Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación As Cobas I, no Concello do Porriño (provincia de Pontevedra), por parte de Graniatlantic, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra, fai saber que Graniatlantic, S.L., con domicilio nas Covas, Moreira, Ponteareas, presentou nesta delegación provincial, o día 6 de febreiro de 2001, instancia-solicitude de permiso de investigación As Cobas I de 3 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal do Porriño, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2942, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 41' 00''42º 07' 00''

Vértice 28º 40' 20''42º 07' 00''

Vértice 38º 40' 20''42º 06' 40''

Vértice 48º 40' 40''42º 06' 40''

Vértice 58º 40' 40''42º 06' 20''

Vértice 68º 41' 00''42º 06' 20''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá ningunha oposición.

Pontevedra, 8 de xuño de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra