meses computados desde o acordo de inicio. Se pasado o dito prazo non se dictase resolución, entenderase caducado o procedemento sen prexuízo de que se notifique a resolución declarando a caducidade e ordenando o arquivo das actuacións.

16.10. O reintegro voluntario polo interesado, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte resolución pola que se declare a dita circunstancia e da iniciación do procedemento sancionador cando os feitos que moti

varon o procedemento de reintegro puideran ser constitutivos de infracción administrativa.

16.11. Será competencia dos órganos de recadación a xestión recadatoria en período voluntario e en período executivo nos expedientes de reintegro, en virtude do disposto pola Consellería de Economía e Facenda. As contías que hai que reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación o previsto nos artigos 19 e 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Base 17ª.-Incompatibilidade.

17.1. As axudas previstas nestas bases para proxectos incardinados nun plan de empresa serán incompatibles con aquelas outras reguladas polo Igape, ou calquera Administración ou organismo público da Comunidade Autonóma de Galicia e que respondan ós mesmos obxectivos destas bases e impliquen así mesmo un tratamento integral do proxecto obxecto da subvención.

17.2. Sen prexuízo dos límites específicos establecidos nestas bases, e con carácter xeral, estas axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera Administración pública, institución ou ente público ou privado, sempre e cando non se excedan, en termos de subvención bruta ó 50% dos gastos subvencionables, podéndose acadar ata o 75% respectando os límites de minimis establecidos pola Comisión Europea. A subvención sobre gastos de investimento non poderán supera-lo 40% de subvención neta equivalente, salvo nos casos de Pemes que poderá acadarse ó 55%

Base 18ª.-Publicación de concesións.

Trimestralmente, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ó abeiro das presentes bases para aqueles proxectos que superen os 300.000 euros, (49.915.800 pesetas) de gasto subvencionable, expresando beneficiario, finalidade, contía, emprego creado e aplicación orzamentaria.

Base 19ª.-Informes.

Para os efectos de configurar unha base de datos autonómica sobre axudas e subvencións públicas, segundo o establecido na disposición adicional terceira do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, o Igape remitirá á Consellería de Economía e Facenda a información sobre a xestión das axudas establecidas nestas bases.

Base 20ª.-Restriccións ó dereito de acceso a arquivos e rexistros.

En virtude do establecido no artigo 37 da Lei de réxime xuridico das administracións públicas e de procedemento administrativo común, e para a necesaria protección do segredo comercial ou industrial dos solicitantes das axudas reguladas nestas bases, entenderase excluído o dereito de acceso a arquivos e rexistros administrativos respecto do plan estratéxico empresarial que, se é o caso, forme parte do expediente, así como daqueles outros documentos

que polo seu contido deban ter este mesmo tratamento.

Base 21ª.-Control e comprobación das axudas.

21.1. Sen prexuízo da comprobación material previa ó pagamento da realidade dos gastos subvencionados que proceda, o Igape, anualmente, elaborará un plan de comprobación de axudas e subvencións, cos criterios que estableza o seu Consello de Dirección e que en todo caso deberá garanti-la obxectividade da mostra sinalada. Todo iso sen prexuízo das competencias doutros organismos e entidades respecto vixilancia e control de axudas e subvencións.

21.2. Así mesmo, as empresas beneficiarias sométense ás actuacións de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e do Tribunal de Contas, así como as que poida efectuar, se é o caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no suposto de cofinanciamento das axudas con fondos europeos. Neste sentido os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polo ditos organismos.

Base 22ª.-Interpretación.

22.1. En todo o non disposto polas presentes bases, será de aplicación o disposto para axudas e subvencións na Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o Decreto 287/2000, do 21 de novembro que desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

22.2. Correspóndelle ó presidente do Igape a facultade de dicta-las disposicións necesarias para a aplicación das axudas previstas nestas bases, así como para resolve-las dúbidas concretas que se susciten en aplicación delas.

Base 23ª.-Vixencia.

23.1. As presentes bases entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación expresa. Anualmente e unha vez aprobado o seu orzamento, o Igape publicará a reserva de crédito dispoñible con cargo a elas para cada exercicio orzamentario, limitándose a concesión ás dispoñibilidades orzamentarias.

23.2. No caso dos expedientes que non puideran ser resoltos favorablemente por falta de crédito, e unha vez habilitado no exercicio seguinte, os solicitantes poderán reitera-la súa solicitude, computándose a data da primeira solicitude para os efectos de realización das actuacións subvencionables.

Base 24ª.-Silencio administrativo.

As solicitudes que non fosen resoltas nos prazos que para cada caso se establecen nas presentes bases poderán considerarse desestimadas.

ANEXO III

MODELO 1

REQUISITOS DO CONTIDO DO PLAN DE EMPRESA

PARA UN HORIZONTE DE 5 ANOS

A extensión do dito Plan de empresa non deberá estenderse en mais de 50 páxinas. Deberán desenvolverse alomenos os epígrafes, respectando no máximo posible o contido dos subepígrafes. O resto da información que o promotor considere relevante pode incluíla en forma de anexos ó documento principal.

Índice de plan de empresa:

1. Proxecto empresarial e presentación dos emprendedores.

1.1. Definición das características xerais do proxecto.

1.2. Resumo do proxecto: investimento total, recursos propios e alleos, proxección de vendas, resultados estimados, localización, etc.

1.3. Presentación dos emprendedores: formación, experiencia empresarial, etc.

1.4. Actividade da empresa: o producto ou o servicio.

1.5. Definición das características do producto ou servicio que vai ser obxecto da actividade da empresa.

2. Orixe e contía dos fondos, describindo con carácter obrigatorio a xustificación da orixe dos fondos para financia-lo proxecto, que inclúa a xestión mediante autofinanciamento de alomenos un 30% do proxecto.

3. A estructura da propiedade e capital da empresa, que inclúa a relación nominal de apoderados, e futuros apoderados.

4. O mercado.

4.1. Características diferenciadoras respecto ós productos ou servicios da competencia.

4.2. Normas que regula a fabricación ou comercialización do producto ou a prestación do servicio.

4.3. Protección xurídica.

4.4. Definición do mercado ó que se dirixirá o producto ou servicio: dimensión, localización, consumo, estructura, tipo de clientes, mercado real e mercado potencial.

4.5. Previsión da evolución do mercado.

4.6. A competencia: identificación das empresas competidoras, características destas, posición no mercado, vantaxes e inconvenientes do producto ou servicio respecto da competencia.

4.7. Participación prevista no mercado.

5. A comercialización do producto ou servicio.

5.1. Presentación do producto ou servicio.

5.2. Determinación do prezo de venda e a súa comparación cos da competencia.

5.3. Penetración no mercado. Canles de distribución. Rede comercial.

5.4. Accións de promoción: publicidade, catálogos, descontos, etc.

5.5. Previsión de vendas anuais.

5.6. Garantías, servicio técnico, servicio posvenda.

6. O proceso de producción ou de prestación do servicio.

6.1. Determinación do proceso de fabricación.

6.2. Selección de instalacións e equipos necesarios.

6.3. Tecnoloxía aplicada.

6.4. Aprovisionamento: materias primas, fornecedores, subministracións básicas, etc.

6.5. Xestión de stocks: materias primas, productos intermedios, productos terminados...

6.6. Determinación do custo do producto/servicio.

6.7. Control de calidade. Aseguramento da calidade. Procesos.

6.8. Medidas de seguridade e hixiene (prevención de riscos laborais).

7. A localización da empresa.

7.1. Localización prevista e criterios para a súa elección.

7.2. Terreos, edificios, instalacións.

7.3. Comunicacións e infraestructura.

7.4. Axudas públicas para a localización.

8. Recursos humanos.

8.1. Postos de traballo que se van crear.

8.2. Distribución por categorías e asignación de responsabilidades.

8.3. Organigrama.

8.4. Perfís das persoas que se van contratar: coñecementos, experiencia, etc.

8.5. Selección de persoal.

8.6. Formas de contratación.

8.7. Previsiones de crecemeento de emprego.

9. Plan económico-financeiro.

9.1. Investimentos.

9.2. Política de amortizacións.

9.3. Financiamento e distribución do capital.

9.4. Ingresos por áreas de negocio.

9.5. Custos variables.

9.6. Custos fixos.

9.7. Política de circulante.

9.8. Contas de resultados provisionais.

9.9. Balances provisionais.

9.10. Previsións de tesourería.

9.11. Rendibilidade do proxecto.

10. Os aspectos formais do proxecto.

10.1. Elección da forma xurídica.

10.2. Patentes, marcas e licencias.

10.3. Autorizacións, permisos, etc...

10.4. Estatutos ou proxecto de estatutos.

10.5. Estructura de dirección e xestión.

11. A innovación.

11.1. Aspectos innovadores (orixe, obxecto e grao de cambio).

11.2. Capacidade imitativa da competencia e grao de protección.

11.3. Elementos de sustentabilidade da innovación.

11.4. Organización de recursos e medios técnicos e humanos.

12. Planificación temporal da posta en marcha.