Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2001, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica da ampliación do parque eólico de Malpica. (Expediente 70/94-Ampliación).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa parque eólico de Malpica S.A. con ende

rezo para efectos de notificacións en r/ Betanzos, 1-1º esqu. 15004 A Coruña, sobre autorización das instalacións da ampliación parque eólico de Malpica; resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-O de 20 decembro de 2000, Jaime Salorio Ozores, en nome e representación da empresa parque eólico de Malpica, S.A., solicitou a autorización administrativa, e aprobación do proxecto de execución, da ampliación do parque eólico de Malpica, ampliando a potencia instalada en 1,5 MW sendo a potencia total instalada de 16,575 MW, achegando a documentación establecida para ó efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas e de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica

por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, o Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 21 de decembro de 2000, publicada non DOG do 31-1-2001, no BOP da Coruña do 23-1-2001 e no taboleiro de anuncios do concello de Malpica de Bergantiños.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións.

Terceiro.-O 4 de abril de 2001, a delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeMunicipioVértices

XY

MalpicaMalpica

de Bergantiños

1507.5364.796.507

2509.4804.796.534

3510.4604.795.076

4509.2234.793.522

5508.8004.794.324

6507.4884.795.310

7507.3074.795.970

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 2.

Potencia unitaria por aeroxerador: 750 kW.

Xeradores: ECOTENIA 48/750.

Potencia total instalada: 1,5 MW.

Producción anual estimada: 3.837 MWh/ano.

Investimento previsto: 199.843.242 pesetas.

características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

-2 centros de transformación de 850 kVA de potencia unitaria e relación de transporte de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Modificación da rede eléctrica subterránea a 20 kV para interconexión cos novos aeroxeradores.

Cuarto.-O 21 de maio de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, o Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para ó efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Decreto 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas e no Decreto 205/1995. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizarlle á sociedade do parque eólico Malpica a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico de Malpica, para unha ampliación de potencia de 1,5 MW, sendo a potencia total instalada de 16,575 MW, que se instalará no concello de Malpica de Bergantiños.

-Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

-Recoñecer a esa instalación, para a ampliación de potencia, a condición de instalación acollida ó

réxime especial do R.D. 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Parque eólico de Malpica S.A., para ós efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contadas desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 3.396.864 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A devandita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 199.843.242 pesetas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por parque eólico de Malpica S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribi-la no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio de 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xuño), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, se é o caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración impacto ambiental do 21 de maio de 2001, así como aquelas que no seu día

se emitan conforme o disposto no artigo 7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración resérva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio non prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2001.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria