Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Luns, 23 de xullo de 2001 Páx. 10.017

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 xullo 2001 pola que se fai público o contido das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da Peme galega.

O Consello de Dirección do Igape na súa reunión do 13 de xullo de 2001 aprobou as bases reguladoras das axudas do Igape para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da Peme galega, segundo o texto que se xunta á presente resolución, facultando a directora xeral para a súa publicación.

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer público o texto das bases reguladoras das axudas do Igape para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da Peme galega, o que se xunta á presente resolución.

O crédito reservado para o financiamento das axudas que se van conceder no exercicio 2001 con cargo a estas bases ascende a 11.875.999,18 euros, equivalentes a 1.976.000.000 pesetas.

Este crédito financiarase con cargo ós orzamentos do Igape para 2001, e poderanse establecer compromisos plurianuais dentro dos límites autorizados e coas contías e contra as partidas orzamentarias seguintes:

02.02.11.03.01.656; 8.450.230,18 euros, equivalentes a 1.406.000.000 de pesetas.

02.02.11.01.01.656; 2.103.542,36 euros, equivalentes a 350.000.000 de pesetas.

01.02.11.01.02.623; 300.506,05 euros, equivalentes a 50.000.000 de pesetas.

02.02.11.02.01.656; 601.012,10 euros, equivalentes a 100.000.000 de pesetas.

01.02.11.04.01.651; 120.202,42 euros, equivalentes a 50.000.000 de pesetas.

01.02.11.04.02.623; 300.506,05 euros, equivalentes a 20.000.000 de pesetas.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas do Igape para os programas de apoio á continuidade e mellora competitiva da Peme Galega

O Igape, no inicio dunha etapa renovada no esforzo a prol do progreso da empresa galega, de acordo co Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, proponse intensifica-lo pulso que desde

o comezo da súa actividade se ven dando ás Pemes co obxectivo de axudalas na súa mellora, e garanti-la súa competitividade e por ende a súa continuidade no mercado. Todo iso conscientes de que son as Pemes as que sustentan a meirande parte do tecido empresarial da Comunidade Autónoma.

Ademais, intégranse nestas bases as actuacións que o programa operativo Peme aprobado para España para o período 2000-2006 e que xerou o Real decreto 582/2001, do 1 de xuño, polo que se establece o réxime de axudas e o sistema de xestión do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme, determinando a responsabilidade de xestión do plan nas comunidades autónomas, correspondéndolle ó Igape a xestión no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

As directrices comunitarias sobre axudas do Estado ás pequenas e medianas empresas (96/C 213/04) e o Regulamento 70/2001 da Comisión Europea relativo á aplicación das ditas axudas, recoñecen a función decisiva das Pemes na creación do emprego e como factor de estabilidade social e dinamismo económico. Así mesmo, recoñece as súas necesidades de axuda que contrarresten aquelas imperfeccións do mercado que puidesen coarta-lo seu desenvolvemento económico; isto é, axudalas a consegui-la necesaria innovación tecnolóxica, a mellora-la súa xestión, a ampliar novos mercados así como facilita-la súa transmisibilidade, especialmente nos casos de empresa familiar.

Nesta liña, o Igape pretende ofertar nestas bases de axuda un abano integrado de apoios as Pemes galegas para axudalas na súa ampliación, modernización e consolidación. A resposta do Igape ás necesidades das Pemes verase acompañada dun elemento de claro valor engadido: a elaboración previa dun estudio de diagnóstico empresarial, concebido coma unha ferramenta de reflexión sobre as potencialidades e riscos das Pemes que reflicta a posición das empresas no mercado, as súas debilidades e fortalezas, así como que indique os camiños oportunos para a súa mellora.

Con carácter xeral, as accións de mellora para as que se solicite axuda deberán incardinarse nas medidas propostas no dito diagnóstico, que poderán ser elaboradas pola propia empresa solicitante de axuda ou en determinados supostos, directamente polo Igape. Non obstante, o requisito do diagnóstico excepciónase en determinados proxectos os que a súa entidade e especificidade non xustifica a necesidade deste.

Tamén se pretende apoia-las iniciativas de organismos intermedios cando representen actuacións en beneficio directo da mellora competitiva das pequenas e medianas empresas galegas.

O Igape aborda pois un novo camiño na procura da promoción económica da Comunidade Autónoma de Galicia a longo prazo, introducindo un programa aglutinador que combine as axudas económicas coa prestación directa de servicios ás empresas, e regulando deste xeito un conxunto de instrumentos, tipo

loxía de iniciativas apoiables e procesos de xestión que rexerán os sistemas de incentivos e axudas ás Pemes galegas cara a garanti-lo seu crecemento sostido e a súa continuidade inter-xeracións.

Ó mesmo tempo, a regulación integrada das distintas liñas dirixidas con carácter xeral á consolidación das Pemes galegas así como, a específicas que se integran no Plan de Consolidación e Competitividade da Peme, haberá de facilita-la súa conexión e incardinación na consecución do obxectivo final de facilita-lo seu coñecemento ó empresariado das posibles estratexías que se van adoptar e facilita-la súa xestión.

Base 1ª.-Obxectivos.

Son obxectivos prioritarios das axudas establecidas nestas bases:

1.1. Promove-la definición de proxectos empresariais integrais e incentivar dentro deles as actuacións nos ámbitos da consolidación, modernización, innovación tecnolóxica e de xestión, cooperación interempresarial, acceso a novos mercados e en xeral, aquelas que poidan representar un incremento do capital material e intelectual como chave da consolidación e crecemento sostido, a través de actuacións que as forzas do mercado por si mesmas dificilmente determinarían.

1.2. Facilita-la continuidade e a transmisibilidade das pequenas e medianas empresas co fin de asegura-la súa capacidade competitiva e de xeración de emprego.

Base 2ª.-Tipos de apoio.

Os apoios previstos nestas bases poderán consistir en:

2.1. Apoios á implantación de proxectos de mellora competitiva baseados nun diagnóstico previo.

Neste ámbito o Igape poderá realiza-las seguintes actuacións:

a) Conceder subvencións a fondo perdido ós investimentos e outros gastos vinculados á implantación do proxecto.

b) Promover actuacións encaminadas a facilitarlle á empresa o acceso ós recursos financeiros necesarios para a implantación do seu proxecto, a través de convenios de colaboración con institucións, entes de calquera natureza ou organismos intermedios de afianzamento.

c) Elabora-los estudios de diagnóstico empresarial cando así resulte aconsellable e de acordo co establecido nas presentes bases.

2.2. Subvencións a fondo perdido a iniciativas que en materia de consolidación e competitividade non requiran dun diagnóstico previo.

2.3. Subvencións a fondo perdido das accións que en materia de difusión dos instrumentos dirixidos á mellora competitiva das Pemes, sexan acometidas por organismos intermedios colaboradores.

2.4. O Igape, de oficio, poderá realizar sempre que, dispoñendo das dotacións orzamentarias axeitadas, así se considere de interese, entre outros, os servicios que a seguir se relacionan:

a) Estudios de mercado, consistentes na avaliación do interese dun mercado potencial, adecuadamente identificado e que poida beneficiar a un conxunto de empresas.

b) Estudios sectoriais, consistentes na realización de estudios que analicen en profundidade as Pemes galegas dun determinado sector e determine en consecuencia un conxunto de accións planificadas que poidan beneficialas individual o colectivamente.

c) Accións de difusión das diferentes estratexias que acometerán as Pemes para asegura-la súa continuidade e capacidade competitiva.

Base 3ª.-Requisitos dos beneficarios.

Poderán ser beneficiarios dos apoios recollidos nas presentes bases:

3.1. As pequenas e medianas empresas, segundo a definición do anexo IV, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter radicado o centro da súa actividade ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Dedicarse a calquera das actividades sinaladas na base 4ª.

3.2. As persoas físicas que teñan a condición de socio actual ou futuro e pretendan tomar ou amplia-la súa participación no capital social dunha Peme, que cumpra o requisito de actividades da base 4ª; poderán ser beneficiarios dos apoios á continuidade de empresas, establecidos na base 5ª.3.6.

3.3. Os organismos intermedios colaboradores que presten con carácter habitual servicios ás Pemes galegas. Entenderase por organismos intermedios aquelas entidades de carácter público, semipúblico ou privado, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro no desenvolvemento das súas actividades.

3.4. Os beneficiarios de axudas para a implantación dun proxecto ó abeiro destas bases deberán achegar para este un autofinanciamento de alomenos un 30% dos custos previstos, e que non poderá ser obxecto de ningunha axuda ou subvención.

3.5. Os beneficiarios de axudas para a implantación dun proxecto ó abeiro destas bases, deberán comprometerse a manter unha determinada composición do accionariado nos supostos en que esta represente un elemento substancial para garanti-la viabilidade técnica, económica e financeira do proxecto e así se estableza na resolución de concesión da axuda.

3.6. Os beneficiarios que presenten proxectos subsceptibles da súa integración no Plan de Consolidación e Competitividade da Peme do Ministerio de Economía e Facenda deberán reuni-los requisitos

e cumpri-las condicións que se regulan no anexo VI a estas bases.

Base 4ª.-Actividades subvencionables.

4.1. Con carácter xeral, e sen prexuízo das especificacións que se establezan para determinadas actuacións, serán subvencionables ó abeiro das presentes bases as actividades económicas seguintes:

a) A extracción, procesamento, transformación ou comercialización das produccións agrícolas, pesqueiras, gandeiras e forestais.

b) A extracción, procesamento, transformación, producción ou comercialización de minerais, productos enerxéticos e os seus derivados.

c) A industria manufactureira, o comercio, o turismo, a construcción, a artesanía ou os servicios.

d) A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.

e) As actividades de electrónica, biotecnoloxía, robótica, audiovisual, telemática, telecomunicación, e calquera outra de avanzada tecnoloxía, así como os procesos de creación intelectual propios das ditas actividades.

f) A fabricación ou comercialización de bens de equipo ou unidades productivas relacionadas con calquera das actividades sinaladas anteriormente.

4.2. O Igape poderá establecer convenios individual ou conxuntamente cos distintos departamentos da Xunta de Galicia e outras institucións públicas, co fin de implementar liñas de apoio sectoriais ou de proxectos que se xulguen estratéxicos. O seu réxime e condicións adecuaranse ó que se estableza nos citados convenios, que serán obxecto de publicación no DOG.

4.3. Para aquelas actividades que se atopen comprendidas dentro dos sectores regulados polas normas específicas da Unión Europea sobre axudas estatais, as axudas previstas nestas bases axustaranse en cada caso ás ditas normas específicas.

4.4. Periodicamente e de acordo coas estratexias da política económica que resulten aplicables, o Consello de Dirección do Igape determinará as actividades subvencionables e as preferentes.

Base 5ª.-Proxectos de mellora competitiva baseados nun diagnóstico previo.

5.1. Diagnóstico empresarial.

5.1.1. As solicitudes de subvención ós programas de implantación de melloras competitivas presentadas ó abeiro desta base, deberán fundamentarse nun diagnóstico previo, entendido como unha análise profunda e rigorosa da empresa solicitante que xustifique a necesidade da acción de mellora para a que se solicita o apoio público, e a incardine nun proxecto global de empresa a medio-longo prazo.

O dito diagnóstico deberá ser integral e referirse á empresa no seu conxunto, salvo no caso dunha proposta de actuación limitada a novos mercados ou iniciativas de cooperación empresarial segundo

os puntos 5.3.4 e 5.3.5 seguintes, nestes casos o diagnóstico poderá ser parcial e limitarse ós procesos afectados pola proposta.

En todo caso, deberá incluír unha análise de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades (DAFO) que xustifiquen a actuación para a que se solicita axuda.

Os diagnósticos integrais deberán presentarse seguindo o modelo I establecido no anexo III a estas bases.

5.1.2. En todo caso, o diagnóstico previo deberá ser validado polo Igape en canto ó seu contido, ó interese xeral e ó impacto na Peme do plan de acción presentado.

5.1.3. As Pemes que utilicen medios alleos para a realización do diagnóstico, poderán incluí-los custos externos deste traballo como un custo engadido que se terá en conta na solicitude de axuda á implantación, sempre e cando previamente ó seu inicio presenten no Igape unha declaración manifestando a súa intención.

5.2. Prestación de servicios á elaboración do diagnóstico.

5.2.1. O Igape, ata o límite de crédito dispoñible, poderá prestar, directamente ou a través dos seus colaboradores, servicios de elaboración do diagnóstico integral ó que se refiere o punto 5.1 anterior, sempre que considere xustificada a necesidade de elaboración deste directamente polo Igape.

5.2.2. As Pemes que reúnan os requisitos da base 3.1. poderán presenta-las súas solicitudes segundo formato do anexo II, no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Complexo Administrativo San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela) ou en calquera das formas previstas no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracions públicas e do procedemento administrativo común.

5.2.3. A instancia deberá ir acompañada da documentación descrita no anexo III. Poderase excluír aquela documentación que figura xa actualizada no Igape, debendo o solicitante especifica-lo número de expediente no que anteriormente foi achegada.

5.2.4. Nos casos nos que o solicitante xustifique que o inicio da execución do proxecto non admite demora e sen embargo non poida achegar algunha documentación por non expedila o órgano competente, poderase substituír esta pola presentación dun escrito razoado e a acreditación de ter solicitada a dita documentación ante o órgano ou persoa competente para expedila, existindo a obriga de achegala con carácter previo á proposta de resolución.

5.2.5. Presentada a solicitude, se esta non reunise os requisitos esixidos nestas bases, requirirase o interesado para que nun prazo de 10 días hábiles desde o seguinte á recepción do requirimento emende a falta ou presente os documentos preceptivos, coa indicación de que en caso contrario teráselle por desistido da súa petición e dictarase a correspondente resolución de arquivo, de acordo co esta

blecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e cos efectos previstos no artigo 42.1º da dita lei. Este prazo, cando existan causas xustificadas, poderá ser prorrogado de oficio ou por instancia de parte por un período que non exceda a metade do inicial. O requirimento de documentación suspenderá o prazo para resolver.

5.2.6. En calquera estado do procedemento, o Igape poderá requiri-la documentación ou realiza-las actuacións que considere oportunas para os efectos de comprobar ou amplia-la información presentada polo solicitante. Os servicios técnicos da Subdirección de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais do Igape notificarán, por escrito, estos requirimentos ó interesado, fixando un prazo de 15 días laborais para peseta-la documentación solicitada.

5.2.7. Unha vez avaliadas as solicitudes, o director da Área de Promoción, Innovación e Información Especializada elevará a proposta de resolución do subdirector de Difusión Tecnolóxica e Plans Estratéxicos Empresariais á Dirección Xeral do Igape, quen resolverá o expediente no prazo máximo de dous meses, descontados os períodos de suspensión.

5.2.8. As resolucións esgotarán a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto na Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, poderase interpoñer contra elas recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa notificación. Potestativamente, e con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo, poderase interpoñer no prazo dun mes desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución, recurso de reposición, que resolverá o Consello de Dirección do Igape.

5.3. Medidas de mellora que poden ser obxecto de axuda.

Os beneficiarios descritos nos puntos 1 e 2 da base 3ª, poderán, segundo cada caso, solicitar axuda para a implantación das medidas de mellora que se enumeran de seguido, sempre e cando, o estudio do diagnóstico empresarial a que fai referencia no punto 5.1 anterior, determinase a súa necesidade, conveniencia e prioridade na estratexia da empresa.

5.3.1. Innovación de productos ou procesos productivos.

Poderán incentivarse as actuacións de innovación de productos ou de procesos productivos na Peme, sempre e cando a dita actuación xere expectativas de mellora competitiva claras definidas respecto ó diagnóstico empresarial.

Entenderase por innovación para efectos desta medida, a fabricación e lanzamento de novos productos e a introducción de novos procesos de fabricación.

5.3.2. Ampliación e mellora da capacidade productiva ou de posicionamento en novos mercados.

Poderán incentivarse aquelas actuacións das Pemes que teñan por obxectivo o incremento, mellora ou diversificación da capacidade de producción da empresa en Galicia, ou de comercialización de productos no ámbito nacional, sempre e cando as actuacións propostas sexan determinantes para a mellora cualitativa na posición competitiva da empresa e resulten necesarias para asegura-la súa continuidade a curto e medio prazo, considerando as condicións que o mercado establece.

5.3.3. Melloras en ámbitos da xestión empresarial.

Poderá incentivarse a posta en marcha de plans de actuación dedicados á innovación na xestión da empresa no seu conxunto ou nalgún dos seus procesos.

5.3.4. Cooperación empresarial.

5.3.4.1. Co fin de promover estas actuacións, poderase incentiva-la participación das Pemes galegas en acordos de cooperación interempresariais destinados ó desenvolvemento de:

a) Acordos no ámbito do abastecemento, transporte, producción, comercialización e outros de xestión compartida.

b) Acordos de especialización ou redimensionamento.

c) Acordos no ambito tecnolóxico.

5.3.4.2. Os acordos anteriores poderanse plasmar na participación conxunta en capital, ou calquera outra fórmula de cooperación entre dúas ou máis empresas, económica e xuridicamente independentes, co obxecto de acadar unha mellora da súa actividade empresarial.

5.3.4.3. O proxecto de cooperación poderá ser promovido por unha empresa non Peme ou un centro tecnolóxico, sempre e cando os beneficiarios directos da cooperación sexan Pemes convenientemente identificadas nun acordo previo formalizado en escritura pública. Para tal efecto, subscribiranse os oportunos convenios de colaboración que fixen as condicións da axuda.

5.3.5. Exploración de novos mercados.

Poderanse conceder subvencións a fondo perdido ás Pemes galegas que o soliciten sobre os custos e gastos incorridos nos distintos procesos tendentes a facilita-lo acceso a novos mercados, a través do seu coñecemento, dos seus condicionantes e das posibilidades concretas e detalladas de explotación para as Pemes galegas fóra da Comunidade Autónoma, conforme as seguintes condicións:

a) Poderán subvencionarse aqueles traballos que permitan determina-los requisitos necesarios para abordar con garantías a expansión do negocio no exterior, xa sexa co obxecto do abastecemento de materias primas, a implantación productiva ou para a comercialización de productos fabricados na

Comunidade Autónoma. Os traballos poderán consistir en:

I. Estudios de mercado en determinados ámbitos xeográficos.

II. Definición de estratexias, recomendacións e procesos necesarios para o lanzamento de productos ou empresas en mercados externos á Comunidade Autónoma onde o interesado non teña implantación.

III. Determinación de condicionantes existentes en cada zona para a implantación (requisitos legais, restriccións, limitacións, recomendacións, e outros) incluíndo os requisitos rexistrais para a protección internacional da propiedade intelectual ou industrial.

b) Poderán subvencionarse, ademais, os gastos incorridos polas Pemes galegas para a súa primeira presencia en feiras internacionais de prestixio relacionadas directamente coa súa actividade en Galicia.

5.3.6. Continuidade de empresas.

Poderanse conceder subvencións a fondo perdido para actuacións dirixidas a contribuír á continuidade da Peme galega, facilitando a súa gobernabilidade e garantindo a súa permanencia futura, cando do diagnóstico previo se desprenda que a solicitante se atope nalgún dos seguintes casos:

a) Que, para a asegura-la continuidade da Peme, resulte necesaria unha estructura societaria substancialmente diferente á de partida, ou maior achega de recursos propios ou a incorporación dunha xerencia profesionalizada.

Poderán ser obxecto de axuda, as tomas de participación no capital existente, ou as ampliacións de capital realizadas por socios presentes ou futuros, ou ben por sociedades mercantís, sempre e cando estes últimos pertenzan ó mesmo sector ou a actividades complementarias deste, de xeito que a súa experiencia empresarial ou sectorial aconselle a participación na sociedade.

En todo caso, para ser subvencionables, estas operacións deberán asegura-la gobernabilidade da empresa, mediante a consecución de maiorías estables por un período mínimo de 5 anos.

b) No caso de empresas de carácter familiar, cando resulte conveniente a contratación de xerentes externos ou a protocolización e realización das operacións societarias que faciliten a continuidade ante os relevos xeracionais.

5.4. Conceptos subvencionables.

Serán subvencionables os seguintes gastos sempre que sexan directamente imputables ó proxecto en calquera das súas etapas, desde a data de recepción da solicitude no Igape, ata a data límite de vixencia do proxecto fixada na resolución individual.

5.4.1. Ata o límite máximo do 55%, poderán ser subvencionables os gastos de investimento que non superen os 600.000 euros (99.831.600 pesetas) e

que se consideren imprescindibles e específicos para a iniciativa concreta á que se destinen, de acordo cos seguintes criterios:

a) Con carácter xeral, os gastos de hardware e software necesario e adecuado para a implantación do proxecto.

b) Ademais, nos proxectos de innovación de productos ou procesos e nos de ampliación ou mellora da capacidade productiva ou de posicionamento no mercado, poderán te-la consideración de subvencionables os seguintes gastos de investimento:

I) Activos fixos materiais: terreos, urbanizacións e acometidas de servicios, obra civil, maquinaria, bens de equipo e traballos técnicos necesarios para a implantación productiva. No sector de transportes quedan excluídos os gastos destinados á adquisición de material de transporte (activos móbiles).

II) Activos de carácter intanxible: entre outros, a adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licencias de fabricación, patentes e o canon fixo de franquicias no seu primeiro ano.

III) Así mesmo, dentro do límite máximo de subvención neta equivalente aplicable ó conxunto de gastos de investimento do proxecto e calculada esta sobre a base uniforme composta polos conceptos de investimento subvencionables, poderán acollerse os gastos financeiros vinculados ás operacións de préstamo, crédito ou arrendamento financiero, ata un máximo do 75% do investimento subvencionable, destinadas a financia-lo proxecto investidor, á cancelación de pasivos a curto que se formalizasen para o financiaciamento destes investimentos ou ás achegas de capital que o financien, e que se devenguen durante os 5 primeiros anos da dita operación. Para ó cálculo dos ditos gastos financeiros aplicaranse as condicións que se establezcan na póliza ou no contrato e para o cálculo do tipo de xuro, o que sexa aplicable no momento da disposición da operación financeira correspondente, sempre que este se entenda axustado ás condicións de mercado. O importe da subvención destinarase á amortización do

préstamo subvencionado. As axudas relativas a achegas de capital non poderán excede-los límites cuantitativos establecidos no Regulamento (CE) nº 69/2001 da Comisión da Unión Europea do 12 de xaneiro de 2.001 relativo ás axudas de mínimis.

c) Os investimentos deberán realizarse en bens de primeiro uso, salvo no caso de que o proxecto consista no traspaso dun establecemento que pechase ou pechase non procederse á súa readquisición. Neste caso, computarase como importe subvencionable máximo o valor de taxación recollido en informe elaborado por sociedade de taxación homologada.

d) Quedan excluídos das axudas previstas na alínea b) os proxectos que desenvolvan as súas actividades nos sectores do comercio, a construcción e os servicios que non teñan a consideración de apoio industrial.

e) Os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos ditos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes da finalización do prazo concedido para a execución do proxecto.

f) O importe do investimento subvencionable determinarase excluíndo os impostos que gravan a adquisición dos bens.

5.4.2. Ademais do investimento, e ata un límite máximo de axuda con carácter xeral do 50%, puidéndose acadar ata o 75% con suxeición ó Regulamento (CE) nº 69/2001 da Comisión da Unión Europea do 12 de xaneiro de 2001 relativo ás axudas de mínimis, poderán ser subvencionados os seguintes tipos de gasto:

a) Os gastos de consultoría e asistencia técnica, honorarios ou aranceis de fedatarios públicos, adestramento específico dos traballadores e, no caso de innovación de producto ou proceso, custos externos de desenvolvemento realizados por centros tecnolóxicos ou universidades, sempre e cando teñan a consideración de gastos non vinculados á actividade ordinaria da empresa.

b) Os interesados que previamente á súa realización presentasen no Igape unha declaración do seu interese, poderán computarse para efectos de subvención os gastos de consultoría en que incorresen para a elaboración do diagnóstico.

c) No caso de empresas de carácter familiar, poderán concederse subvencións a fondo perdido sobre os custos externos de asesoría e consultoría destinados á preparación e formalización de protocolos de sucesión, así como os derivados da súa legalización dos mesmos.

d) A contratación específica para o proxecto de persoal especializado no proceso de implantación proposto. O gasto subvencionable será a retribución bruta percibida pola contratación proposta durante o período de desenvolvemento do proxecto e como máximo un ano, sempre e cando o seu custo supere o 20% do orzamento total do proxecto, non exista no seu cadro de persoal axeitado para este obxectivo e non sexa dedicado a tarefas ordinarias da empresa. Estos gastos poderán acadar ata o 75% de límite máximo de axuda, sen que sexa de aplicación o réxime de mínimis establecido pola Unión Europea.

e) Para proxectos que inclúan a primeira asistencia a feiras de carácter internacional considéranse subvencionables, os gastos de aluguer de espacio e servicios no recinto feiral e os gastos de traslado de materiais do beneficiario para a súa exposición no stand feiral.

f) Os gastos financeiros das operacións de préstamo vinculados á toma de participación previstas no punto 5.3.6 a) desta base. Para a transmisión de participacións, os custos máximos das operacións que apoie o Igape dependerán do seu valor teórico-contable, ou ben da valoración realizada por unha audi

toría independente. As axudas que se concederán sobre cada unha destas operacións calcularase sobre os gastos financeiros da operación durante como máximo os cinco primeiros anos da vixencia do préstamo e co método de cálculo descrito no punto 5.4.1bIII) anterior para este tipo de gastos. Estas axudas, dentro do límite xeral do 50% de gasto subvencionable, non poderán excede-los límites cuantitativos establecidos polo réxime de minimis da Unión Europea.

5.4.3. Quedan expresamente excluídos os seguintes gastos:

a) Custos habituais de funcionamento, e aqueles nos que a empresa puidera incorrer independentemente do proxecto proposto.

b) Custos de persoal (salvo no caso especificado no punto 5.4.2 d) anterior)

c) Custos de desenvolvemento da actividade resultante de acordos de cooperación.

d) Impostos, taxas e demais arbitrios.

5.4.4. Cando do total de gastos orzados, no proxecto, os gastos de investimento superen os 300.000 euros (49.915.800 pesetas) e representen máis do 80% do conxunto, tomaranse unicamente en consideración para efectos de subvención os gastos establecidos no punto 5.4.1 desta base.

5.4.5. Sen prexuízo do establecido na base 5.4.2.b), serán subvencionables os investimentos e gastos realizados e pagados con posterioridade á presentación da solicitude de axuda e anteriores á data límite de vixencia fixada na resolución individual.

5.5. Criterios preferentes. Serán criterios preferentes na concesión e na determinación da contía da subvención:

a) O impacto previsto do proxecto nos obxectivos empresariais establecidos no diagnóstico.

b) A innovación e interese estratéxico. Proxectos que desenvolvan actividades ou productos que, sendo de escasa implantación na Comunidade Autónoma de Galicia, teñan un interese estratéxico para ela.

c) A creación de emprego con contrato indefinido en relación ó investimento subvencionable.

d) O sector de actividade. Serán complexos de actividade preferentes:

I) Mar-industria.

II) Rochas ornamentais.

III) Agro-industria.

IV) Téxtil/confección.

V) Automóbil.

VI) Telecomunicacións-audiovisual.

VII) Turismo.

VIII) Silvícola-forestal e cadea da madeira.

IX) Ambiente.

e) O valor engadido resultante esperado na Peme.

f) A utilización de materias primas autóctonas pola Peme.

g) A orientación da producción cara á exportación.

h) A adaptación e mellora ambiental.

i) A existencia de transferencia de tecnoloxía no proxecto e as expectativas de exportación de tecnoloxía e productos autóctonos que xere o proxecto.

j) As necesidades da axuda en base á rendibilidade esperada do proxecto.

Base 6ª.-Proxectos dirixidos á consolidación e mellora competitiva que non requiren dun diagnóstico previo.

6.1. As Pemes e os organismos intermedios definidos no anexo VI poderán, sen necesidade de incluír un diagnóstico previo, solicitar subvención ó Igape para fomenta-la innovación en técnicas empresariais. As axudas irán orientadas a financiar proxectos promovidos por Pemes individuais ou por organismos intermedios para a súa aplicación nun conxunto de Pemes. A través desta medida proponse promover e apoia-los proxectos que teñan como fin a incorporación dunha cultura da innovación a través do deseño, da implantación de sistemas de calidade ou da cooperación entre empresas, por algunha das seguintes liñas de apoio:

6.1.1. Deseño. Poderán ser obxecto de axuda os proxectos que teñan como fin a incorporación, asimilación, ou aplicación de técnicas de deseño na Peme.

6.1.2. Redes interempresariais de cooperación. Preténdese promover e potenciar redes interempresariais para o efecto de facilitarlle á Peme mecanismos de adaptación á competencia que supón o mercado global.

6.1.3. Sistemas de calidade. Proxectos destinados a implantar sistemas de calidade e mellora ambiental nas Peme.

6.2. Ademais, os organismos intermedios definidos no anexo VI poderán solicitar axudas para o desenvolvemento de proxectos dirixidos a un conxunto determinado ou determinable de Pemes, que poden estar compostos por unha parte de análise de aplicación horizontal e por outra de achega de bens ou servicios ás Pemes participantes.

6.2.1. Sociedade da Información.

6.2.2. Innovación de procesos: xestión e organización en Pemes.

6.3. Tipoloxía dos proxectos e gastos subvencionables.

Os proxectos e os gastos subvencionables coas condicións, limitacións e os criterios preferentes que se especifican, serán os recollidos no anexo VI destas bases.

Base 7ª.-Iniciativas en materia de difusión e divulgacion de técnicas dirixidas a mellora competitiva das Pemes.

7.1. O Igape poderá subvenciona-las iniciativas dos organismos intermedios definidos na base 3ª en materia de difusión e divulgación de técnicas dirixidas á mellora competitiva das Pemes, tales como xornadas, seminarios, ciclos de conferencias, congresos, etc.

7.2. As actividades financiables ó abeiro da presente base deben cumpri-los seguintes requisitos:

a) Ser realizadas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Complementar claramente as accións de difusión en materia de técnicas dirixidas á mellora competitiva das Pemes desenvolvidas polo Igape ou por outros axentes de promoción e non interferir con ningunha outra actividade prevista.

c) Xustifica-lo interese e a novidade da proposta de difusión, e a relevancia da iniciativa en termos da súa repercusión.

7.3. A contía da achega do Igape poderá chegar ata o 80% dos gastos de publicidade e difusión e impresión e distribución dos relatorios ou publicacións vinculadas á iniciativa aprobada, sen que en ningún caso supere as seguintes cantidades:

-Iniciativas de ámbito local ou comarcal: 3.000 euros, equivalentes a 499.158 pesetas.

-Iniciativas de ámbito provincial: 6.000 euros, equivalentes a 998.316 pesetas.

-Iniciativas de ámbito autonómico: 15.000 euros, equivalentes a 2.495.790 pesetas.

-Iniciativas de ámbito nacional: 30.000 euros, equivalentes a 4.991.580 pesetas.

-Iniciativas de ámbito internacional: 60.000 euros, equivalentes a 9.983.160 pesetas.

7.4. Os requisitos das solicitudes e a tramitación serán as establecidas na base 8ª.

Base 8ª.-Tramitación das solicitudes de subvención.

8.1. Solicitude de subvención. As solicitudes de subvención presentaranse segundo os modelos que figuran no anexo II, nas oficinas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) ou en calquera das formas previstas pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

8.2. A solicitude presentarase xunto con:

a) A documentación, en orixinal ou en copia cotexada, enumerada no anexo III, para cada tipo de axuda.

b) Calquera outra documentación ou información adicional que considere conveniente para unha correcta analise da solicitude.

8.3. Poderase excluír aquela documentación que figure xa actualizada no Igape, debendo o solicitante especifica-lo número de expediente no que anteriormente foi achegado.

8.4. Nos casos en que o solicitante xustifique que o inicio da execución do proxecto non admite demora e sen embargo non poida achegar algunha documentación por non expedila o órgano competente, poderase substituír esta pola presentación dun escrito razoado e a acreditación de ter solicitada a dita documentación ante o órgano ou persoa competente para expedila, existindo a obriga de achegala con carácter previo á proposta de resolución.

8.5. Emenda de defectos. Sen prexuízo do establecido no punto 4 anterior, se coa solicitude non se aportase a documentación esixida nestas bases, requirirase o interesado para que nun prazo de 10 días hábiles desde o seguinte á recepción do requirimento emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, en caso contrario será considerado desistido da súa petición, dictándose a correspondente resolución de arquivo, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e cos efectos previstos no artigo 42.1º de dita lei. Este prazo, cando existan causas xustificadas, poderá ser prorrogado de oficio ou a instancia de parte por un período que non exceda a metade do inicial. O requirimento de documentación suspenderá o prazo para resolver.

8.6. Estudio e avaliación da solicitude.

8.6.1. Unha vez completas, as solicitudes das axudas previstas nas bases 5ª e 6ª serán estudiadas polos servicios da Subdirección de Xestión de Axudas á Innovación, da Área de Financiamento e a prevista na base 7ª, polos servicios da Subdirección de Difusión Tecnolóxica da Area de Promoción, Innovación e Información Empresarial.

8.6.2. Os diagnósticos integrais que fundamentan o proxecto serán elevados pola Subdirección de Xestión de Axudas á Innovación, á Comisión Técnica de Análise e Avaliación de Proxectos do Igape.

8.6.3. Para os proxectos que proceda, a avaliación da proposta será remitida á comisión mixta de seguimento do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme na Comunidade Autónoma de Galicia; que emitirá as propostas de resolución correspondentes.

8.6.4. O Igape poderá solicitar en calquera momento durante a tramitación do expediente, calquera outra documentación que considere relevante para os efectos de analiza-la solicitude.

8.7. Instruído o procedemento polas áreas correspondentes e, inmediatamente antes de dictar proposta de resolución, poñerase de manifesto ós interesados, para que no prazo de 10 días poidan alegar e presenta-los documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figure no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados

8.8. Concesión.

a) Unha vez avaliadas as solicitudes, a Dirección Xeral do Igape elevará a proposta de resolución dos directores das Áreas de Financiamento ou Promoción, segundo o caso e a súa competencia ó presidente do Igape.

b) O presidente do Igape resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas no prazo máximo de seis meses, que se reducirá a dous meses para as da base 7ª, descontados os de suspensión.

c) Na resolución de concesión farase consta-lo importe do gasto subvencionable que hai que xustificar, a contía e a porcentaxe da subvención concedida, as condicións e prazos previstos no proxecto subvencionado, o prazo de vixencia para o cumprimento de tódalas condicións da subvención, así como a obriga por parte do perceptor da subvención de indicar en todo labor de difusión, publicidade ou análoga da actividade subvencionada, a mención expresa de que a dita actuación foi financiada polo Igape, e, se é o caso, pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) ou a través do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme. Ademais nos proxectos que presenten diagnóstico previo, acompañarase o dictame da Comisión Técnica de Análise e Avaliación de Proxectos, que poderá sinalar outros apoios que polas características do proxecto poderían ser solicitados e referenciará os aspectos e condicionantes que se estimen oportunos para garantir un óptimo

desenvolvemento do proxecto.

Base 9ª.-Notificación e aceptación.

As resolucións de concesión deberán ser aceptadas por escrito polo beneficiario no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa notificación. No caso contrario, entenderase que o beneficiario renuncia a ela, dictándose resolución neste sentido. A aceptación por parte do interesado suporá a obriga de cumpri-las condicións establecidas na resolución, nestas bases e demais disposicións que sexan de aplicación.

Base 10ª.-Rercursos.

10.1. As resolucións dos expedientes instruídos ó abeiro do disposto nestas bases esgotarán a vía administrativa, polo que, de conformidade co previsto na Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, poderase interpoñer contra elas recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o seguinte ó da súa notificación.

10.2. Potestativamente, e con anterioridade á interposición do recurso contencioso-administrativo, poderase interpoñer no prazo dun mes desde o día seguinte á recepción da notificación da resolución, recurso de reposición, que resolverá ó Consello de Dirección do Igape.

Base 11ª.-Obrigas dos beneficiarios.

11.1. Os proxectos subvencionados deberán executarse dentro dos prazos máximos que se establezan na respectiva resolución individual de concesión con cumprimento das condicións e prescripcións establecidas nela, nas presentes bases ou demais nor

mativa de aplicación. Excepcionalmente, en casos xustificados, os prazos poderán ser prorrogados de oficio ou por instancia do interesado, por un período que non exceda a metade do inicialmente concedido.

11.2. Son obrigas dos beneficiarios, as establecidas no artigo 78.4º do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, as establecidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e en particular:

a) Aportar tóda a documentación xustificativa da realización do proxecto nos termos da resolución de concesión.

b) Se é o caso, mante-lo investimento subvencionado durante un período mínimo de cinco anos.

c) Cumpri-las demais condicións establecidas na resolución de concesión.

d) Facilita-las actividades de comprobación que o Igape considere oportuno realizar ó longo do desenvolvemento do proxecto ou en calquera fase do procedemento, que poderán ser exercidas directamente polo Igape ou polas empresas, persoas ou entidades que este designe e presentar nos prazos concedidos para o efecto toda a documentación ou información que lle sexa solicitada en calquera momento polo Igape. Estas actividades de comprobación poderán ser entre outras:

-Visitas ás instalacións nas que se realizou o proxecto.

-Acceso a toda a documentación relacionada co proxecto.

-Acceso ós rexistros internos da empresa, nos que se basean as xustificacións técnicas e administrativas.

e) Notificarlle ó Igape calquera acto administrativo recaído en calquera outro expediente de axudas destinado ó financiamento do mesmo proxecto.

11.3. O incumprimento das citadas obrigas poderá dar lugar á revogación da concesión e, se é o caso, ó reintegro do indebidamente percibido e os seus xuros de demora.

Base 12ª.-Incidencias e modificacións do proxecto.

12.1. Toda alteración das condicions tidas en conta para a concesión da axuda e, en tódolos casos a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, ou á súa revogación, no caso de considerarse que a modificación afecta a un aspecto substancial da concesión.

12.2. Os beneficiarios quedan obrigados a comunicarlle ó Igape calquera circunstancia ou eventualidade que poida afectar substancialmente á execución dos fins para os que foron concedidas as ditas axudas. En particular, deberá remitir unha declaración complementaria das axudas recibidas para o mesmo proxecto.

12.3. O presidente do Igape poderá acorda-la modificación da resolución por instancia do beneficiario, debendo cumprirse os seguintes requisitos:

a) Que a actividade, conducta ou modificación do proxecto estea comprendida dentro da finalidade das normas ou bases reguladoras.

b) Que a modificación non cause prexuízo a terceiros.

c) Que os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación de ter concorrido na concesión inicial, non supuxeran a denegación da subvención.

12.4. O acto polo que se acorde a modificación da resolución de concesión ou, se é o caso, a súa denegación, será dictado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente no que se dará audiencia ós interesados. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución, outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

12.5. Sen necesidade de instar procedemento de modificación, o Igape poderá aceptar variacións nos diversos capítulos do orzamento aprobado, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non exceda o 20% de cada capítulo e que, no seu conxunto, non varíe o importe total aprobado, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolve-la concesión.

Base 13ª.-Xustificación.

13.1. A xustificación ante o Igape da execución do proxecto e do cumprimento de tódalas condicións será realizada polo beneficiario como máximo dentro dos catro meses seguintes ó vencemento do prazo de vixencia establecido na resolución de concesión para a súa execución, mediante a presentación da documentación citada no anexo IV.

13.2. Cando na resolución individual de concesión se fixasen prazos parciais para que o beneficiario acredite a execución, como mínimo, dunha determinada porcentaxe do gasto subvencionado ou o cumprimento doutras condicións, o seu incumprimento significará o inicio dun expediente que poderá finalizar coa revogación da axuda.

13.3. No caso de que existan razóns xustificadas para o atraso no cumprimento de condicións, os prazos de execución que se establezan na resolución, poderán ser prorrogados de oficio ou por instancia do beneficiario mediante resolución expresa e motivada.

13.4. Para os efectos de que o Igape expida informe de execución do proxecto será necesario, se ó o caso, a certificación do beneficiario de ter obtido as autorizacións administrativas que correspondan. Este informe entenderase emitido con carácter provisional ata transcorrido un prazo de 5 anos a partir da finalización do prazo de vixencia. Prazo durante o que o Igape poderá realiza-las actuacións de comprobación que considere oportunas para verifica-la correcta aplicación das subvencions.

13.5. Excepcionalmente, cando a xustificación documental resulte insuficiente para acredita-lo importe e a realización de determinados gastos, o Igape poderá solicitar, ademais, que se achegue informe de auditoría independente.

Base 14ª.-Aboamento das subvencións.

14.1. O aboamento das subvencións realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización total do proxecto e o cumprimento das condicións, de acordo coa seguinte regulación:

14.2. Para o cobro da subvención o beneficiario deberá presentarlle ó Igape unha solicitude de cobro axustada ó modelo e coa documentación que se xunta como anexo V, acompañada, se é o caso, do xustificante de constitución da garantía correspondente.

14.3. Poderase solicitar o cobro:

a) Como liquidación única da subvención. Unha vez finalizado o prazo de vixencia e dentro do prazo máximo de catro meses, deberá acreditarse a execución da totalidade do proxecto de investimento e o cumprimento total de condicións establecidas na resolución individual.

Así mesmo, poderase efectuar un pagamento único da subvención, dentro do prazo de vixencia, aínda cando quede pendente de acreditar algunha condición, unha vez xustificada a execución da totalidade do proxecto subvencionado e o cumprimento daquelas condicións das que o prazo vencese con anterioridade á presentación da solicitude de cobro. Neste caso, o cobro da subvención estará condicionado á previa presentación das oportunas garantías esixidas polo Igape nos termos indicados no punto 14.3.b) E) desta base. Cando o beneficiario acredite que foron cumpridas tódalas condicións da resolución individual, autorizarase o levantamento do aval.

b) Mediante liquidacións parciais. Dentro do prazo de vixencia e a medida que se vaia xustificando a realización do gasto subvencionado e o cumprimento de condicións, poderán efectuarse pagamentos parciais a conta da liquidación sempre que concorran os requisitos e circunstancias seguintes:

A) Que o interesado o solicite.

B) Que se xustifiquen non só o gasto incorrido senón os pagamentos efectuados na mesma proporción que represente o pagamento parcial respecto á subvención concedida ata ese momento con cargo ó proxecto de investimento aprobado.

C) O importe que se pode satisfacer por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso a anualidade prevista para cada exercicio orzamentario de acordo co calendario anexo á resolución de concesión, nin excede-lo 80% do total da subvención concedida, nin solicitarse por un importe inferior a 30.050,61 euros (5.000.000 de pesetas).

D) Os pagamentos parciais quedarán condicionados ó resultado da liquidación definitiva da subvención.

E) Deberase presentar garantía constituída mediante aval solidario de entidade financeira ou outra garantía suficiente, depositada na Caixa Xeral de Depósitos, que cubra o importe do pagamento

parcial e dos seus xuros calculados ó tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento da súa concesión e polo prazo que medie entre a data de solicitude e como mínimo aquela en que se cumpran seis meses do fin do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión.

Base 15ª.-Incumprimento.

15.1. Non se poderá esixi-lo pagamento da subvención concedida e procederá a revogación da axuda se é o caso o reintegro total ou parcial da contía percibida e os xuros de demora devengados desde o seu pagamento, nos casos seguintes:

a) Incumprimento da obriga de xustificación

b) Obtención da subvención sen reuni-los requisitos esixidos para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a axuda.

d) Incumprimento das condicións impostas ós beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.

15.2. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos nos que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia coas subvencións ou axudas doutras administracións ou doutras entidades públicas, supere as porcentaxes máximas de axuda establecidas nestas bases.

15.3. O procedemento de incumprimento será iniciado de oficio polo órgano do Igape que dictou a resolución de concesión, ben por iniciativa propia, ou como consecuencia das actuacións de control da Intervención Xeral, por petición razoada doutros órganos que teñan atribuídas facultades de comprobación na materia ou por denuncia.

15.4. O procedemento iniciarase mediante a comunicación ó beneficiario das presuntas causas determinantes do incumprimento e as posibles consecuencias deste. Os interesados poderán, en calquera momento do procedemento anterior ó trámite de audiencia, aducir alegacións ou presentar documentos e outros elementos de xuízo.

15.5. Incumprimento parcial. Sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión, e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro do indebidamente percibido e os seus xuros de demora de acordo cos seguintes criterios:

a) No caso de condicións referentes á contía ou conceptos de gasto subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ó gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados subvencionables, debendo reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 50% dos gastos subvencionables do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, debendo reintegrarse tódalas cantidades percibidas e os seus xuros de demora. Excepcional

mente o Consello de Dirección do Igape poderá autorizar un incumprimento parcial cando as súas causas quedasen suficientemente xustificadas e non se desvirtuase a finalidade da subvención.

b) En caso de que o incumprimento se refira á obtención da subvención por unha contía da que o seu importe, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas exceda os topes máximos legalmente permitidos, procederá o reintegro do exceso obtido sobre os ditos topes máximos.

c) Se o incumprimento derivase da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos previstos nos puntos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

d) A concorrencia de distintas causas de incumprimento ou incidencias dará lugar á aplicación a cada unha delas das regras previstas nesta alínea.

e) Procederá declara-la revogación total da axuda cando o incumprimento se refira ós requisitos da base 3ª e o anexo VI segundo cada caso.

15.6. Instruído o procedemento, e inmediatamente antes de redacta-la proposta de resolución, poñerase de manifesto ós interesados, que disporán dun prazo de quince días para alegar e presenta-los documentos e xustificacións que coiden pertinentes. Poderase prescindir deste trámite cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

15.7. Presentadas as alegacións ou transcorrido o prazo de quince días sen contestación por parte do beneficiario, o Igape dictará a resolución que proceda, pronunciándose sobre o alcance do incumprimento e, se é o caso, a obriga de reintegro das cantidades percibidas.

15.8. Cando se acredite que o incumprimento non resulte de grande entidade, non desvirtúe a finalidade da axuda, non sexa imputable á empresa beneficiaria ou, quedando suficientemente xustificadas, non se ocasións prexuízos a terceiros, o Igape poderá optar por incoar procedemento de modificación do proxecto inicial.

15.9. O prazo máximo para resolve-los procedementos sobre incumprimento será de seis meses computados desde o acordo de iniciación. Se pasado o dito prazo non se dictase resolución, entenderase caducado o procedemento sen prexuízo de que se notifique a resolución declarando a caducidade e ordenando o arquivo das actuacións.

15.10. O reintegro voluntario polo interesado, en calquera momento anterior á proposta de resolución, producirá a terminación do procedemento, sen prexuízo de que se dicte resolución pola que se declare a dita circunstancia e da iniciación do procedemento sancionador cando os feitos que motivaron o procedemento de reintegro puideran ser constitutivos de infracción administrativa.

15.11. Será competencia dos órganos de recadación a xestión recadatoria en período voluntario e en período executivo nos expedientes de reintegro, en virtude do disposto pola Consellería de Economía

e Facenda. As contías que se reintegrarán terán a consideración de ingresos de dereito público, resultando de aplicación o previsto nos artigos 19 e 23 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Base 16ª.-Incompatibilidade.

16.1. As axudas previstas nestas bases para proxectos cun diagnóstico integral serán incompatibles con aquelas outras reguladas polo Igape.

16.2. Sen prexuízo dos límites específicos establecidos nestas bases, e con carácter xeral, estas axudas serán compatibles con calquera outra das establecidas por calquera Administración pública, institución ou ente público ou privado sempre e cando non se pasen, en termos de subvención bruta, o 50% dos gastos subvencionables, podéndose acadar ata o 75% respectando os límites de mínimis establecidos pola Comisión Europea. A subvención sobre gastos de investimento non poderán supera-lo 55% de subvención neta equivalente para as Pemes beneficiarias. Os proxectos acollidos ó Plan de Consolidación e Competitividade da Peme axustaranse ós límites establecidos no anexo VI.

Base 17ª.-Publicación de concesións.

Trimestralmente, serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas ó abeiro das presentes bases para aqueles proxectos que superen os 300.000 euros (49.915.800 pesetas) de gasto subvencionable, expresando beneficiario, finalidade, contía, emprego creado e aplicación orzamentaria.

Base 18ª.-Informes.

Para os efectos de configurar unha base de datos autonómica sobre axudas e subvencións públicas, segundo o establecido na disposición adicional terceira do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, o Igape remitirá á Consellería de Economía e Facenda a información sobre a xestión das axudas establecidas nestas bases.

Base 19ª.-Restriccións ó dereito de acceso a arquivos e rexistros.

En virtude do establecido no artigo 37 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en prol da necesaria protección do segredo comercial ou industrial dos solicitantes das axudas reguladas nestas bases, entenderase excluído o dereito de acceso a arquivos e rexistros administrativos respecto do diagnóstico empresarial que, se é o caso, forme parte do expediente, así como daqueles outros documentos que polo seu contido deban ter este mesmo tratamento.

Base 20ª.-Control e comprobación das axudas.

20.1. Sen prexuízo da comprobación material previa ó pagamento, da realidade dos gastos subvencionados que proceda, o Igape, anualmente, elaborará un Plan de Comprobación de Axudas e Subvencións, cos criterios que estableza o seu Consello de Dirección e que en todo caso deberá garanti-la obxectividade da mostra sinalada. Todo iso sen prexuízo das competencias doutros organismos e

entidades respecto a vixilancia e control de axudas e subvencións.

20.2. Así mesmo, as empresas beneficiarias sométense ás actuacións de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, ás previstas na lexislación do Consello de Contas e do Tribunal de Contas, así como ás que poida efectuar, se é o caso, a Comisión e o Tribunal de Contas das Comunidades Europeas, no suposto de cofinanciamento das axudas con fondos europeos. Neste sentido, os beneficiarios teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polos ditos organismos.

Base 21ª.-Interpretación.

21.1. En todo o non disposto polas presentes bases, será de aplicación o disposto para axudas e subvencións no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 172/2001, do 12 de xullo, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia.

21.2. Correspóndelle ó presidente do Igape a facultade de dicta-las disposicións necesarias para a aplicación das axudas previstas nestas bases, así como para resolve-las dúbidas concretas que se susciten en aplicación destas.

Base 22ª. Vixencia.

22.1. As presentes bases entrarán en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e terán vixencia indefinida ata que non se publique a súa derrogación expresa. Anualmente e unha vez aprobado o seu orzamento, o Igape publicará a reserva de crédito dispoñible con cargo a elas para cada exercicio orzamentario, limitándose a concesión das axudas ás dispoñibilidades orzamentarias.

22.2. No caso dos expedientes que non puideran ser resoltos favorablemente por falta de crédito, unha vez habilitado no exercicio seguinte, os solicitantes poderán reitera-la súa solicitude, computándose a data da primeira solicitude para os efectos de realización das actuacións subvencionables.

Base 23ª.-Silencio administrativo.

As solicitudes que non fosen resoltas nos prazos que para cada caso se establecen nas presentes bases poderán considerarse desestimadas.

Disposición transitoria

Durante o exercicio 2001, as axudas ós gastos de investimento reguladas nestas bases para proxectos cun diagnóstico integral serán incompatibles coas reguladas nos convenios de financiamento subscritos polo Igape e as entidades financeiras para a subsidiación dos tipos de xuro de préstamos ou contratos de arrendamento financeiro.

ANEXO VI

Plan de consolidación e competitividade da Peme na Comunidade Autónoma de Galicia

O Plan que se recolle no Real decreto 582/2001, do 1 de xuño, publicado no BOE do día 2 de xuño, recolle medidas de apoio e actuacións de fomento destinadas ás pequenas e medianas empresas españolas no marco dunha política orientada a consolida-lo tecido empresarial, aumenta-la competitividade da empresa, mellora-lo ambiente e, como consecuencia, propicia-la creación de emprego e de riqueza.

Poderán ser obxecto de axuda mediante a concesión de subvencións a fondo perdido os proxectos e actuacións que se axusten ás seguintes medidas:

1. Sociedade da información.

2. Innovación de procesos: xestión e organización na Peme.

3. Innovación en técnicas empresariais:

-Deseño.

-Redes interempresariais de cooperación.

-Sistemas de calidade.

Primeiro.-Requisitos dos beneficiarios.

Poderán ser beneficiarios dos apoios recollidos no presente anexo:

1. As pequenas e medianas empresas, que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ter radicado o centro da súa actividade ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Realizar algunha actividade económica non pertencente ós sectores de actividade excluidos segundo o disposto no punto sexto deste anexo.

2. Os organismos intermedios que presten servicios de carácter empresarial en beneficio das Pemes galegas. Para efectos deste anexo, entenderanse por organismos intermedios:

a) Aquelas entidades de carácter público, semipúblico ou privado, con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro no desenvolvemento das súas actividades.

b) As entidades con participación maioritaria de capital público que presten servicios de carácter empresarial ás Pemes galegas, cando promovan proxectos subvencionables segundo o seguinte punto e non persigan nos ditos proxectos a obtención de beneficios.

Polo seu carácter non específico de prestación de servicios directamente ás Pemes ou a súa condición institucional, exclúense como beneficiarios das subvencións ás entidades locais, comunidades de veciños, mutuas, asociacións de pais de alumnos, fundacións e asociacións culturais e outras entidades de fins sociais, asociacións relixiosas, sindicais, organizacións de consumidores, caixas de aforro, bancos e outras entidades financeiras (excepto sociedades de garantía recíproca), institucións feirais e outras similares.

Os beneficiarios de proxectos relevantes ou significativos, aprobados co cofinanciamento dos fondos do Plan de Consolidación e Competitividade da

Peme, cando así o indique a súa resolución, deberán facer constar en toda manifestación pública ou expresión externa a existencia do dito cofinanciamento, por alomenos unha das seguintes vías:

1. Facendo constar explicitamente o cofinanciamento do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme 2000-2006.

2. Incluíndo con idéntica relevancia nas comunicacións, textos, carteis, etc. os logotipos do Igape, da Dirección Xeral de Política da Peme e do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder).

Segundo.-Proxectos subvencionables.

1. Proxectos propostos por organismos intermedios definidos no punto primeiro.

Poderán ser subvencionados os proxectos propostos polos beneficiarios que propoñan a aplicación de bens ou servicios nun conxunto, determinado ou determinable de Pemes, (non pertencentes ós sectores de actividade excluídos no punto sexto deste anexo). Os proxectos poderán incluír unha parte de actuacións de carácter xenérico que non deberá supera-lo 50% do gasto subvencionable previsto, salvo en proxectos que pola súa especial tipoloxía non aconsellen esta limitación.

As resolucións de concesión das axudas deberán establece-las desviacións admisibles na execución dos proxectos e as súas consecuencias.

Tipoloxías de proxecto:

1.1. Sociedade da información.

-Proxectos de información e asesoramento empresarial ás Pemes que, baseados en redes telemáticas faciliten a unha serie determinada ou determinable de empresas, con carácter horizontal ou sectorial, servicios de información (técnica, legal, normativa, etc.) ou asesoramento (calidade, loxística, producción, xestión ambiental, etc.).

-Proxectos de adaptación e implantación de ferramentas de control e modelización nas Pemes, baseadas en novas tecnoloxías da información e as comunicacións, para a mellora dos seus procesos: producción, comercialización, información ou xestión.

-Proxectos que baseados en redes telemáticas faciliten o desenvolvemento de portais para conxuntos de empresas, de carácter sectorial ou horizontal, con contidos como:

-Comercio electrónico.

-Tendas virtuais, catalogos virtuais, etc.

-Creación, enlaces e albergue de páxinas web.

-Sistemas de teletraballo ou teleasistencia en ámbitos de xestión empresarial.

1.2. Innovación de procesos: xestión e organización en Pemes.

-Proxectos destinados a un colectivo determinado ou determinable de Pemes, sectorial ou horizontal, que poidan facilitarlles ás participantes do mesmo traballo unha diagnose da súa situación comparada, por exemplo mediante análise benchmarking.

-Proxectos destinados a asesorar e facilita-la implantación nun conxunto de Pemes de procesos e mecanismos para a mellora da xestión e organización podendo incluí-la aplicación de novas tecnoloxías. (Sistemas innovadores de xestión, implan

tación de sistemas de contabilidade analítica, sistemas informáticos de xestión integral, ...).

1.3. Innovación en técnicas empresariais.

1.3.1. Subprograma de deseño:

-Deseño de producto para aplicalo a un conxunto determinado ou determinable de Pemes: deseño das características funcionais, estéticas e/ou ergonómicas de novos productos ou redeseño destas en productos existentes. (Exclúese o deseño de productos de ciclo curto -inferior a 1 ano- salvo cando supoñan unha nova líña de actividade nas Pemes).

-Deseño de envases, embalaxes, soportes e etiquetas destinados a mellora-la presentación de productos ou servicios para un conxunto determinado ou determinable de Pemes, tanto desde o punto de vista técnico (formas, materiais, características estructurais) como desde o punto de vista gráfico (lendas, cores, grafismos), ou realizados por Pemes fabricantes destes para uso de terceiros.

-Deseño gráfico para a aplicación a un conxunto determinado ou determinable de Pemes:

-Deseño ou redeseño de identidade corporativa e elementos constitutivos.

-Deseño de elementos de comunicación: folletos, catálogos, dípticos, CDs, anuncios, páxinas web e/ou videopresentacións.

-Análise de situación, auditorías de deseño e implantación de sistemas de xestión do deseño máis eficaces propostos para un conxunto de empresas por organismos intermedios.

1.3.2. Subprograma de redes interempresariais de cooperación:

-Proxectos e actuacions destinadas á sinatura de acordos de cooperación entre empresas xuridicamente independentes cun obxectivo identificado que, aproveitando sinerxías, reciprocidades ou complementariedade, lles permita ás Pemes galegas mellora-la súa competitividade. Os proxectos poderán incluír análise de viabilidade do acordo, estudio de alternativas xurídicas para a súa formalización, e legalización deste.

-Proxectos de identificación de problemáticas, necesidades e determinación das posibles solucións a través da cooperación, para colectivos de Pemes interrelacionados, propostos por organismos intermedios.

-Análise de viabilidade e definición das actuacións conxuntas máis vantaxosas para un colectivo de Pemes, propostos por organismos intermedios. (Poden ir desde a simple fusión de catálogos ata a fusión de empresas).

1.3.3. Subprograma de sistemas de calidade:

-Proxectos para a implantación nun colectivo determinado ou determinable de Pemes pertencentes ós sectores da construcción, comercio ou servicios e no propio organismo intermedio, sí así o propuxera, de normativas de aseguramento da calidade (ISO 9000) e/ou ambiente (ISO 14000) que permitan obte-la certificación dunha entidade certificadora acreditada por ENAC. Os proxectos consideraranse realizados cando as Pemes acrediten que iniciaron o proceso de certificación.

-Elaboración de procesos de normalización (calidade ou ambiente) nun colectivo de Peme de sec

tores non industriais, propostos por organismos intermedios; estes proxectos poden recoller estudios comparativos de nivel alcanzado (normativa e grao de aplicación) con outras rexións ou países.

2. Proxectos propostos por Pemes individuais.

As Pemes individuais poderán presentar proxectos individuais no programa de innovación en técnicas empresariais:

2.1. Deseño: as Pemes poderán presentar individualmente proxectos de deseño das tipoloxías seguintes:

-Deseño de producto: deseño das características funcionais, estéticas e/ou ergonómicas de novos productos ou redeseño destas en productos existentes. (Exclúese o deseño de productos de ciclo curto -inferior a 1 ano- salvo cando supoñan unha nova liña de actividade na Peme).

-Deseño de envases, embalaxes, soportes e etiquetas destinados a mellora-la presentación de productos ou servicios da Peme, tanto desde o punto de vista técnico (formas, materiais, características estructurais) como desde o punto de vista gráfico (lendas, cores, grafismos), ou realizados por Pemes fabricantes destes para uso de terceiros.

-Deseño gráfico:

Deseño ou redeseño de identidade corporativa e elementos constitutivos.

Deseño de elementos de comunicación: folletos, catálogos, dípticos, CDs, anuncios, páxinas web e/ou videopresentacións.

2.2. Redes interempresariais de cooperación: as Pemes poderán presentar individualmente proxectos de cooperación destinados á sinatura de acordos de cooperación entre empresas xuridicamente independentes cun obxectivo identificado que, aproveitando sinerxías, reciprocidades ou complementariedades permita ás Pemes galegas mellora-la competitividade. Os proxectos poderán incluír análise de viabilidade do acordo, estudio de alternativas xurídicas para a súa formalización e legalización deste.

2.3. Sistemas de calidade: as Pemes dos sectores comercio, construcción e servicios, poderán presentar individualmente proxectos de sistemas de calidade destinados á implantación nunha Peme de sistemas de aseguramento da calidade (ISO 9000) ou ambiente (ISO 14000) que permitan obte-la certificación dunha entidade certificadora acreditada por ENAC. Os proxectos consideraranse realizados cando se acredite o inicio do proceso de certificación.

Terceiro.-Gastos subvencionables e contía da subvención en proxectos propostos por organismos intermedios.

1. Gastos elixibles do proxecto incorridos polo organismo intermedio:

1.1. Colaboracións externas (consultoría, asesoría, desenvolvemento e implantación de aplicacións ou outros servicios directamente relacionados co proxecto) destinadas á parte xenérica do proxecto, estudio de necesidades comúns, solucións, etc. Subvención de ata o 100% do custo de servicios externos (sen IVE e non pertencentes ó organismo intermedio

nin a ningunha das empresas destinatarias finais do proxecto).

1.2. Investimentos materiais necesarios para a implantación da rede telemática (hardware/software): ata o 100% do custo de adquisición (sen IVE). Salvo en proxectos de carácter suprarrexional, o investimento máximo subvencionable será de 50.000 A.

1.3. Viaxes interurbanas en medio de transporte público (avión clase turista, tren ou autobús) e aloxamento do persoal do organismo intermedio beneficiario da axuda. Subvención de ata o 100% del gasto (sen IVE). Os gastos de viaxe subvencionables deben ser propostos en detalle na memoria do proxecto, indicando o obxecto de cada unha das viaxes formuladas en relación co proxecto proposto. O custo máximo de aloxamento subvencionable en función da categoría laboral, vén reflectido na táboa 1.

1.4. Persoal técnico do organismo intermedio adscrito o proxecto. Aplicaráselle a porcentaxe do salario bruto correspondente ó período de execución do proxecto segundo a dedicación horaria prevista, ata os límites máximos especificados na táboa 1, segundo a categoría dos técnicos asignados. Sobre a dedicación resultante, a subvención aplicable será de ata o 100%. O Igape reserva para si a facultade de axusta-la dedicación proposta cando a considere inxustificada respecto das necesidades do proxecto.

1.5. Gastos indirectos previstos e propostos na solicitude de axudas polo solicitante para o proxecto, ata un máximo do 50% do gasto de persoal interno que resulte aprobado no proxecto. A subvención poderá chegar ata o 100% dos gastos.

1.6. IVE ou equivalente dos custos e gastos anteriormente relacionados soportado polo organismo intermedio cando lle supoña un custo real. Cando acredite a exención total do imposto, será subvencionable a totalidade do imposto aplicado ós conceptos subvencionados. No caso de beneficiarios suxeitos á regra de pro rata, o custo efectivamente soportado calcularase de acordo coa pro rata definitiva do último exercicio cerrado antes da concesión da axuda, sendo responsabilidade do organismo incluí-lo resultado final na liquidación das súas obrigas fiscais.

2. Gastos específicos do proxecto soportados polas Pemes participantes:

Cando as Pemes ou patrocinadores participen no financiamento do proxecto, a resolución de concesión poderá establecer que os documentos acreditativos de gasto achegados por eles sexan admitidos como xustificación de gasto do proxecto segundo o previsto no artigo 7, punto 2º do Real decreto 582/2001, do 1 de xuño.

2.1. Investimentos en equipos necesarios para a participación nos beneficios do proxecto (hardware/software), só en proxectos de sociedade da información e de deseño: ata o 55% do custo de adquisición (sen IVE). Investimento máximo subvencionable por Peme: 10.000 A.

2.2. Colaboracións externas e servicios asociados os custos dos cales sexan soportados directamente

pola Peme. Subvención: ata o 50%. Para subvencións inferiores a 13.000 A, sometida a réxime de mínimis a subvención poderá supera-lo 50% do gasto subvencionable.

Cuarto.-Gastos subvencionables e contía da subvención en proxectos propostos por Pemes individuais.

1. Deseño.

a) Adquisición de hardware/software específico de deseño e activos inmateriais para as Pemes (licencias ou patentes): subvención de ata o 55% do custo de adquisición (sen IVE). Investimento máximo subvencionable por Peme: 10.000 A.

b) Colaboracions externas en materia de deseño e servicios asociados: subvención de ata o 50% dos custos dos servicios (sen IVE). Para subvencións de ata 13.000 A, sometida a réxime de mínimis, a subvención poderá supera-lo 50% do gasto subvencionable.

2. Redes interempresariais de cooperación.

Consultoría externa (técnica, económica e xurídica), gastos notariais e rexistrais necesarios para a formalización de acordos, na parte proporcional correspondente ás Pemes beneficiarias respecto do total de participantes no acordo de cooperación: subvención de ata o 50% dos custos dos servicios (sen IVE). Para subvencións de ata 13.000 A, sometidas a réxime de mínimis, a subvención poderá supera-lo 50% do gasto subvencionable.

3. Sistemas de calidade.

a) Colaboracións externas e servicios asociados: subvención de ata o 50% do custo dos servicios (sen IVE).

b) Custo de certificación do sistema, facturados por entidade acreditada por ENAC. Subvención de ata o 50% do custo (sen IVE).

c) Para subvencións de ata 13.000 A, sometida a réxime de mínimis, a subvención poderá superar o 50% do gasto subvencionable.

Quinto.-Criterios preferentes.

1. Será condición necesaria para avalia-lo proxecto:

a) Que sexa tecnicamente factible (que utilice tecnoloxías suficientemente probadas).

b) Que se axuste á tipoloxía de proxectos subvencionables e presente unha mínima definición.

c) Que a capacidade da entidade solicitante sexa suficiente para garanti-la completa execución do proxecto.

2. As solicitudes que cumpran as anteriores condicións serán avaliadas baixo os seguintes criterios:

2.1. Para proxectos de Pemes con propostas individuais:

a) O grao de maduración e definición do proxecto.

b) Que o proxecto sexa completo, é dicir que aínda que ampliable e mellorable no futuro, sexa totalmente suficiente para a súa aplicación.

c) Recursos humanos e técnicos utilizados, e experiencia dos promotores.

d) Experiencia e capacidade dos colaboradores externos se os houber.

e) A previsión de incremento de emprego derivado do proxecto.

f) O grao de innovación que supoña para a Peme.

g) O sector de actividade. Serán complexos de actividade preferentes:

-Rochas ornamentais.

-Téxtil/confección.

-Industria auxiliar de automoción.

-Telecomunicacións-audiovisual.

-Turismo.

-Madeira e moble.

-Ambiente.

2.2. Para proxectos propostos por organismos intermedios:

a) O interese do proxecto e o grao de maduración e definición.

b) Os antecedentes e experiencia do organismo intermedio.

c) O sector de actividade mantendo como preferentes os complexos de actividade recollidos na alínea g) do punto anterior.

d) Proxecto multisectorial.

e) O número de empresas participantes no proxecto.

Dentro das medidas establecidas, darase especial cobertura ós proxectos dirixidos a colectivos de autónomos, artesáns e mulleres empresariais.

Sexto.-Sectores excluídos.

1. As axudas do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme aplicaránse ás Pemes dos sectores de industria, comercio, construcción e servicios, así como ós organismos intermedios que actúen a favor delas, sen prexuízo dos regulamentos ou directivas comunitarias especiais establecidas no marco do Tratado constitutivo da Comunidade Europea polos que se rexe a concesión de axudas estatais en sectores específicos, tales como siderurxia, construcción naval, fibras sintéticas, vehículos de motor e transporte.

2. As axudas descritas no presente anexo non serán de aplicación ós sectores de producción, primeira transformación ou comercialización por xunto de produccións agrícolas, gandeiras, pesqueiras ou forestais.

Co cofinanciamento do Plan de Consolidación e Competitividade da Peme, non poderán concederse axudas as Pemes pertencentes ós sectores relacionados.

3. Tampouco serán aplicables ás axudas destinadas a actividades relacionadas coa exportación, entendéndose como tales as vinculadas directamente ás cantidades exportadas, ó establecemento ou explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes relacionados coa actividade exportadora.