Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Venres, 20 de xullo de 2001 Páx. 9.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/34-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense

Denominación: L.M.T. saída subestación San Miguel.

Situación: Manzaneda.

Características técnicas: liña aérea a 20 kV saídas subestación San Miguel, de 27 m e conductor tipo LA-110, derivada desde o pórtico existente para saída nas liñas de MT e remata no apoio nº 1 da L.M.T. O Vao-O Bolo. Liña subterránea a 20 kV conexión Iberdrola-Centro de Distribución San Miguel, de 30 m en conductor R.H.Z. 12/20, derivada desde a cela da subestación San Miguel e remata no centro de distribución proxectado San Miguel. Liña subterránea a 20 kV de 245 m, en conductor R.H.Z. 12/20 kV, derivada desde o centro de distribución proxectado San Miguel ata o pórtico para saídas de media tensión aéreas.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria

e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

Ourense, 7 de xuño de 2001.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense